Grupo 1
Seguindo coa estrea da semana pasada da Primeira infantil, uniuse este domingo ao curso 22/23 a Primeira cadete con dous grupos en Lugo.
No 1, formado por 11 equipos despois da baixa do Foz, houbo tres goleadas na primeira xornada. O Castro púxose a cabeza despois de pasar por riba ao Polvorín B cun 11-0, con hat trick de Raúl, que se pon no primeiro posto da táboa dos goleadores. O Ribadeo estivo cerca, asinou un 7-0 no Pepe Barrera contra o A Piringalla B. O terceiro posto da lista está ocupado agora polo Vilalbés, que venceu ao Río Ouro. Aínda que os mariñaos conseguiron achegarse co 2-1 de Aarón, os chairegos tomaron o mando ata o 6-1 final.
Seguindo polo Guitiriz, foi superior ao Viveiro no Marcos Gómez. Abriron o marcador na primeira metade e puxéronse 0-3 na segunda. Manuel conseguiu achegar aos celestes (1-3), pero foi tarde. Máis tímida foi a vitoria do Residencia, que gañou pola mínima a un Pontenova escaso de efectivos, grazas a un tanto de Mateo no minuto 37.
Esta semana tocoulle descansar ao Milagrosa B, que se enfrontará ao Viveiro B na segunda xornada.
VILALBÉS 6 - 1 RÍO OURO
AD Río Ouro: Ángel, Ilena, Nerea, Aarón, Anxo, Álvaro, Ezequiel, Adrián, Daniel F, Xabi e Daniel N. Tamén xogaron Álvaro, Iván, Laura, Asier e Hugo.
Goles: Fabián (2), Paulo, Eduardo, David e Adrián para o Vilalbés. Aarón para o Río Ouro.
Árbitro: Xoel Gacio Carreira
RESIDENCIA B 1 - 0 PONTENOVA
Spórting Pontenova: Paulo, Kevin, Ismael, Yeray, Carlos, Rubén, Izán, Alejandra, Paulo, David e Mara.
Goles: 1-0 (37'): Mateo.
Árbitro: Javier López López.
CASTRO 11 - 0 POLVORÍN B
EF Polvorín: Ángel, Oihan, Javier, Iker, Xoan, Mateo, Hugo, Miguel, Joan, Fabián e David. Tamén xogaron Sergio V, Sergio G, Adrián, Andrés e Aymane.
Goles: Iván, Xabier C, Xabier N (2), Raúl (3), Iker, Álvaro, Juan D e Diego de penalti para o Castro
Árbitro: Carlos Casas Herrero.
RIBADEO 7 - 0 A PIRINGALLA B
ADC A Piringalla B: Rafael, Edgar, Guillermo, Daniel, Samuel, Xabier, Antón, Santiago, Joel, Iago e Edgar O. Tamén xogaron Anxo, Kamal, Xairo, Luca e Samuel B.
Goles: Daniel, Arturo (2), Álvaro (2), Hugo M e Daniel en propia para o Ribadeo.
Árbitro: Antonio Javier Lanzos Rey.
VIVEIRO B 1 - 3 GUITIRIZ
Guitiriz SD: David, Xoel, Daniel, Óscar, Sergio, Brais, Aitor, Anxo, Juan, Rubén e Nicolás. Tamén xogaron Hugo, Asier e Estevo.
Goles: 0-1 (33'): Sergio. 0-2 (54'): Xoel. 0-3 (69'): Hugo. 1-3 (79'): Manuel.
Árbitro: José Vale Ferreira.
PRIMEIRA GALICIA - LUGO GRUPO 1 |
---|
Rácing Vilalbés | 6-1 | Río Ouro |
Residencia B | 1-0 | Pontenova |
Castro | 11-0 | Polvorín B |
Ribadeo | 7-0 | A Piringalla B |
Viveiro B | 1-3 | Guitiriz |
D | Milagrosa B |
Pontenova | - | Vilalbés |
Polvorín B | - | Residencia B |
A Piringalla B | - | Castro |
Guitiriz | - | Ribadeo |
Milagrosa B | - | Viveiro B |
D | Río Ouro |
Grupo 2
No outro grupo non houbo tanta diferencia na maioría dos marcadores como no anterior, pero o A Piringalla e o Antas impuxéronse na táboa coas súas vitorias por catro goles de diferenza.
Os primeiros venceron ao Becerreá cun 5-1 no Rodríguez Lago. Aínda que os visitantes engancháronse ao partido co 2-1 na segunda parte, os locais pronto reaccionaron co terceiro e fixeron dous máis na recta final do partido. O Antas comezou impoñéndose ao Sagrado Corazón na primeira metade cun gol de Efrén. Tralo descanso, dous de Gael e un de Unai sentenciaron o duelo. O Residencia tamén conseguiu impoñerse con seguridade fronte á Sarriana, que recibiu dous goles na primeira metade e un terceiro na segunda.
Triunfos máis axustados foron os do Corgo e o Casás a domicilio. O conxunto banco e negro conseguiu dobregar ao Polvorín despois de pasar dúas veces polo empate no marcador (3-4). No caso do Casás, venceron por 1-2 ao Ferroviaria con goles de Hugo e Tulio. Os locais achegáronse nos últimos minutos pero non chegaron a empatar.
Ao Palas tocaralle comezar a tempada a vindeira semana enfrontándose a un dos máis goleadores deste inicio, o Antas.
FERROVIARIA 1 - 2 CASÁS
CP Casás: Álvaro, Sergio, Pablo f, Yelko, Xoel, David, Francisco, Hugo, Pablo A, Tulio e Marco. Tamén xogaron Daniel, Rafael, Natalia e Pablo G.
Goles: 0-1 (33'): Hugo. 0-2 (66'): Tulio. 1-2 (80'): Juan Diego.
Árbitro: Juan Luis Fernández Pita.
A PIRINGALLA 5 - 1 BECERREÁ
SD Becerreá: Álex F, Álex L, Ionut, Saúl, David, Pelayo, Gabriel, Mito, Mario, Borja e Enrique. Tamén xogaron Mario, Mateo e Alejandro.
Goles: 1-0 (14'): Iago. 2-0 (29'): Hugo de penalti. 2-1 (50'): Mito. 3-1 (54'): Manoel. 4-1 (72'): Hugo. 5-1 (73'): Rubén.
Árbitro: Luís Guillermo Salazar Lobo.
POLVORÍN 3 - 4 CORGO
CD Corgo: Fabián, Samuel, Adrián, Sergio, Joel, Ethan, Juan, José, Magín, Carlos e Xoel. Tamén xogaron Omar, Pablo e Álex.
Goles: 0-1 (5'): Sergio. 1-1 (16'): PabloV. 1-2 (24'): Samuel. 2-2 (26'): Pablo P. 2-3 (27'): Ethan. 2-4 (69'): José. 3-4 (70'): Pablo P.
Árbitro: Fernando Fernández López.
SARRIANA 0 - 3 RESIDENCIA
SD Residencia: Xurxo, Adrián, Rubén, Samuel, Roberto, David, Rodrigo, Alejandro N, Javier, Alejandro P e Lucas. Tamén xogaron Jorge, Pablo, Iván, Gabriel e Jonas.
Goles: 0-1 (22'): Alejandro N. 0-2 (39'): Alejandro P. 0-3 (62'): Rodrigo.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.
ANTAS 4 - 0 SAGRADO CORAZÓN
ADC Sagrado Corazón: Ángel, Rubén, Ulises, Hugo, Pabl, Mario, Zakaria, Daniel, Unai, Anthony e Pedro. Tamén xogaron Nicolás, Eduardo e Nizar.
Goles: 1-0 (19'): Efrén. 2-0 (50'): Gael. 3-0 (55'): Unai. 4-0 (77'): Gael.
Árbitro: Borja Bran López.
PRIMEIRA GALICIA - LUGO GRUPO 2 |
---|
Ferroviaria | 1-2 | Casás |
A Piringalla | 5-1 | Becerreá |
Polvorín | 3-4 | Corgo |
Sarriana | 0-3 | Residencia |
Antas | 4-0 | Sagrado Corazón |
D | Palas |
Becerreá | - | Ferroviaria |
Corgo | - | A Piringalla |
Residencia | - | Polvorín |
Sagrado Corazón | - | Sarriana |
Palas | - | Antas |
D | Casás |