Tanto o Chantada como o Monforte rematan en táboas os seus duelos da fin de semana

O equipo chantadino rematou 2-2 co Pabellón Ourense C e o monfortino 3-3 co Arenteiro B

GRUPO A1

Malia xogar co último da táboa, o Pabellón Ourense C, o Chantada rematou en táboas e segue ocupando a sétima praza do grupo que pelexa polo título.

Foi o rival o que puxo o marcador de cara no primeiro minuto e, como no resto da primeira parte non houbo máis cambios no electrónico, o local comezou a segunda parte con vantaxe sobre os chantadinos, que, porén, non os desanimou xa que lle deron a volta ao marcador con dous goles, un no 68' e o outro no 78'. 

Cando parecía que ía ser o visitante o que se ía levar a vitoria, o Pabellón C meteu o tanto do empate, polo que cada un rematou cun punto no peto.

Consulta a clasificación aquí

PABELLÓN OURENSE C 2 - 2 CHANTADA

Pabellón Ourense CF B: Hugo A, Anxo, Samuel, Enrique, Brais, Yago, André, Breogán, Carlos, Iker e Enzo. Tamén xogaron Marcos, Mateo, Hugo G, Martiño e Izan.
SD Chantada: Lucas, Martín, Pablo, Miguel, Leonardo, David, Abel, Mateo, Yago e Gael. Tamén xogaron Mario, Piero e Víctor,
Árbitro: Pablo Cid Menor.

Resultados xornada 8

Blanco Amor 0 1 Cented Academy
Pabellón Ourense C 2 2 Chantada
Celanova 0 1 UD Ourense B
Barbadás 2 3 Xinzo

Próxima xornada

Xinzo - - Blanco Amor
Cented Academy - - Pabellón Ourense C
Chantada - - Celanova
UD Ourense B - - Barbadás

GRUPO B1

Outro remate en táboas co último do grupo foi o duelo entre o Monforte, que segue ocupando o quinto posto, e o Arenteiro B. A acción do partido concentrouse toda na primeira parte, xa que os monfortinos abriron o marcador nada máis comezar e, ao poucos minutos xa sumaban outro tanto. Porén, o seu rival, respondeu con outro no 15' e no 33', indo a vestiarios cun 2-2 no marcador. Á volta, seguiuse o mesmo guión, cun gol do local e outro do visitante no asubío final. 

Consulta a clasificación aquí

MONFORTE 3 - 3 ARENTEIRO B

CF Monforte: Asier, Carlos, Jesús, Aarón, Juan, Yatlem, Xoán, Erik, Enmanuel, Bodgan e Alexandre. Tamén xogaron Brais e Rubén.
CD Arenteiro B: Samuel, Dimitrias, Alexandre de C, Sergio, Izan, Alexandre B, Iker, Marcos, Paulo, Daniel e Madox. Tamén xogaron Alejandro A, Cristian, Gerardo, Alejandro de C e Arón
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

Resultados xornada 8

Maceda 1 4 Ourense CF B
Monforte 3 3 Arenteiro B
Verín 0 1 Rúa
  D Bosco

Próxima xornada 

Ourense CF B - - Monforte
Arenteiro B - - Verín
Rúa - - Bosco
  D Maceda

GRUPO B3

O partido do Calasancio B coa Purísima B aprazouse e xogarán a fin de semana que vén na casa.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 6

Blanco Amor B 2 0 Ribadavia
Calasancio B A A Purísima B
A Peroxa 3 1 Arenteiro C

Próxima xornada

Arenteiro C - - Blanco Amor B
Ribadavia - - Calasancio B
A Purísima B - - A Peroxa