O Chantada sofre un duro revés nas súas aspiracións ao perder contra o Celanova

Sesión de derrotas para os equipos da provincia, que encaixan senllas goleadas nas súas respectivas xornadas na consolación

GRUPO A1

Logo dunha primeira xornada triunfal, o Chantada non puido acadar esta os tres puntos ao ser derrotado polo Celanova cun 3-0.

O local abriu o marcador no minuto 15 e no 18' xa estaba sumando outro gol máis. Logo da pausa, pasado o ecuador, foi un terceiro tanto o que os sentenciaba como vencedores. 

Consulta a clasificación aquí

CELANOVA 3 - 0 CHANTADA

EDC Celanova: Gonzalo, Anthony, Gael, Hugo, Álex, Ricardo, Raúl, Ángel, Adrián, Samuel e Marcos. Tamén xogaron Óscar e Emilio.
SD Chantada: Lucas, Víctor, Adrián, Andrés, David C, Mateo, Abel, Martín, Gael, Hugo e Pablo. Tamén xogaron Marcos, Yago, Piero, Miguel e David F.
Árbitro: Sabela Rúa Novoa.

 

Resultados xornada 2

Blanco Amor 1 1 Xinzo
Pabellón Ourense C 0 2 Cented Academy
Celanova 3 0 Chantada
Barbadás 3 0 UD Ourense B

Próxima xornada

Blanco Amor - - Pabellón Ourense C
Cented Academy - - Celanova
Chantada - - Barbadás
Xinzo - - UD Ourense B

GRUPO B1

O Monforte comezou a segunda xornada con mal pé trala derrota de 2-6 contra o Ourense CF.

Os monfortinos enfrontáronse a un rival forte, que foi moi superior na primeira metade cos catro goles que subiron ao marcador. Preto do descanso intentaron cambiar as tornas con dous goles seguidos, porén o duelo xa estaba visto para sentenza e o visitante quixo completar a súa vitoria con dous tantos máis, acadando o resultado de 2-6. 

MONFORTE 2 - 6 OURENSE CF

CF Monforte: Asier, Yatlem, Carlos, Jesús, Aarón, Dumitru, Juan, Rubén, Xoan, Enmanuel e Bilal. Tamén xogaron Uxío, Erik L, Brais, Erik F e Rayan.
Ourense CF: Brais, César, Sergio, Gabriel, Jacobo, Adrián, Bruno, Samuel, Mario, Teo e Hugo. Tamén xogaron Tomás e Ricardo.
Árbitro: Anás Harabazán Harabazán.

Resultados xornada 2

Monforte 2 6 Ourense CF B
Verín 5 2 Arenteiro B
Bosco 1 0 Rúa
  D Maceda
Próxima xornada
Maceda - - Monforte
Ourense CF - - Verín
Arenteiro B - - Bosco
  D Rúa

GRUPO B3

Arrinca a primeira xornada da segunda fase cunha derrota contundente para o Calasancio B e, ao non puntuar, sitúase no último posto. 

O xogo comezou sen moita alteración e, no 12', foi o local o que abriu o marcador. O dos Escolapios, aproveitando que o rival só levaba dous goles de vantaxe, intentou facerse co electrónico cun gol preto do final da primeira parte, pero non llo ía deixar tan fácil e, na segunda, acabou por facerse co partido con tres tantos máis que completaron a súa vitoria.

Consulta a clasificación aquí

A PURÍSIMA B 5 - 1 CALASANCIO B

CD A Purísima B: Antón, Tiago, Jorge, Roberto, Lukas, Álex, Aarón, Martín, Daniel, Xan e Antonio. Tamén xogaron Carlos, David, Saúl e Javier. 
CP Calasancio B: Álvaro, Alejandro P, Pau, Lucas, Noé, Álex, Manuel, Adrián, Iván, Izhar e Hugo. Tamén xogaron Francisco, Alejandro L, Arnau e Rubén.
Árbitro: Marvin Justh Calderón Carretero.

Resultados xornada 1

Ribadavia 6 3 Blanco Amor B
A Purísima B 5 1 Calasancio B
Arenteiro C 1 1 A Peroxa

Próxima xornada

Blanco Amor B - - Arenteiro C
Calasancio B - - Ribadavia
A Peroxa - - A Purísima B