Grupo A1
O Chantada caeu esta fin de semana ante o Xinzo cun avultado marcador de 7-2, que deixa ao equipo aínda dentro da zona de play off polo ascenso e mantendo a segunda praza grazas á derrota do Cented Academy.
Malia o resultado, foi o Chantada o que abriu a conta xa na primeira xogada pero non duraría moito a alegría, xa que un penalti equilibrou o duelo ao minuto seguinte para poñerse por diante o Xinzo na seguinte xogada.
Ampliouse a vantaxe ata o 3-1 para irse ao descanso 3-2 e con opcións para os chantadinos. Na segunda parte volveron sen forza os visitantes, que encaixaron de novo en dous minutos dous goles máis. Co 5-2 parecía complicada a recuperación polo que a situación empeorou ata o 7-2 co que remataron.
XINZO 7 - 2 CHANTADA
SD Chantada: Adrián, Miguel, Carlos, Leonardo, David C, Hugo P, Damián, David R, Daniel, Hugo M e Abel. Tamén xogaron Alejandro, Pablo, Víctor e Santiago.
Goles: Anxo (2, 1 de penalti), Enrique (2), David R (3) polo local e Daniel e Damián polo Chantada.
Árbitro: Iván Ferreira Oliveira.
LIGA PROVINCIAL CADETE SUR GRUPO A1 |
---|
Barbadás | 0-1 | Celanova |
Cented Academy | 0-1 | Arenteiro |
Xinzo | 7-2 | Chantada |
UD Ourense | 0-2 | Barco |
Próxima xornada
Arenteiro | - | Celanova |
Chantada | - | Cented Academy |
Barco | - | Xinzo |
UD Ourense B | - | Barbadás |
Grupo A3
Vitoria para o Calasancio B, que venceu ao Velle na casa por 2-1. Partido moi apertado no que o local abriu a conta cun penalti no minuto 22. Antes da pausa o Velle marcou o gol do empate pero Alejandro, poucos minutos despois da pausa, meteu o segundo e con ese resultado chegaron ao final.
Tres puntos para a conta do local que está, xunto ao Monforte, na parte media da táboa e permenecen ambos empatados a puntos xunto ao Velle.
A derrota foi para o Monforte, que caeu co Verín B por 4-1 nun partido no que dous goles seguidos marcaron o devenir do duelo xa no primeiro tramo.
No minuto 12 o Monforte encaixou dous goles seguidos e malia que meteu o seu poucos minutos despois non foi quen den cambiar o curso dun partido que se puxo de cara para o Verín B, que ademais engrosou a diferenza ata 3-1 antes da pausa.
Xusto á volta de vestiarios, o local meteu o cuarto e definitivo e o marcador non se moveu máis.
VERÍN B 4 - 1 MONFORTE
CF Monforte: Adrián, Jesús, Hugo C, Lois, Bogdan, Hugo P, Iván, Xoán, Ismael, Miguel e Juan. Tamén xogaron Bilal, Moad, Roberto e Alejandro.
Goles: 1-0 (11'): Guillén. 2-0 (12'): Jesús. 2-1 (19'): Iván. 3-1 (35'): Bryan. 4-1 (47'): Hugo.
Árbitro: Juan Guerra Rúa.
CALASANCIO B 2 - 1 VELLE
CD Velle: Jorge, Iván, Borja, Íker, Oualid, Roi, Pablo A, Adrián, Héctor, Javier e Pablo M. Tamén xogaron Xabier e Uriel.
Goles: 1-0 (22'), Íker de penalti. 1-1 (38'): Pablo. 2-1 844'): Alejandro.
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.
LIGA PROVINCIAL CADETE SUR GRUPO A3 |
---|
Verín B | 4-1 | Monforte |
Bosco | 4-1 | Rúa |
A Purísima B | 1-2 | Santa Teresiña |
Calasancio B | 2-1 | Velle |
D | Ourense CF B |
Próxima xornada
A Purísima B | - | Calasancio B |
Bosco | - | Santa Teresiña |
Ourense CF B | - | Rúa |
Monforte | - | Velle |
D | Verín B |