Grupo A1
Vitoria cómoda do Chantada, que recupera a senda da vitoria tras o esvarón da pasada fin de semana. Nesta ocasión o equipo vencido foi o Celanova e con estes tres puntos o equipo chantadino mantense nos postos de play off para o ascenso.
A vantaxe no marcador para os de vermello produciuse na segunda metade porque remataron o primeiro tempo co empate a 1 no marcador tras abrir o tanteo o local. Na segunda, nada máis comezar xa se puxeron por diante e foron sumando un gol cada dez minutos ata o 5-1 co que rematou, o último no tempo de desconto.
CHANTADA 5 - 1 CELANOVA
EDC Celanova: Xoel, Bruno, Rubén, Mateo, Álex, Ricardo, Hugo, Aitor, Adán, Samuel e Óscar. Tamén xogaron Gael, Adrián, Ángel, David e César.
Goles: Daniel, Damián (2), Leonardo e Hugo polo local e Samuel polo visitante.
Árbitro: Pablo Graña Rodríguez.
LIGA PROVINCIAL CADETE SUR GRUPO A1 |
---|
Arenteiro | 0-1 | Barbadás |
Chantada | 5-1 | Celanova |
Barco | 2-1 | Cented Academy |
UD Ourense B | 1-3 | Xinzo |
Próxima xornada
Arenteiro | - | Chantada |
Celanova | - | Barco |
Cented Academy | - | UD Ourense |
Barbadás | - | Xinzo |
Grupo A3
O Monforte sumou unha nova vitoria, a segunda desta segunda fase, e fíxoo ante o Santa Teresiña, ante o que foi superior en resultados. O conxunto local tardou en abrir a caixa dos goles pero cando o fixo entraron tres case seguidos, con descanso polo medio.
Co 3-0 o rival logrou marcar para acurtar resultados pero se quedaría en nada, xa que sobre a bucina o Monforte volveu marcar por medio de Xoán de penalti para poñer o 4-1 definitivo no marcador.
Tamén no grupo de abaixo, o Calasancio B caeu derrotado e queda sumido no máis baixo da táboa, xa que só foi quen de acumular 1 punto en catro partidos.
Neste caso a derrota foi a domicilio ante o Verín B por 6-1. Malia o resultado amplo, foi o conxunto dos Escolapios o primeiro en abrir marcador, a través de Oliver no miunuto 12. Quedaría todo en nada cando antes da pausa o Verín B tiña recuperado terreo co 2-1. Co terceiro dos locais, xusto á volta da pausa, o partido xa quedou sentenciado.
VERÍN B 6 - 1 CALASANCIO B
CP Calasancio B: Lois, Adrián, Héctor, Manuel A, Daniel, Pablo, Ainhoa, Oliver, Hugo, Mohamed e Miguel. Tamén xogaron Martiño, Tiago, Manuel L e Santiago.
Goles: Diego, Jesús, Antonio (2), Héctor e David polo local e Oliver polo visitante.
Árbitro: Juan Ramón Dapia Francisco.
MONFORTE 4 - 1 SANTA TERESIÑA
CDC Santa Teresiña: Brais, Noé, Jonás, Raúl, Kevin, Xián, Álex, Nuno, Roi, Mateo e Xabi. Tamén xogaron Iván, Santiago, Héctor, Adrián e Miguel.
Goles: 1-0 (34'): Hugo C. 2-0 e 3-0 (39' e 43'): Iván. 3-1 (63'): Roi. 4-1 (79'): Xoán de penalti.
Árbitro: Alberto López Álvarez.
LIGA PROVINCIAL CADETE SUR GRUPO A3 |
---|
Bosco | 3-1 | Velle |
Ourense CF B | 3-0 | A Purísima B |
Verín B | 6-1 | Calasancio B |
Monforte | 4-1 | Santa Teresiña |
D | Rúa |
Próxima xornada
Bosco | - | Ourense CF B |
A Purísima B | - | Verín B |
Calasancio B | - | Monforte |
Velle | - | Rúa |
D | Santa Teresiña |