Rompe a burbulla de vitorias do Chantada tras caer co Cented Academy na súa loita polo ascenso

O Monforte firma a primeira vitoria do curso mentres o Calasancio B foi derrotado pola mínima no Álex Blanco

Grupo A1

O Cented Academy rompeu a burbulla de triunfos na que estaba metido o Chantada, ao que venceu por 5-2. Queda deste xeito, terceiro na xeral o equipo da provincia, aínda en postos de play off pero coa primeira derrota desta segunda fase.

Difícil partido para o equipo chantadino, que encaixou o primeiro tanto aos dous minutos de xogo e o segundo aos 18'. Remontaron antes do descanso pero xa na segunda abriu fenda o Cented Academy tralo 3-2 con dous goles no tramo final.

Consulta a clasificación aquí

CENTED ACADEMY 5 - 2 CHANTADA

Cented Academy: Alejandro, Antonio, Bruno, Hugo, Mario, Yeray, Martín, Enmanuel, Adrián, Samuel e Damián. Tamén xogaron Yago, Jean Luis, Manuel, Jesús e Aarón.
SD Chantada: Adrián, Víctor, Carlos, Leonardo, David C, Miguel, Abel, Damián, Daniel, Hugo M e Pablo. Tamén xogaron Santiago e David R.
Goles: Hugo (2), Samuel (2) e Jean Luis polo local e Damián e Hugo M polo Chantada. 
Árbitro: Javier Vidal González.
 
LIGA PROVINCIAL CADETE SUR GRUPO A1

Resultados xornada 3   

Celanova 3-1 Arenteiro
Cented Academy 5-2 Chantada
Xinzo 1-0 Barco
Barbadás 1-0 UD Ourense 

Próxima xornada 

Arenteiro - Barbadás
Chantada - Celanova
Barco - Cented Academy
UD Ourense B - Xinzo

 

Grupo A3

Primeira vitoria para o Monforte, que descansou a primeira xornada e debutou con derrota. Os de negro venceron por 2-3 ao Rúa nos últimos minutos do duelo. Foron os encargados de abrir o marcador, resultado co que foron ao descanso pero xusto á volta empatou o local. Axudou aos monfortinos o tanto en propia do visitante aínda que volverían empatar. Cando faltaban 3 minutos, Iván puxo a vitoria no marcador.

Consulta a clasificación aquí

O Calasancio B, pola súa conta, non puido puntuar ante o Ourense CF B, equipo da parte alta, que aínda só fixo que gañar.

Os de Monforte caeron derrotados pola mínima (0-1) na casa e seguen na parte baixa da clasificación.

CALASANCIO B 0 - 1 OURENSE CF B

CP Calasancio B: Aelfie, Manuel, Senén, Manuel A, Pablo César, Santiago, Pablo, Mohamed, Javier, Alejandro e Héctor. Tamén xogaron Ainhoa, Adrián, Íker, Hugo e Oliver.
Ourense CF B: Miguel, Martín, Jacobo, Mario, Juan, Román, Martín, Alejandro, Fidel, Íker e Diego. Tamén xogaron Tomás, Iago, César, Adrián e Alejandro.
Goles: Juan no minuto 68. 
Árbitro: Óscar Cabañas López.

RÚA 2 - 3 MONFORTE

CD Rúa: Lisandro, Pedro, Antonio, Luis, Xosé, Aitor, Íker, Antonio José, David, Joel e Rubén. Tamén xogaron Alejandro e Marcelo.
CF Monforte: Adrián, Jesús, Hugo, Lois, Bogdan, Iván, Xoán, Ismael, Rubén, Moad e Juan Antonio. Tamén xogaron Hugo, Miguel e Roberto.
Goles: 0-1 (16'): Bogdan. 1-1 (41'): Rubén. 1-2 (44'): en propia porta. 2-2 (59'): Xosé. 2-3 (77'): Iván.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

 

LIGA PROVINCIAL CADETE SUR GRUPO A3

Resultados xornada 3

A Purísima B 1-2 Bosco
Calasancio B  0-1 Ourense CF B
Santa Teresiña 1-1 Verín B
Rúa 2-3 Monforte
  D Velle

Próxima xornada

Bosco - Velle
Ourense CF B - A Purísima B
Verín B - Calasancio B 
Monforte - Santa Teresiña
  D Rúa