Xornada de goleadas, a favor do Chantada, colíder e invicto, e en contra do Calasancio

O chantadino Daniel Neira asenta o seu título de pichichi con 21 goles en nove partidos
LPC CALASANCIO B-CHANTADA6
photo_camera LPC CALASANCIO B-CHANTADA6

Xornada de contrastes para os equipos da provincia con dous goleadas como protagonistas. A favor foi a do Chantada, que segue campando ás súas anchas pola categoría, invicto aínda e nun triplo empate no liderado con Arenteiro e Barco.

Nesta ocasión, os chantadinos superaron amplamente ao Rúa, equipo da zona media, ao que marcaron dous goles nos dez primeiros minutos. Ese 2-0 completaríase cun 3-0 pouco despois. Xusto á volta volveron marcar e coa seguridade que daba a vantaxe seguiron dominando o duelo ata chegar o 7-0 co que rematou o partido.

Daniel foi o responsable de catro dos goles o que o sitúan con moita vantaxe como pichichi do grupo, con 21 tantos, fronte ao 16 do segundo.

Consulta a clasificación aquí

En sentido contrario foi a goleada do Calasancio B, que encaixou a domicilio co Barco, un dos líderes, un 8-0. 2-0 tamén no minuto 10 que se completaría nesta ocasión ata o 6-0 antes da pausa. Pouco máis tiveron que dicir os dos Escolapios ante un equipo que foi superior.

Derrota do Monforte, que queda nunha discreta posición na táboa, ante o Arrabaldo por 2-5. Foi o Monforte o primeiro en abrir o caixón pero antes do descanso o visitante xa tiña dada a volta ao marcador e a partir de aí o partido quedou en mans do Arrabaldo, que pechou a conta xa no minuto 63.

CHANTADA 7 - 0 RÚA

SD Chantada: Adrián, Leonardo, Carlos, Alejandro, David C, Hugo P, Pablo C, Miguel, Daniel, Hugo M e Pablo L. Tamén xogaron Abel, Santiago, David e Víctor.
CD Rúa: Lisandro, Ian, Brais, Lucas, Luis, Aitor, Íker, Jairo, Manuel, Marcelo e Rubén. Tamén xogou Alejandro.
Goles: Daniel (5, 9, 42' e 79'), Hugo M (20'), Hugo P (51') e Abel (69'). 
Árbitro: Manuel González Castro.

BARCO 8 - 0 CALASANCIO B 

CD Barco: Fernando, Cristian, Rubén, Nicolás, Aarón, Saúl, Gorka, Alexis, Sergio, Bruno e Hatim. Tamén xogaron Cristian, Isaias e Lian.
CP Calasancio B: Matías, Pablo, Héctor, Manuel A, Javier, Ainhoa, Miguel, Oliver, Daniel, Mohamed e Íker. Tamén xogaron Manuel, Pablo César, Lois e Alejandro.
Goles: Nicolás (8'), Gorka (10', 35' e 63'), Alexis (17' e 44') e Bruno (30' e 33'). 
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

MONFORTE 2 - 5 ARRABALDO

CF Monforte: Adrián, Jesús, Hugo C, Marco, Dimitru, Hugo P, Lois, Iván, Ismael, Bilal e Juan. Tamén xogaron Xoán e Adrián.
SDC Arrabaldo: Joel, Mateo, Izan, Brais, Lionel, Xurxo, Diego, Anxo, Marcos, Adrián e Yoel. Tamén xogaorn Breogán, Daniel, Anxo e Enaitz.
Goles: 1-0 (14'): Dimitru. 1-1 (33'): Diego. 1-2 (36'): Lionel. 1-3 (56'): Marcos. 1-4 (57'): Lionel. 2-4 (60'): Marco. 2-5 (63'): Lionel. 
Árbitro: Alberto López Álvarez.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL CADETE SUR

Resultados xornada 10      

Chantada 7-0 Rúa
Barco 8-0 Calasancio B
Barbadás B 2-3 Xinzo B
Arenteiro 3-0 Velle
Ribadavia 2-1 UD Ourense B
Monforte 2-5 Arrabaldo  
  D A Purísima

Próxima xornada   

Chantada - Barco
Calasancio B - Barbadás B
Xinzo B - Arenteiro
Velle - Ribadavia
A Purísima - Monforte
Rúa - Arrabaldo
  D UD Ourense B