O Chantada perde o liderado tras o empate deste sábado co Calasancio B no Álex Blanco

O Monforte tamén sumou un punto, a domicilio co Rúa, co que quedou 4-4, tras dominar a primeira metade

O Calasancio B converteuse nun duro rival esta fin de semana para o Chantada, que loita polo liderado, xa que non puido pasar do empate no Álex Blanco. Foron os chantadinos os primeiros en marcar, mediada a primeira parte, pero aos tres minutos empataron os locais.

O derbi da Ribeira Sacra castiga ao conxunto visitante, que tivo que ceder dous puntos e perde o liderado, quedando aínda así segundo, empatado co Arenteiro, que ocupa agora o primeiro posto.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte tamén sumou un punto e fíxoo co Rúa a domicilio, equipo co que competía por posición na táboa. 4-4 foi o resultado co que chegaron ao final tras ir os monfortinos por diante durante a primeira parte.

Arrancaron marcando os de negro, aínda que grazas a un gol en propia do rival, tras empatar o local, a vantaxe púxose nas mans do Monforte, que chegou ata o 1-3. Dous goles traerían o empate a 3 xusto no reinicio da pausa. 

No tramo final o Monforte volveu adiantarse pero xusto sobre o pitido final un penalti a favor do Rúa deixounos sen dous puntos.

CALASANCIO B 1 - 1 CHANTADA

CP Calasancio B: Lois, Manuel L, Héctor, Manuel A, Javier, Pablo, Miguel, Oliver, Ainhoa, Alejandro L e Íker. Tamén xogaron Mohamed, Manuel Ángel, Pablo e Santiago.
SD Chantada: Adrián, Víctor, Pablo, Alejandro, David C, Hugo P, Abel, Miguel, Daniel, Hugo M e Santiago. Tamén xogaron Leonardo, Pablo e David.
Goles: 0-1 (12'): Hugo P, 1-1 (15'): Íker. 
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

RÚA 4 - 4 MONFORTE

CD Rúa: Lisandro, Ian, Brais, Berto, Antonio, Lucas, Luis, Xosé, Aitor, Jairo e Antonio. Tamén xogaron Alejuandro, Íker, Rubén, Joel e Marcelo.
CF Monforte: Adrián, Hugo, Manuel, Marco, Bogdan, Hugo, Lois, Iván, Xoán, Ismael e Juan. Tamén xogaron Rubén, Bilal, Jesús e Adrián.
Goles: 0-1 (15'): en propia porta. 1-1 (22'): Xosé. 1-2 (33'): Xoán. 1-3 (34'): Bogdan. 2-3 (40'): Berto. 3-3 (44'): Brais. 3-4 (77'): Juan. 4-4 (80'): Ian de penalti. 
Árbitro: Óscar Cabañas López.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL CADETE SUR

Resultados xornada 9      

Calasancio B 1-1 Chantada
Xinzo B 1-3 Barco
Velle 3-2 Barbadás B
UD Ourense B 1-3 Arenteiro
A Purísima 7-2 Ribadavia
Rúa 4-4 Monforte
  D Arrabaldo

Próxima xornada   

Chantada - Rúa
Barco - Calasancio B
Barbadás B - Xinzo B
Arenteiro - Velle
Ribadavia - UD Ourense B
Monforte - Arrabaldo  
  D A Purísima