O Antas sentencia o liderado do grupo 5 no Torneo Delegación

Conseguiron rematar a fase de grupos invictos despois de superar no Castro Seoane á Piringalla, segundo clasificado

Play off Ascenso

O Residencia e o Vilalbés xogarán mañá o primeiro encontro da final polo ascenso a Galega. O duelo celebrarase no Estadio Roca ás 11:30 horas. A fin de semana disputarán o encontro de volta en Lugo.

Consulta a clasificación aquí

 
CADETE GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Final Ida (01/05)

Vilalbés - Residencia

 

Torneo Delegación

GRUPO 1

No Torneo Delegación o grupo 1 non saíu ao verde esta fin de semana, pois aproveitaron a ponte para mudar as datas dos tres encontros. O Viveiro B-Guitiriz e o Ribadeo-Castro disputaranse mañá ás 12:00 horas. No caso do duelo entre A Piringalla e o Río Ouro, terá lugar o venres 5 ás 20:00 horas no Polvorín.

Consulta a clasificación aquí

CADETE GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 1

Xornada 5 (01/05)

Viveiro B - Guitiriz
Ribadeo - Castro
A Piringalla B - Río Ouro

 

GRUPO 2 

No grupo 2 si se viu fútbol e a Sarriana conseguiu a vitoria da fin de semana. Os brancos gañaron ao Polvorín B cunha goleada de 7-0. Na primeira metade dous goles de Adrián e un de Óscar xa decantaban o partido ao seu favor. Tralo paso polos vestiarios un gol de Manuel, un dobrete de Raúl e o segundo gol de Óscar avultaron o taboleiro. 

Tamén puxeron a camiseta de gala o Residencia B e o Becerreá, que acabaron repartido os puntos na Cheda. Un penalti a favor dos visitantes na primeira metade deixaba o encontro cun 0-1 ao descanso. Na segunda metade Alejandro empatou para os locais.

O duelo entre o Milagrosa B e a Ferroviaria foi adiado e celebrarase o martes ás 16:00 horas no Luís Gorgoso. Con este encontro pechase a derradeira xornada do Torneo. Os albivermellos lideran polo momento a clasificación empatados a puntos coa Sarriana.

Consulta a clasificación aquí

SARRIANA 7 - 0 POLVORÍN B

SD Sarriana: Ruben, Unai, Oscar, Fiz, Luis, Adrián, Pablo, Hugo, Juan, Antoni e Manuel. Tamén xogaron Raúl, Joao P, Boyan S e Zaid.
EF Polvorín B: Daniel, Adrián, Sergio, Xoan, Sergio G, Fabián, Joan E, Javier, Andrés, Oihan e Iker. Tamén xogou David.
Goles: 1-0 (14'): Adrián. 2-0 (26'): Adrián. 3-0 (44'): Oscar. 4-0 (71'): Manuel. 5-0 (75'): Raúl. 6-0 (77'): Raúl. 7-0 (80'): Oscar.
Árbitro: Iván Prado López.

RESIDENCIA B 1 - 1 BECERREÁ

SD Residencia B: Pablo, Miguel, Alexander M, Samuel, Roi, Iván, Brahian L, Joel, Hugo, Martín e Daniel. Tamén xogaron Alejandro, Mauro, David, Iago e Arturo.
SD Becerreá: Alex, Enrique, Alejandro, Saúl, David, Mario, Mito, Pelayo, Javier, Borja e David M. Suplentes: Mario G, Ionut A e Daniel.
Goles: 0-1 (33'): Borja, de penalti. 1-1 (73'): Alejandro.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandio.

 

CADETE GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 2

Resultados xornada 5

Sarriana 7-0 Polvorín B
Milagrosa B A Ferroviaria
Residencia B 1-1 Becerreá

 

GRUPO 3

O grupo 3 rematou coa fase de grupos do Torneo, pois celebráronse os tres partidos da quinta xornada. O Antas rematou líder invicto tras superar á Piringalla por 4-2. Os anfitrións do Castro Seoane adiantáronse na primeira xogada, pero ao pouco Rubén asinou o 1-1. Antes do descanso Ignacio volveu adiantar ao conxunto local. Na segunda metade o Antas ampliou a vantaxe co 3-1, pero A Piringalla seguiu insistindo e marcou o segundo. Alexandre pechou o taboleiro co cuarto para os locais.

A Piringalla quedou no segundo posto empatado a puntos co Polvorín, que se impuxo ao Palas por 6-0. Aínda que lles custou encontrar o primeiro gol, na segunda metade abriron a lata con tantos de Bruno, Javier, Alex, Pablo e un dobrete de David. O Sagrado Corazón quedou cuarto e cunha vitoria sobre o Casás. Tras unha primeira metade sen goles, Brais abriu o marcador no minuto 56 e tras este chegaron os de Ulises e Unai.

Consulta a clasificación aquí

 ANTAS 4 - 2 A PIRINGALLA

SD Antas: Lucas, Antonio, Norberto, Hugo, Joaquín, Ignacio, Marcos, Diego, Efrén, Albert D e Xoel. Tamén xogaron Unai, Alexandre, Gael e Martín.
ADC A Piringalla: Pablo, Hugo, Brais, Iván, Alex, Ruben, Telmo, Manoel, Adrián, Pablo V e Hugo G. Tamén xogaron Diego, Breixo e José.
Goles: 1-0 (1'): Efrén. 1-1 (14'): Ruben. 2-1 (37'): Ignacio. 3-1 (73'): Albert D. 3-2 (74'): Manoel. 4-2 (77'): Alexandre.
Árbitro: Diego Seco Barreira.

SAGRADO CORAZÓN 3 - 0 CASÁS

ADC Sagrado Corazón: Iazeel, Nicolás, Ulises, Daniel, Anton, Servando J, Mario, Hugo, Miguel, Brais e Anthony D. Tamén xogaron Unai e Pablo.
Club Polideportivo Casás: David, Pablo, Yelko, Xoel, Ian, Daniel, Pablo A, David S, Jacobo, Tulio e Marco. Tamén xogaron Pablo G, Israel, Alex e Alonso.
Goles: 1-0 (56'): Brais. 2-0 (62'): Ulises. 3-0 (82'): Unai.
Árbitro: Iván Vilela Soilan.

POLVORÍN 6 - 0 PALAS

EF Polvorín: Hugo, Pablo, David, Aldán, Pablo P, Javier, Iván, Anxo, Bruno, Adrián e Diego. Tamén xogaron Alex, Manuel, Saúl, Ruben e Jaime.
Palas CD: Alex, Anxo, Juan, Raúl, Hugo, David, David M, Hugo M, Iago, Víctor e Samuel. Tamén xogaron Diego e Alex G.
Goles: 1-0 (41'): David. 2-0 (50'): Bruno. 3-0 (55'): Javier. 4-0 (67'): David. 5-0 (76'): Alex. 6-0 (79'): Pablo.
Árbitro: Emiliano Fabian Lameiro García.
 
CADETE GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 3

Resultados xornada 5

Antas 4-2 A Piringalla
Sagrado Corazón 3-0 Casás
Polvorín 6-0 Palas