Vitorias do Vilalbés B, Residencia e A Piringalla nos tres partidos adiantados

Á Primeira cadete tocáballe descansar esta fin de semana, pero varios equipos celebraron o partido correspondente á décima xornada

Grupo 1

Esta fin de semana a Primeira cadete non tiña xornada marcada no calendario, pero no grupo 1 o Residencia B e o Vilabés decidiron adiantar o seu encontro. Os chairegos, invictos e no liderado da clasificación, asinaron a décima vitoria do curso pola mínima. O partido celebrado o sábado na Cheda estivo bastante igualado, os chairegos non conseguiron meter o balón entre os paus ata a segunda metade, cando Diego puxo o 0-1 no marcador que sería o resultado definitivo. Malia a derrota, os do Residencia B mantéñense por agora no sétimo posto da clasificación e con sete puntos.

Consulta a clasificación aquí 

 RESIDENCIA B 0 - 1 VILALBÉS

SD Residencia: Pablo, Mateo, Samuel, Roi, Lucas, Mauro, Brahian L, Joel, Daniel, Iván e Hugo. Tamén xogaron Mauro R, Adrián, Alexander M e Martín.
Rácing Club Vilalbés: Xabier, Mario, Hugo, Diego, Sergio, Samuel, Diego L, Eduardo, Paulo, Alex e Adrián. Tamén xogaron Samuel D, Israel, Mateo, Hugo G e Iván.
Goles: 0-1 (68'): Diego.
Árbitro: Brenda Lence Iglesias.

 

 
PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 1

Resultado partido adiantado xornada 10

Residencia B 0-1 Vilalbés B

Próxima xornada

Milagrosa B - A Piringalla B
Viveiro B - Polvorín B
Ribadeo - Pontenova
Castro - Río Ouro
  D Guitiriz

Grupo 2

No caso do grupo 2 disputáronse dous partidos adiantados da xornada número 10. O Residencia, conseguiu golear a domicilio ao Palas. Na primeira metade, marcaron Gael e David, de penalti, mentres que na segunda conseguiron moita máis efectividade ata rematar o partido cun marcador de 0-7. Con esta, xa son oito as vitorias dos albicelestes, que se manteñen no primeiro posto da clasificación. O outro duelo adiantado foi o encontro entre A Piringalla e a Ferroviaria. Os anfitrións do Luís Gorgoso conseguiron a vitoria despois de adiantarse na primeira metade con dous goles e sentenciaron o duelo co 3-0 de Adrián.

Consulta a clasificación aquí 

PALAS 0 - 7 RESIDENCIA 

Palas CF: Adrián, Juan, Víctor, David, Raúl, Iago, Diego, Hugo, Antón, Xoan e Felix. Tamén xogaron Samuel e Alexandre.
SD Residencia: Xurxo, Adrián, Roberto D, Samuel, Alejandro, David, Gael, Uriel, Alejandro N, Pablo e David A. Tamén xogaron Manuel, Rubén, Jonas G e Daniel A.
Goles: 0-1 (16'): Gael. 0-2 (22'): David, de penalti. 0-3 (45'): Uriel. 0-4 (46'): Alejandro N. 0-5 (56'): Manuel. 0-6 (66'): Daniel A. 0-7 (73'): Pablo.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.

A PIRINGALLA 3 - 0 FERROVIARIA

ADC A Piringalla: Pablo, Hugo, José, Brais, Iván, Alex, Ruben, Manoel, Adrián, Breixo e Unai. Tamén xogaron Pablo P, Telmo, Pablo V e Diego.
AD Ferroviaria: Manuel A, Juan D, Lucas, Iván, Pablo, Javier, Daniel, Brian, Unai, Soufian e Miguel. Tamén xogaron Diego, Iago, Nicolás e Oliver.
Goles: 1-0 (4'): Breixo. 2-0 (13'): Ruben. 3-0 (72'): Adrián.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.

 

 
PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 2

Resultados partidos adiantados xornada 10

Palas 0-7 Residencia
A Piringalla 3-0 Ferroviaria

Próxima xornada

Antas - Corgo
Sarriana - Becerreá
Polvorín - Casás
  D Sagrado Corazón