O Vilalbés adxudícase a oitava vitoria, mentres que o podio axústase no grupo 2

Os chairegos seguen despuntando no grupo 1 despois de vencer ao Ribadeo esta fin de semana, mentres que na outra lista as vitorias do Corgo e da Sarriana acercáronos ao Residencia, que descansou

Grupo 1

A oitava xornada no grupo 1 deixou a oitava vitoria para o Rácing Vilalbés, que nesta ocasión enfrontouse ao Ribadeo e fíxolle baixar un posto na lista. Os chairegos leváronse os tres puntos cun resultado de 1-5 sobre o taboleiro do Pepe Barrera. Amplo marcador tamén no choque entre o Guitiriz e o Polvorín B. Os locais adiantáronse cun penalti, pero, despois de que o partido se puxera en táboas dúas veces os amarelos puxéronse por diante. Malia iso o Guitiriz non baixou os brazos e acabou remontando 6-4 para manterse no terceiro posto.

A prata segue sendo por agora para o Castro, que superou por 3-1 ao Residencia B. O partido celebrado no Arturo Pereiro comezou con dous goles de Xabier para os locais. Iván enganchou aos da capital no partido co 2-1, pero de novo acudiu Xabier para sentenciar o duelo cun hat trick. O Pontenova, no cuarto lugar, conseguiu a súa vitoria número catro contra o Milagrosa B. Fíxoo a domicilio, grazas ao dobrete de Carlos e ao tanto de David na primeira metade.

En canto ao Viveiro B, conseguiu os tres puntos despois de catro xornadas sen velos. Os celestes comezaron adiantándose no partido contra o Río Ouro, pero estes empataron na segunda metade. Iker conseguiu que o triunfo quedara para o Viveiro co 2-1 no minuto 74.

Consulta a clasificación aquí 

GUITIRIZ 6 - 4 POLVORÍN B

Guitiriz SD: David, Xoel, Daniel, Óscar, Hugo, Daniel C, Brais, Juan, Sergio, Anxo e Rubén. Tamén xogaron Aitor, Martin, Estevo e Nicolás.
EF Polvorín: Daniel, Adrián, Íker, Oihan, Miguel, Xoan, Joan E, Fabián, Mateo, Hugo e David. Tamén xogaron Aymane, Sergio, Andrés e Javier.
Goles: 1-0 (20'): Juan, de penalti. 1-1 (22'): Mateo. 1-2 (30'): Fabián. 1-3 (35'): David. 2-3 (39'): Hugo. 3-3 (56'): Sergio. 4-3 (56'): Anxo. 5-3 (67'): Juan. 5-4 (77'): Mateo, de penalti. 6-4 (78'): Juan.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

MILAGROSA 1 - 3 PONTENOVA

SCD Milagrosa: Samuel, Manuel, Iago, Javier, Mateo, Brais, Leo, Pablo, Caxide, Bruno e Ian. Tamén xogaron Efrén, Juan, Alejandro e Álvaro.
Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, Stefan, Diego, Álvaro, David, Carlos, Rubén, Izan, Paulo M e Kevin. Tamén xogou Alejandra.
Goles: 0-1 (10'): Carlos. 0-2 (12'): Carlos. 0-3 (27'): David. 1-3 (36'): Ian.
Árbitro: Johann Sebastian Cediel.

VIVEIRO 2 - 1 RÍO OURO

SD Viveiro: Nicolás, Nicolás, Yovenni J, Saúl, Ángel, Daniel, Saúl G, Luis C, Xoel, Pablo e David. Tamén xogaron Hugo, Iker, Marco, Ignacio e Roque.
AD Río Ouro: Ángel, Anxo, Daniel, Hugo, Daniel N, Ezequiel, Joao, Aarón, Ilena, Adrián e Álvaro. Tamén xogaron Iván, Xabi, Asier, Gabriel e Álvaro R.
Goles: 1-0 (44'): Xoel. 1-1 (56'): Ezequiel. 2-1 (74'): Iker.
Árbitro: Jose Vale Ferreira.

RIBADEO 1 - 5 VILALBÉS

SD Ribadeo: Álvaro, André, Jose M, Pablo, Álvaro B, Beltrán, Alexandro A, Lucas, Alvaro G, Hugo e David. Tamén xogaron Izan, Saúl, Fabian, Javier e Hugo M.
Rácing Club Vilalbés: Xabier, Daniel, Hugo, Daniel C, Sergio, Samuel, Diego, Diego R, Eduardo, David e Alex. Tamén xogaron Iker, Rubén, Mateo, Bruno e Nizar.
Goles: 0-1 (9'): Alex. 0-2 (18'): Eduardo. 0-3 (23'): Sergio. 1-3 (42'): Alexandro A. 1-4 (56'): Diego. 1-5 (79'): Alex.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

CASTRO 3 - 1 RESIDENCIA B

CD Castro: Alex, Íker, Lucas, Marcos, Xabier, Juan D, Raúl, Jose, Álvaro, Íker F e Xabier N. Tamén xogaron Iván, Miguel e Diego.
SD Residencia: Pablo, Miguel, Samuel, Roi, Lucas, Mauro, Álvaro, Iván, Mauro R, Joel e Alejandro. Tamén xogaron Félix, Alexander M, Iván N, David e Brahian L.
Goles: 1-0 (28'): Xabier N. 2-0 (57'): Xabier N. 2-1 (64'): Iván N. 3-1 (78'): Xabier N.
Árbitro: Josué Villabrille Forja.

 

 
PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 8

Guitiriz 6-4 Polvorín B
Milagrosa B 1-3 Pontenova
Viveiro B 2-1 Río Ouro
Ribadeo 1-5 Rácing Vilalbés
Castro 3-1 Residencia B
  D A Piringalla B

Próxima xornada

A Piringalla B - Guitiriz
Polvorín B - Milagrosa B
Pontenova - Viveiro B
Río Ouro - Ribadeo
Vilalbés - Castro
  D Residencia B

Grupo 2

No grupo 2 celebráronse catro partidos xa que o duelo entre o Palas e o Becerreá foi adiado. Ao Residencia tocoulle descansar esta xornada e mantense no primeiro posto, malia que agora ten máis preto ao Corgo, que gañou ao Sagrado Corazón por 0-4. A Sarriana séguelles no terceiro lugar do podio con 16 puntos despois de gañarlle a partida ao Ferroviaria na Ribela. Ámbolos dous equipos marcaron nos primeiros minutos do encontro, pero os locais fixeron o 2-1 antes do descanso. Na segunda parte aseguraron a vitoria co terceiro tanto, que marcou Wangyiran.

Pola parte do Antas, conseguiu a terceira vitoria consecutiva do curso contra o Casás. Un duelo decantado dende a primeira metade que rematou cun resultado de 7-2. A derradeira vitoria da fin de semana foi para o Polvorín, que conseguiu volver á senda do triunfo meténdolle un 5-0 á Piringalla.

Consulta a clasificación aquí 

SAGRADO CORAZÓN 0 - 4 CORGO

ADC Sagrado Corazón: Ángel, Ulises, Nizar, Hugo, Zakaria, Daniel, Pedro, Servando J, Hugo L, Pablo e Anthony D. Tamén xogaron Rubén, Unai, Nicolás, Brais e Mario.
CD Corgo: Fabián, Sergio, Alex, Joel, Juan, Magín, Ethan, Adrián, Samuel, Carlos e Jose. Tamén xogaron Xoel, Pablo, Omar, Adrián D e Yanis V.
Goles: 0-1 (22'): Samuel. 0-2 (26'): Carlos. 0-3 (60'): Jose. 0-4 (78'): Juan.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

ANTAS 7 - 2 CASÁS

SD Antas: Lucas, Antonio, Unai, Xoel, Joaquín, Gael, Diego, Marcos, Albert D, Efrén e Ignacio. Tamén xogaron Hugo e Alexandre.
Club Polideportivo Casás: Miguel, Pablo, Yelko, David, Daniel, Xoel, Francisco, Hugo, Pablo A, Tulio e Pablo G. Tamén xogaron David S, Natalia e Ian.
Goles: 1-0 (1'): Efrén. 2-0 (6'): Efrén. 3-0 (9'): Ignacio. 4-0 (22'): Efrén. 4-1 (48'): Pablo A. 5-1 (57'): Marcos. 5-2 (67'): Tulio, de penalti. 6-2 (74'): Albert D. 7-2 (80'): Hugo.
Árbitro: David Comendeiro Sertaje.

SARRIANA 3 - 1 FERROVIARIA

SD Sarriana: Rubén, Óscar, Fiz, Ander, Wangyiran, Joao P, Juan, Antoni, Raúl, Hugo e Manuel. Tamén xogaron Pablo, Unai, Gonzalo, Boyan S e Hugo L.
AD Ferroviaria: Oliver, Aitami, Pablo, Javier, Pablo C, Daniel, Xoel, Brian, Soufian, Hugo e Miguel. Tamén xogaron Bryan, Sebastián A, Nicolás e Iván.
Goles: 1-0 (4'): Juan, de penalti. 1-1 (13'): Aitami. 2-1 (34'): Hugo. 3-1 (73'): Wangyiran.
Árbitro: Jose Luis Cabanas Parrado.

POLVORÍN 5 - 0 A PIRINGALLA

EF Polvorín: Carlos, David, Pablo, David D, Luca, Pablo P, Javier, Iván, Anxo, Adrián e Hugo. Tamén xogaron Aldán, Saúl, Rubén, Manuel e Manuel V.
ADC A Piringalla: Andrés, Hugo, Iago, José, Brais, Ivan, Alex, Manoel, Adrián, Breixo e Hugo G. Tamén xogaron Unai, Pablo, Pablo V e Pablo P.
Goles: 1-0 (2'): Pablo P. 2-0 (17'): Javier. 3-0 (19'): Pablo P. 4-0 (56'): Pablo P. 5-0 (80'): Pablo.
Árbitro: Luis Guillermo Salazar Lobo.

 

 

PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 8

Sagrado Corazón 0-4 Corgo
Palas A Becerreá
Antas 7-2 Casás
Sarriana 3-1 Ferroviaria
Polvorín 5-0 A Piringalla
  D Residencia

Próxima xornada

Residencia - Sagrado Corazón
Corgo - Palas
Becerreá - Palas
Casás - Sarriana
Ferroviaria - Polvorín
  D A Piringalla