Vitoria no último segundo para o Chantada Atlético e contundente con goleada do Calasancio

O SD Chantada venceu ao Quiroga mentres o Monforte perdeu a ocasión de engancharse ao grupo de cabeza tras ser derrotado polo Bosco

GRUPO 1A

O Calasancio segue na senda da victoria e esta fin de semana volveu anotarse un novo triunfo para manterse na loita polo ascenso. O equipo dos Escolapios venceu con comodidade ao Velle por 6-0. Con este resultado segue xunto a UD Ourense B e Rúa empatado a puntos con seis vitorias e 1 derrota.

O Calasancio meteu o seu primeiro tanto no minuto 10, resultado co que se foi ao descanso. Tras un segundo gol no minuto 58 non sería ata o 75 cando comezou un golpeo continuo ao rival, cos catro último tantos en 9 minutos. Adrián, cos catro goles desta xornada queda como o mellor da provincia na listaxe de pichichis, terceiro na xeral por detrás de Raúl da Purísima e Hugo do Rúa.

Vitoria moi traballada e dfícil para o Chantada Atlético no campo do Ribadavia. Partido moi cambiante no que os vermellos comezaron gañando con dous goles a favor na primeira parte. Xusto a volta recuperou terreo o conxunto local, que levou a vantaxe ata o 4-2.

Reaccionaron os atléticos, que se auparon de novo no marcador ata o 4-4 no minuto 86 para marcar o gol da vitoria sobre o pitido final.

Tensión para os visitantes que acumularon oito tarxetas, unha delas para o adestrador, a maior parte no tramo final. Incluso Marcos, no minuto final, foi fóra por dobre sanción. Finalmente, suman tres puntos que lles permiten estar máis preto da zona segura.

Consulta a clasificación aquí

O SD Chantada sumou a segunda vitoria da tempada para seguir subindo na táboa clasificatoria. A vitoria foi ás costas do Quiroga, que segue pechando a listaxe con só un punto dun empate. O primeiro tanto do Chantada foi en propia porta aos 5 minutos do comezo. 

Seguiría o marcador sen actualizarse ata o tramo final do duelo, cando o Quiroga empatou. Duraríalle pouco a ledicia aos visitantes, xa que na segunda xogada o Chantada volveu poñerse por diante e a 3 minutos do final coroarían os vermellos o marcardor co 3-1.

Na quenda das derrotas, está tamén o Monforte, que rompeu unha estupenda xeira de vitorias tras caer co Barco, equipo con que competía por posición na táboa e ante o que cedeu terreo. Os monfortinos pasaron factura a un gol madrugador, que chegou no minuto 1. Os outros tres entraron antes da pausa e na segunda o Monforte non foi quen de remontar. Finalizou o partido con dúas expulsións por vermella, unha para cada equipo.

RIBADAVIA 4 - 5 CHANTADA ATL. 

Ribadavia Atlético: Oier, Daniel, Bruno, Álex, Íker, Rodrigo, Brais, Adrián, Daniel, Iago e Mateo. Tamén xogaron Víctor, Hugo, Martín e Ismael.
Chantada Atlético: Carlos F, David, Iago, Bryan, André, Noel, Marcos, Hugo, Ismael, Carlos L e Alejandro L. Tamén xogaron Diego, Alejandro R e Martín.
Goles: Mateo (3), Adrián polos locais e Carlos L (2), Marcos, Noel e David polo Chantada Atlético.
Árbitro: Cristian Rodríguez Pires.

CHANTADA 3 - 1 QUIROGA

SD Chantada: Manuel, Iago, Álvaro, Pau, Martín G, Miguel, Nicolás, Damián, Brais, Adán e Álex L. Tamén xogaron Arman, Abel, Isaac e Álex G.
Quiroga FC: Juan, Érik, Diego, Ignacio,, Manuel R, David, Mateo, Sergio, Alejandro, Jesús e Brais. Tamén xogaron Pablo, Fernando, Mario e Manuel Antonio.
Goles: 1-0 (5'): en propia porta do rival. 1-1 (75'): David. 2-1 (76'): Abel. 3-1 (82'): Isaac.
Árbitro: Uxía Boimorto Blanco.

CALASANCIO 6 - 0 VELLE

CP Calasancio: Álex, Brais L, Juan, Noé, César, Miguel, Brais A, Brais M, Yeray, Adrián A e David D. Tamén xogaron Jacobo, Éric, Luis e Adrián C.
CD Velle: Ignacio, Diego, Cristian, Ander, José, Mario, Moisés, Hugo, David, Arturo e Noel. Tamén xogaron Ángel, Marcos, Nicolás, Pablo e Hugo.
Goles: Adrián A (10', 75', 77', e 80'), Yeray (58') e Éric (84'). 
Árbitro: Omar López Parga.

BOSCO 4 - 0 MONFORTE

AD Bosco: Guillermo, Pablo, Antonio, Martín, Juan, Hugo, Alberto, Jcobo, Enrique, Roi e Alejandro. Tamén xogaron Noel, Lucas, José Luis, Yeray e Hugo.
CF Monforte: Yeray, Manuel A, David, Joel, Nicolás, Daniel, Óscar, Manuel, José Luis, Adrián e Alberto. Tamén xogaron Anxo, Henry, Pablo, Hugo e Héctor.
Goles: Hugo, (1'), Jacobo (26'), Alejandro (39') e Martín (43'). 
Árbitro: Jorge Urbano Pérez Prada.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1A

Resultados xornada 7           

Bosco 4-0 Monforte
Ribadavia 4-5 Chantada Atlético 
Arenteiro 3-4 Rúa
A Purísima 2-4 UD Ourense B
Chantada 3-1 Quiroga
Calasancio 6-0 Velle
Barco 6-0 Pabellón ED Ourense

 Próxima xornada 

Monforte - Barco
Chantada Atlético - Bosco
Rúa - Ribadavia
UD Ourense B - Arenteiro
Quiroga - A Purísima
Velle - Chantada  
Pabellón ED Ourense - Calasancio 

 

GRUPO 1B

O Calasancio B foi contundente no seu resultado desta fin de semana ao vencer ao Polígono San Ciprián por 0-4. Malia o resultado avultado, non se abriu o marcador ata a segunda metade, no minuto 65. Despois chegaron os tantos cun intervalo de 5 minutos e o último deles consecuencia dun penalti. O equipo B está a dous puntos do grupo do ascenso e encadea catro vitorias consecutivas.

Consulta a clasificación aquí

POLÍGONO SAN CIPRIÁN 0 - 4 CALASANCIO B

ACD Polígono San Ciprián: Andrés, Xián, Álex, David, Íker, Juan, Yago, Rubén P, Aldo, Samuel e Joel. Tamén xogaron Hugo, Brais e Rubén N.
CP Calasancio B: Diego, Amadeo, Álvaro, Manuel, Sergio, Hugo G, Diego, Issame, Hugo L, Gutiérrez e Isaac. Tamén xogaron Nevin, Imad, Gabriel, Jaziel e Guillermo.
Goles: Isaac (65'), Hugo G (75'), Isaac (80') e Diego (85') de penalti.
Árbitro: André Paz López.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1B

Resultados xornada 7                                   

Polígono San Ciprián 0-4 Calasancio B
Allariz 1-3 A Peroxa 
Bosco B 0-6 Antela
Barbadás 4-1 A Purísima B
Cented Academy B 1-2 Arenteiro B
Santa Teresiña 3-3 Ourense CF B
Celanova 2-2 Maceda

 Próxima xornada                                       

Calasancio B - Celanova
A Peroxa - Polígono San Ciprián
Antela - Allariz 
A Purísima B - Bosco B
Arenteiro B - Barbadás   
Ourense CF B - Cented Academy B
Maceda - Santa Teresiña