A Piringalla conseguiu afastar ao Foz do primeiro posto tras gañarlle por 3-1 na casa

Ambos os equipos mantíñanse invictos ata o momento, pero a derrota deixou aos da Mariña no terceiro lugar do podio, por detrás agora do Becerreá

A Piringalla levouse por 3-1 o duelo contra o Foz que decidiu a cabeza da clasificación. Ata o momento, ámbolos dous equipos empataban a puntos no alto da lista, pero agora os da capital puxeron terra de por medio. Os anfitrións do Rodríguez Lago marcaron o primeiro a través de Iker na primeira metade e pareceu que mataran o partido co segundo do dianteiro. Contra todo prognostico, o Foz enganchouse ao duelo cun penalti no 80, pero os locais non descansaron ata deixalos sen opcións co terceiro de Lucas. 

O segundo posto ocúpao agora o Becerreá, que foi o máximo goleador desta xornada no enfrontamento contra o Residencia B. Despois dunha primeira metade bastante axustada que rematou cun 2-1 no marcador, o seguinte tempo foi moi distinto con catro goles máis a favor dos locais (6-1).

A Sarriana, no cuarto posto, gañoulle ao Polvorín na Ribela a pesar de quedar cun xogador menos. No minuto 22 os brancos adiantáronse cun tanto de Miguel, pero Diego puxo o empate para os amarelos. En intres os locais viron unha vermella e o Polvorín asinou o 1-2. Na segunda metade a Sarriana foi polo partido e conseguiu remontar con dous tantos de Rubén.

O único empate da fin de semana deuse no Rodríguez Lago entre o Casás e o Castro, que conseguiu coas táboas o seu primeiro punto. Os visitantes comezaron o duelo impoñéndose cun tanto de Noe, pero Yerai antes do descanso empatou o partido. Unha segunda metade sen acerto deixou o duelo no 1-1 definitivo.

Consulta a clasificación aquí 

A PIRINGALLA 3 - 1 FOZ

ADC A Piringalla: Manuel, Adan, Noe, Román, Simón, Lucas, Cristobal, Miguel, Erik, Hugo e Iker. Tamén xogaron Aarón, Pablo, Santiago, David e Javier.
CD Foz: Abraham, Rubén, Santiago, Roberto, Dylan, Miguel A, Pablo, Fran, José Maria, Gaizka e Gonzalo. Tamén xogaron Pedro, Xoel, Ignacio, Iván e Daniel. 
Goles: 1-0 (25'): Iker. 2-0 (59'): Iker de penalti. 2-1 (80'): José María de penalti. 3-1 (89'): Lucas. 
Árbitro: Yago Amil Castro. 

SARRIANA 3 - 2 POLVORÍN

SD Sarriana: Rubén, Pablo, Adrián, Nicolás, Xoel, Miguel, Smit, Javier, Rubén, Yago e Yerai. Tamén xogaron Johann, Gonzalo e Francisco. 
EF Polvorín: Christian, Mauro, Mario, Diego, Jhojan, Mateo, Sergio, Pablo, Diego, Adrián e Manuel. Tamén xogaron Adan, Manuel, Adam e Houssame. 
Goles: 1-0 (22'): Miguel. 1-1 (37'): Diego. 1-2 (45'): Mauro. 2-2 (56'): Rubén. 3-2 (70'): Rubén.
Árbitro: Adrián Fernandez Teijido.

BECERREÁ 6 - 1 RESIDENCIA B

SD Becerreá: Iago, Alejo, Claudiu, Adrián, Antón, Noel, Sergio O, Sergio G, Javier, Andrés e Higinio. Tamén xogaron Javier, Diego e David.
SD Residencia: Xurxo, Xurxo T, Nicolás, Xabier, David, Gabriel, Sergio, Adrián, Juan Antonio, Borja e Anxo. Tamén xogaron Óscar, Jorge, Javier, Alejandro e Unay.
Goles: 0-1 (5'): Borja. 1-1 (41'): Andrés. 2-1 (49'): Javier. 3-1 (60'): Javier. 4-1 (65'): Sergio. 5-1 (75'): Higinio. 6-1 (88'): Javier.
Árbitro: Iván Prado López.

CASÁS 1 - 1 CASTRO

CP Casás: Mario, Brais, Iván, Joel, Alberto, Diego, Breixo, Aarón, Yerai, Alejandro e Samuel. Tamén xogaron Raúl, José L, Mateo e Aleix.
CD Castro: Miguel, Hugo, Óscar, Adrián, Iván, Javier, David, Isaac, José E, Noe e David. Tamén xogaron Antón e Óscar.
Goles: 0-1 (9'): Noe. 1-1 (39'): Yerai.
Árbitro: Vicente Castro Rico.
                                                       
 
PRIMEIRA GALICIA XUVENIL - LUGO

Resultados xornada 4

A Piringalla 3-1 Foz
Sarriana 3-2 Polvorín
Becerreá 6-1 Residencia B
Casás 1-1 Castro

Próxima xornada

A Piringalla - Sarriana
Polvorín - Becerreá
Residencia B - Casás
Foz - Castro