Grupo 1
Poucos cambios na lista do grupo 1 a falta de tan só seis xornadas para pechar a liga regular. Ao Lugo B non hai quen o baixe do liderado, séguelle o Milagrosa e precisamente estes dous equipos tiñan que enfrontarse esta fin de semana. Os dous albivermellos adiaron o seu encontro para o vindeiro día 20 ás 19:30 no Luís Gorgoso. O Burela descansou esta xornada, co que os tres integrantes do podio non pisaron o verde.
No cuarto posto o Ceosport conseguiu os tres puntos na casa vencendo ao Guitiriz por 4-2. Un choque igualado na primeira metade que os locais desempataron con goles de Marco C e Pedro tralo descanso. O Porto Burela, que tamén gañou o sábado empata a 47 puntos co Ceosport. Os verdes impuxéronse ao Viveiro B a domicilio cun marcador de 2-5 despois de pasar polas táboas dúas veces no partido. Con 42 puntos está o Ribadeo, que gañou por sexta vez na casa ao superar ao Vilalbés B cunha diferenza de tres goles.
O Lourenzá, no número sete da clasificación, levouse os tres puntos para a Mariña cun triunfo ante a Comercial B. Os goles de Lucas e Michael déronlles a vitoria. O Castro conseguiu superar pola mínima ao Foz grazas ao gol de Iván no minuto 78. No caso do Polvorín B, asinou a maior goleada da xornada ao marcarlle un 7-1 á Piringalla B.
CEOSPORT 4 - 2 GUITIRIZ
Guitiriz SD: Javier, Ángel, Miguel, Jose, Marcos, Jonnathan, Iván, Oriol, Brais, Brais V e Aitor. Suplentes: Xan e Daniel.
Goles: 0-1 (14'): Jonnathan. 1-1 (16'): Hugo. 1-2 (22'): Jonnathan. 2-2 (40'): Marco. 3-2 (61'): Marco C. 4-2 (73'): Pedro.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.
FOZ 1 - 2 CASTRO
CD Castro: Aitor, Diego, Pablo, Iván, Mateo, Miguel, Diego C, Pablo R, Miguel D, Diego P e Sergio. Suplentes: Martin, Roi, Raúl, Diego V e Bruno.
Goles: 1-0 (51'): Nicolás. 1-1 (56'): Diego P. 1-2 (78'): Iván.
Árbitro: Raúl López Martínez.
VIVEIRO B 2 - 5 PORTO BURELA
SD Porto Burela: Manuel, Asier, Manuel B, Noel, Efrén, Jorge, Abdelmonsif, Samuel, Brais, Raúl e Brais A. Suplentes: Álvaro, Alejandro, Xabi, Hugo e Camilo.
Goles: 0-1 (6'): Efren. 1-1 (14'): Leo. 2-1 (16'): Leo. 2-2 (69'): Eric, en propia. 2-3 (74'): Abdelmonsif. 2-4 (79'): Brais A. 2-5 (82'): Efrén.
Árbitro: Aarón Sánchez Lópes.
RIBADEO 4 - 1 VILALBÉS B
Rácing C Vilalbés B: Alex, Enzo, Adrián, Bruno, Samuel, Anxo, Juan M, Anxo Q, Alberto, Martín e Alejandro. Suplentes: David G, Leandro M, Martín B, Hugo e Hugo C.
Goles: 1-0 (19'): Adán. 1-1 (33'): Anxo Q. 2-1 (55'): Xandre. 3-1 (70'): Isayas. 4-1 (77'): Antonio.
Árbitro: Alberto Rivera Gómez.
POLVORÍN B 7 - 1 A PIRINGALLA B
ADC A Piringalla B: Javier, Alejandro, Mateo, Raúl, Íker, Íker F, Sergio, Javier P, Uxío, Said A e Mateo C. Suplentes: Mario, Hugo, Noelia e Martín.
Goles: 1-0 (12'): Samuel. 2-0 (22'): Ahmed M. 3-0 (25'): Daniel. 3-1 (30'): Iker. 4-1 (36'): Arthur. 5-1 (72'): Ahmed M. 6-1 (74'): Arthur. 7-1 (79'): Arthur.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.
COMERCIAL B 0 - 2 LOURENZÁ
ED Lourenzá: Rubén M, Nahuel, Fabián, Anxo, Iago, Lucas, Mateo, Pablo, Michael L, Alex e Manoel. Suplentes: Borja, Sergio, Gael, Hugo e Bruno.
Goles: 0-1 (53'): Lucas. 0-2 (79'): Michael L.
Árbitro: Juan Luis Fernández Pita.
PRIMEIRA GALICIA INFANTIL - LUGO GRUPO 1 |
---|
Ceosport | 4-2 | Guitiriz |
Lugo B | A | Milagrosa |
Foz | 1-2 | Castro |
Viveiro B | 2-5 | Porto Burela |
Ribadeo | 4-1 | Vilalbés B |
Polvorín B | 7-1 | A Piringalla B |
Comercial B | 0-2 | Lourenzá |
D | Burela |
Comercial B | - | Ceosport |
Guitiriz | - | Lugo B |
Milagrosa | - | Foz |
Castro | - | Viveiro B |
Porto Burela | - | Burela |
Vilalbés B | - | Polvorín B |
A Piringalla B | - | Lourenzá |
D | Ribadeo |
Grupo 2
No grupo 2 si se celebrou o encontro entre o primeiro e o segundo clasificado. A Piringalla recibiu ao Polvorín no Luís Gorgoso e malia competir ben non puido dobregar a superioridade do líder, que se acabou levando o encontro por 4-0.v O Sagrado Corazón, terceiro, conseguiu tamén superar á Sarriana a domicilio. Os brancos adiantáronse e fóronse ao descanso cun 2-1 grazas a un penalti, pero a volta o Sagrado remontou e levouse a vitoria por 2-4.
O Becerreá segue coa mirada no podio, cun punto menos que o terceiro. Levan seis vitorias consecutivas tras gañarlle ao Casás por 2-3 na Cheda. Un igualado encontro no que Iván lle deu os tres puntos aos vermellos. O Residencia B e o San Roque levan tamén unha boa xeira, con catro vitorias consecutivas. Ambos conseguiron esta xornada dúas goleadas ante o Monterroso e o Gimnástica, respectivamente.
Despois de dúas derrotas, o Palas deu a sorpresa cun triunfo a domicilio ante o Antas, tres postos por riba deles. Na primeira metade xa ían 0-5 e aínda que os locais reaccionaron facendo catro goles na segunda metade, non foi suficiente. Tamén rompeu coa mala xeira o Corgo, que foi mellor que a Comercial no Rodríguez Lago e pechou o marcador cun 0-3. A Ferroviaria e o Ceosport Lucense B séguense na lista nos postos doce e trece e pecharon a xornada cun empata a un.
A PIRINGALLA 0 - 4 POLVORÍN
EF Polvorín: Carlos, David, Pablo, Adrián, Sergio, Miguel, Bruno, Hugo, Iván, Nicolás e Daniel. Suplentes: Sergio V, Aarón e Mateo.
Goles: 0-1 (29'): Bruno. 0-2 (36'): Alejandro, en propia. 0-3 (39'): Adrián. 0-4 (52'): Pablo.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.
COMERCIAL 0 - 3 CORGO
CD Corgo: Iago, Héctor, Marcos, Mario, Luis, Brais, Hadrián, Xavi, Adrián, Juan e Yanis V. Suplentes: Hugo, Álvaro, Hugo O e Daniel.
Goles: 0-1 (17'): Adrián. 0-2 (60'): Adrián. 0-3 (75'): Xavi.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.
CASÁS 2 - 3 BECERREÁ
SD Becerreá: Teo, Samuel, Hugo, Iván, Hugo Q, Daniel, Iago, Hugo P, Javier, Nicolás e Mario. Suplentes: David, Martín, Eric, Xoel e Mateo.
Goles: 1-0 (5'): Israel. 1-1 (31'): Nicolás. 1-2 (61'): Javier. 2-2 (68'): Iliasse. 2-3 (79'): Iván.
Árbitro: Brenda Lence Iglesias.
RESIDENCIA B 7 - 1 MONTERROSO
SD Monterroso: Adrián E, Felipe, Diego, David, Aitor, María, Brais, Marcos, Jesús, Anxo e Saúl. Suplentes: Uxío e David V.
Goles: 1-0 (3'): María, en propia. 2-0 (5'): Hugo R. 3-0 (19'): Fernando. 3-1 (30'): Brais. 4-1 (34'): Lucas. 5-1 (37'): Lucas. 6-1 (58'): Xoel. 7-1 (67'): Fernando.
Árbitro: Víctor Jacobo Rodríguez Bernal.
ANTAS 4 - 6 PALAS
Palas CD: David, Samuel, Elkis M, Cristian, Emmanuel, Israel, Marcos, Antón, Hugo, Alex e David F. Suplentes: David O, Daniel, Rodrigo, Adrián e Alex G.
Goles: 0-1 (4'): Alex. 0-2 (10'): Israel. 0-3 (14'): David F. 0-4 (31'): Alex. 0-5 (39'): Alex. 1-5 (65'): Lucas. 2-5 (69'): David, en propia. 3-5 (75'): Mateo. 4-5 (83'): Alejandro. 4-6 (88'): Alex.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.
SARRIANA 2 - 4 SAGRADO CORAZÓN
ADC Sagrado Corazón: Diego, Alejandro, Eduardo, Atila, Jacobo, Manuel J, Raúl, Rubén, Ricardo, Manuel e Lucas. Suplentes: Iazeel, Adrián, Martín, Francisco e Juan S.
Goles: 1-0 (16'): Brais. 1-1 (28'): Ricardo. 2-1 (40'): Gonzalo, de penalti. 2-2 (55'): Manuel J. 2-3 (68'): Ricardo. 2-4 (80'): Jacobo.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandío.
SAN ROQUE 11 - 0 GIMNÁSTICA LUCENSE
Asociación Gimnástica Lucense: Lucas, Brais, Martín, Adrián, Nico, Héctor, Alejandro, Gabriel, Lucas N, Enrique e Xián. Suplentes: Eduardo, Santiago, Sergio e Brais M.
Goles: 1-0 (3'): Marcos. 2-0 (4'): Daniel. 3-0 (10'): Jordan F. 4-0 (13'): Jordan F. 5-0 (23'): Jheremy. 6-0 (26'): Jheremy. 7-0 (35'): Adrian. 8-0 (36'): Pablo. 9-0 (38'): Jheremy. 10-0 (54'): Pablo. 11-0 (61'): Adrian.
Árbitro: Diego Seco Barreira.
FERROVIARIA 1 - 1 CEOSPORT B
Ceosport Lucense B: Hugo, Alex, Alejandro, Adrián, Andrés, Mauro, Iker, Ignacio, Carlos, Jorge e Samuel X. Suplentes: Erik, Jairo, Ignacio B, Jorge M e Andrés.
Goles: 1-0 (21'): Ángel D. 1-1 (54'): Ignacio B.
Árbitro: Soufiane Belhelba.
PRIMEIRA GALICIA INFANTIL - LUGO GRUPO 2 |
---|
A Piringalla | 0-4 | Polvorín |
Comercial | 0-3 | Corgo |
Casás | 2-3 | Becerreá |
Residencia B | 7-1 | Monterroso |
Antas | 4-6 | Palas |
Sarriana | 2-4 | Sagrado Corazón |
Ferroviaria | 1-1 | Ceosport B |
San Roque | 11-0 | Gimnástica |
Gimnástica | - | A Piringalla |
Polvorín | - | Comercial |
Corgo | - | Casás |
Becerreá | - | Residencia B |
Monterroso | - | Antas |
Palas | - | Sarriana |
Sagrado Corazón | - | Ferroviaria |
Ceosport B | - | San Roque |