Grupo 1
O Ribadeo subiu ao cuarto posto do grupo 1 tras vencer ao segundo clasificado, o Pontenova. Despois dunha primeira metade competida, os da Mariña abriron o marcador a través de Jorge e Alexandro pechou o resultado co 0-2. Baixou así o Guitiriz ao número cinco da lista, xa que descansou esta xornada. O Vilalbés segue no primeiro posto e conseguiu gañar na Magdalena ao Residencia B por 2-1. Aos chairegos púxoselles cedo o partido a favor, xa que no minuto catro abriron o marcador a través de David. O 1-0 mantívose ata o descanso e na segunda metade Fabián fixo o segundo para os locais. O Residencia apertou e conseguiu recortar distancias cun gol, pero o marcador pechouse así.
O Castro asinou a cuarta vitoria consecutiva ao superar ao Río Ouro a domicilio e púxose a dous puntos do Pontenova. Os vermellos dominaron o encontro e xa na primeira metade conseguían unha diferenza de 0-4 no taboleiro. Os locais aproveitaron dúas ocasións no segundo tempo para poñerse 2-4 e con iso rematou o partido. Outra vitoria coma visitante foi a do Milagrosa B, que se impuxo á Piringalla B por 2-6 nun choque dominado de principio a fin. O Polvorín B deu a sorpresa conseguindo a súa terceira vitoria do curso contra o Viveiro B. Os celestes conseguiron abrir o marcador, na segunda metade, pero na recta final do encontro os amarelos déronlle a volta ao electrónico.
A PIRINGALLA B 2 - 6 MILAGROSA B
SCD Milagrosa B: Antonio, Juan, Iago, Aitor, Pablo, Bruno, Jose, Taha, Sebastiam A, Álvaro e Alejandro. Tamén xogaron Pablo R, Javier, Caxide, Mateo e Manuel.
Goles: 0-1 (7'): Iago. 0-2 (23'): Jose. 0-3 (37'): Taha. 0-4 (60'): Manuel. 1-4 (65'): Kamal. 1-5 (70'): Santiago, en propia. 1-6 (73'): Pablo R. 2-6 (79'): Samuel.
Árbitro: David Ferreira Valín.
POLVORÍN B 2 - 1 VIVEIRO B
SD Viveiro B: Andrés, Nicolás, Mateo, Saúl, Daniel, Luis C, Xoel, Pablo, David, Brais e Diego. Tamén xogaron Hugo, Bruno, Lucas e Xoel C.
Goles: 0-1 (51'): Saúl. 1-1 (77'): Xoan. 2-1 (80'): Mateo, de penalti.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.
PONTENOVA 0 - 2 RIBADEO
SD Ribadeo: Alvaro, Alessandro, Andrés, Fabián, Arturo, Hugo, Jorge, Alexandro A, Daniel, Saúl e Javier. Tamén xogaron Lucas, Jose M, Álvaro G, Álvaro B e David.
Goles: 0-1 (71'): Jorge. 0-2 (84'): Alexandro A.
Árbitro: Antonio Javier Lanzos Rey.
RÍO OURO 2 - 4 CASTRO
CD Castro: Aitor, Íker, Lucas, Iván, Marcos, Azael, Raúl, Jose, Álvaro, Íker F e Xabier. Tamén xogaron Diego P, Miguel e Diego.
Goles: 0-1 (11'): Álvaro. 0-2 (22'): Íker. 0-3 (33'): Xabier. 0-4 (44'): Raúl. 1-4 (55'): Joao. 2-4 (70'): Joao.
Árbitro: Óscar Leal Montesinos.
VILALBÉS 2 - 1 RESIDENCIA B
SD Residencia B: Félix, Samuel, Roi, Lucas, Álvaro, Iván, Brahian L, Mauro, Alejandro, Daniel e Íker. Tamén xogaron Hugo, Pablo, Iván N e Alexander M.
Goles: 1-0 (4'): David. 2-0 (52'): Fabián. 2-1 (63'): Íker.
Árbitro: Xoel Gacio Carreira.
PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 1 |
---|
A Piringalla B | 2-6 | Milagrosa B |
Polvorín B | 2-1 | Viveiro B |
Pontenova | 0-2 | Ribadeo |
Río Ouro | 2-4 | Castro |
Vilalbés | 2-4 | Residencia B |
D | Guitiriz |
Milagrosa B | - | Guitiriz |
Viveiro B | - | A Piringalla B |
Ribadeo | - | Polvorín B |
Castro | - | Pontenova |
Residencia B | - | Río Ouro |
D | Vilalbés |
Grupo 2
Esta fin de semana celebrouse un competido enfrontamento entre o Corgo e o Antas, no que caeron os visitantes por 3-2. Os de Ulla, que caeron do podio hai un par de xornadas, comezaron poñéndose por diante, pero á media hora Jose empatou para o Corgo. Na segunda parte, repetiuse o conto e ao final un gol de Juan deulle o triunfo aos locais. O Residencia, segue líder invicto do grupo 2, con 18 vitorias tras golear ao Palas por 7-0.
A Sarriana segue polo momento no terceiro posto, segue na boa xeira e esta xornada foi quen de gañarlle ao Becerreá. Os brancos adiantáronse, pero fóronse ao descanso empatados despois dun penalti. No segundo tempo o dobrete de Adrián deulles os tres puntos. Están así a dous do Corgo, que xunto co Residencia están metidos no play off de ascenso. No caso do Polvorín e A Piringalla, quinto e sexto, gañaron por segunda vez consecutiva. Ambos os dous equipos o fixeron coma visitantes, os amarelos golearon ao Casás por 2-14, mentres que A Piringalla superou á Ferroviaria cun taboleiro de 1-5.
RESIDENCIA 7 - 0 PALAS
Palas CD: Raúl, Anxo, Juan, Hugo, David, Iago, Víctor, Samuel, Alex, Sergio e Antón. Tamén xogaron Alexandre, Diego e Lucas.
Goles: 1-0 (4'): Uriel. 2-0 (33'): Juan, en propia. 3-0 (45'): Juan, en propia. 4-0 (68'): David. 5-0 (71'): Alejandro. 6-0 (73'): Roberto D. 7-0 (75'): Uriel.
Árbitro: Soufiane Belhelba.
CORGO 3 - 2 ANTAS
SD Antas: Lucas, Ignacio, Joaquín, Hugo, Xoel, Gael, Marcos, Diego, Efrén, Alexandre e Albert D. Tamén xogaron Antonio, Norberto e Unai.
Goles: 0-1 (16'): Efrén. 1-1 (31'): Jose. 1-2 (72'): Albert D. 2-2 (78'): Ethan. 3-2 (81'): Juan.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.
BECERREÁ 1 - 3 SARRIANA
SD Sarriana: Rubén, Óscar, Fiz, Luis, Adrian, Pablo, Wangyiran, Joao P, Antoni, Hugo e Manuel. Tamén xogaron Gonzalo, Ander, Sergio e Zaid.
Goles: 0-1 (10'): Joao P. 1-1 (20'): Borja, de penalti. 1-2 (48'): Adrián. 1-3 (55'): Adrián, de penalti.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandio.
CASÁS 2 - 14 POLVORÍN
EF Polvorín: Carlos, David, Luca, Pablo, Saúl, Manuel, Manuel V, Iván, Alex, Adrián e Rubén. Tamén xogaron Anxo, Pablo V, Diego, Hugo e Aldán.
Goles: 0-1 (2'): Pablo. 0-2 (23'): Pablo. 0-3 (24'): Pablo. 0-4 (29'): Pablo. 0-5 (32'): Iván. 0-6 (36'): Alex. 0-7 (42'): David. 0-8 (53'): Manuel. 0-9 (59'): Luca. 0-10 (66'): Luca. 1-10 (69'): Tulio. 2-10 (70'): Alonso. 2-11 (71'): Luca. 2-12 (73'): Anxo. 2-13 (74'): Anxo. 2-14 (80'): Carlos.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.
FERROVIARIA 1 - 5 A PIRINGALLA
ADC A Piringalla: Diego, Hugo, Iago, Brais, Iván, Alex, Rubén, Adrián, Pablo, Pablo P e Hugo G. Tamén xogaron Andrés, Telmo, Brais V, Breixo e José.
Goles: 1-0 (5'): Pablo. 1-1 (27'): Pablo. 1-2 (43'): Hugo G. 1-3 (57'): Hugo G. 1-4 (77'): Rubén. 1-5 (79'): José.
Árbitro: Iván Vilela Soilán.
PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 2 |
---|
Residencia | 7-0 | Palas |
Corgo | 3-2 | Antas |
Becerreá | 1-3 | Sarriana |
Casás | 2-14 | Polvorín |
Ferroviaria | 1-5 | A Piringalla |
D | Sagrado Corazó |
Palas | - | Sagrado Corazón |
Antas | - | Residencia |
Sarriana | - | Corgo |
Polvorín | - | Becerreá |
A Piringalla | - | Casás |
D | Ferroviaria |