O Corgo xa está en cuartos da Copa Deputación

A nova competición comezou co seu encontro adiantado de oitavos contra o Residencia e máis os seis duelos da ronda previa

Torneo Delegación

FINAL

O Antas e o Guitiriz disputarán a final do Torneo Delegación o vindeiro mércores 17 de maio. Os de Ulla superaran ao Milagrosa B nas semifinais, mentres que os guitiricenses eliminaron ao Ribadeo. Agora enfrontaranse no Castro Seoane para decidir quen se leva o trofeo de ouro.

Consulta a clasificación aquí

PRIMEIRA CADETE LUGO - TORNEO DELEGACIÓN

Final 

Antas - Guitiriz

 

Copa Deputación

RONDA PREVIA

Esta fin de semana arrincou a Copa Deputación na categoría cadete coa celebración da ronda previa e máis un partido de oitavos. Por clasificación, hai dez equipos que pasaron directamente aos oitavos de final e o Residencia B e o Corgo adiantaron o seu encontro para o venres. A Cheda acolleu un duelo que se acabou levando o conxunto visitante, pois gañou pola mínima grazas a un tanto de José. Con isto, o Corgo está xa nos cuartos de final. O resto de duelos desa segunda eliminatoria celebraranse a vindeira fin de semana.

Na ronda previa, o primeiro en clasificarse foi a Sarriana, xa que abriu a xornada e impoñéndose á Piringalla B no Rodríguez Lago cun avultado 0-4. O Polvorín conseguiu eliminar ao Becerreá con solvencia, ao gañarlle por 1-5. Tamén se meteu en oitavos coma visitante o Palas, cun taboleiro de 1-3 sobre o Polvorín.

O duelo entre o Vilalbés e o Antas tivo que resolverse a penaltis. O cadro do Roca conseguiu igualarlle o marcador aos visitantes dúas veces, co que o partido rematou en 2-2 Na quenda de penaltis, o Antas impúxose por 5-6. No Marcos Gómez o Viveiro eliminou ao Guitiriz, pois remontoulle con goles de Xoel e Mateo na segunda parte. O Milagrosa conseguiu tamén o pase a oitavos ao superar ao Río Ouro no Luís Gorgoso cun resultado de 2-0.

Consulta a clasificación aquí

RESIDENCIA B 0 - 1 CORGO

SD Residencia B: Pablo, Miguel, Samuel, Roi, Lucas, Iván, Brahian L, Mauro, Alejandro, David e Adrián. Tamén xogaron Iván N, Hugo, Martín, Félix e Iago.
CD Corgo: Fabian, Xoel, Ethan, Sergio, Alex, Juan, Magín, Pablo, Adrián, Carlos e José. Tamén xogaron Samuel, Juan L, Joel e Adrián D.
Goles: 0-1 (75'): José.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

RACING VILALBÉS 2 - 2 ANTAS

Racing Club Vilalbés: Xabier, Daniel, Rubén, Daniel C, Diego, Eduardo, Alex, Fabián, Paulo, David e Mateo. Tamén xogaron Bruno, Samuel D, Iván, Nizar e Hugo.
SD Antas: Lucas, Ignacio, Joaquín, Hugo, Xoel, Gael, Marcos, Diego, Efrén, Alexandre e Albert D. Suplentes: Antonio, Unai e Norberto.
Goles: 0-1 (36'): Diego. 1-1 (65'): Eduardo. 1-2 (67'): Efrén. 2-2 (76'): Paulo.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.

BECERREÁ 1 - 5 POLVORÍN

SD Becerreá: Alex, Alex L, Enrique, Saul, David, Unai, Mito, Pelayo, Javier, Borja e Mario. Tamén xogaron Mario G, Alexandru G, Alejandro e Daniel.
EF Polvorín: Adán R, Pablo, David, Luca, Pablo P, Saúl, Jaime, Alex, Anxo, Bruno e Diego. Tamén xogaron Javier, Ivan, Aldán, Manuel e Manuel V.
Goles: 0-1 (2'): David. 0-2 (10'): Luca, de penalti. 1-2 (21'): Javier. 1-3 (43'): Pablo P. 1-4 (47'): Anxo. 1-5 (80'): Pablo.
Árbitro: Josué Villabrille Forja.

 MILAGROSA B 2 - 0 RÍO OURO

SCD Milagrosa B: Antonio, Luis S, Javier, Mateo, Alejandro, Pablo, Caxide, Bruno, Jose, Sebastiam A e Álvaro. Tamén xogaron Juan, Manuel, Aitor e Taha.
AD Río Ouro: Ángel, Anxo, Daniel, Ezequiel, Hugo, Daniel N, Joao, Aaron, Ilena, Gabriel e María. Tamén xogaron Izan, Iván, Álvaro, Hugo G e Sergio.
Goles: 1-0 (25'): Pablo. 2-0 (75'): Aitor.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

POLVORÍN B 1 - 3 PALAS 

EF Polvorín B: Daniel, Miguel, Adrián, Xoan, David, Fabián, Joan E, Javier, Rodrigo, Oihan e Iker. Tamén xogaron Anton, Arthur, Andrés e David F.
Palas CD: Adrián, Anxo, Juan, Raúl, Hugo, David, Hugo M, Iago, Diego, Samuel e Anton. Tamén xogaron Alex, David S, Diego L, Víctor e Ares.
Goles: 0-1 (20'): Iago. 1-1 (26'): Iker. 1-2 (47'): David, de penalti. 1-3 (55'): Iago.
Árbitro: Miguel Pin Calvin.

 VIVEIRO B 2 - 1 GUITIRIZ 

SD Viveiro B: Andres, Alejandro, Anton, Mateo, Saul, Oscar F, Daniel, Luis C, Xoel, Pablo e David. Tamén xogaron Nicolás, Manuel, Diego, Ignacio e Bruno.
Guitiriz SD: David, Daniel, Xoel, Daniel M, Rubén, Estevo, Óscar, Aitor, Nicolás, Martin e Anxo. Tamén xogaron Asier, Sergio, Hugo, Juan e Brais.
Goles: 0-1 (13'): Estevo. 1-1 (43'): Xoel, de penalti. 2-1 (62'): Mateo.
Árbitro: Aaron Sanchez Lopes.

 A PIRINGALLA B 0 - 4 SARRIANA

ADC A Piringalla B: Rafael, Edgar, Guillermo, Daniel, Xabier, Santiago, Joel, Frank R, Iago, Edgar O e Kamal. Tamén xogaron Anxo, Samuel B e Samuel.
SD Sarriana: Rubén, Unai, Fiz, Luis, Pablo, Joao P, Raúl, Juan, Antoni, Xoel e Manuel. Tamén xogaron Hugo, Óscar, Boyan S, Sergio e Ander.
Goles: 0-1 (49'): Xoel. 0-2 (53'): Boyan S. 0-3 (55'): Antoni. 0-4 (68'): Boyan S.
Árbitro: David Rodríguez López.

 

PRIMEIRA CADETE  LUGO - COPA DEPUTACIÓN

Resultados Ronda Previa 

Vilalbés 2-2 Antas
Becerreá 1-5 Polvorín
Milagrosa B 2-0 Río Ouro
Polvorín B 1-3 Palas
Viveiro B 2-1 Guitiriz
A Piringalla 0-4 Sarriana

Resultado partido adiantado Oitavos 

Residencia B 0-1 Corgo