O Residencia é de Galega tras impoñerse comodamente contra o Vilalbés no duelo de volta

Os da capital lucense ían coa vantaxe a favor despois de gañar no Roca o partido de ida por 0-1, pero esta vez mandaron na Cheda conseguindo unha vitoria de 5-0

Play off Ascenso

FINAL

O Residencia fíxose dono da praza na Galega, tras gañarlle na final ao Vilalbés. Ambos os dous campións dos grupos norte e sur chegaron á derradeira eliminatoria polo ascenso, pero tras impoñerse na ida, os da capital provincial deixaron ao Rácing sen opcións. O duelo celebrado na Cheda foi dominado polos locais, que puxeron o partido ao seu favor marcando xa catro goles na primeira media hora de partido. Os chairegos intentaron dar un paso adiante, pero Xavi chegou para asinar un dobrete e o 5-0 que fixo morrer o partido. 

Consulta a clasificación aquí

RESIDENCIA 5 - 0 VILALBÉS

SD Residencia: Cristian, Adrián, Samuel, Uriel, Manuel, Alejandro, David, Pablo, Jonas G, Roberto D e Xavi. Tamén xogaron Xurxo, Jorge, Rodrigo, Lucas e Unay.
Rácing Club Vilalbés: Xabier, Mario, Hugo, Daniel, Sergio, Diego, Alex, Eduardo, Paulo, David e Diego L. Tamén xogaron Iker, Samuel, Adrián, Fabián e Rubén.
Goles: 1-0 (4'): Uriel. 2-0 (12'): Xavi. 3-0 (15'): Uriel. 4-0 (33'): Samuel. 5-0 (60'): Xavi.
Árbitro: Álvaro Valín González.
 
CADETE GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Final Ida 

Vilalbés 0-1 Residencia

Final Volta 

Residencia 5-0 Vilalbés

 

Torneo Delegación

SEMIFINAIS

O Antas e o Guitiriz pasan á final do Torneo Delegación despois de resolver os dous partidos a penaltis. O Antas empatou contra o Milagrosa a domicilio, pero na quenda de penaltis vencéronlles por 4-5. A vindeira fin de semana enfrontaranse na final contra o Guitiriz, que se impuxo ao Ribadeo. Nos primeiros dez minutos de partido o marcador xa alumaba un 1-1, pero os locais conseguiron adiantarse en pouco tempo. O 2-1 se mantivo ata o descanso, pero na segunda metade Jorge empatou o partido. O Guitiriz foi mellor nos penaltis, metendo catro fronte aos dous do Ribadeo.

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA B 1 - 1 ANTAS

SCD Milagrosa B: Antonio, Juan, Manuel, Luís, Javier, Alejandro, Pablo, Bruno, Jose, Taha e Álvaro. Tamén xogou Aitor, Pablo, Sebastiam e Mateo.
SD Antas: Lucas, Ignacio, Joaquín, Hugo, Xoel, Gael, Marcos, Diego, Efrén, Alexandre e Albert Daniel. Tamén xogou Antonio.
Goles: Alexandre para o Antas e Manuel para o Milagrosa B.
Penaltis: 4-5.
Árbitro: Adrián Estraviz Cerdeira

GUITIRIZ 2 - 2 RIBADEO

Guitiriz SD: David, Daniel, Xoel, Daniel M, Rubén, Asier, Brais, Juan, Óscar, Aitor e Anxo. Tamén xogou Martín.
SD Ribadeo: Álvaro, Andre, Arturo, Jose M, Pablo, Álvaro B, Jorge, Alexandro A, Lucas, Lucas C e David. Tamén xogaron Fabian, Iago, Izan, Hugo e Álvaro G.
Goles: 1-0 (8'): Brais. 1-1 (9'): Jorge. 2-1 (17'): Juan. 2-2 (56'): Jorge.
Penaltis: 4-2.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.

 

CADETE GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN

Resultados 

Milagrosa B 1-1 Antas
Guitiriz 2-2 Ribadeo