O Castro volveu ao podio despois de vencer ao San Ciprián no Arturo Pereiro

O equipo de Juan Peón tivo que sufrir para aguantar o resultado, pero fíxoo e aproveitou as derrotas do Outeiro de Rei e do Foz para subir ao terceiro posto

A xornada número once volveu deixar cambios nun alto da lista moi igualado. O Castro incorporouse ao podio coa vitoria sobre o San Ciprián, un partido no que saíu ben posicionado e logrou adiantarse a través de Rodolfo. No segundo tempo, os da Mariña quedaron cun menos, pero lograron o empate nun penalti. Os de Juan Peón volveron poñerse por diante, pero sufriron xa que o San Ciprián buscou o empate ata o final. 

Mantéñense no alto o Pol e o Atlético Escairón, que venceron en partidos complicados. Os líderes conseguiron os tres puntos a domicilio contra o Outeiro, quen tivo as primeiras ocasións pero fixo un gol en propia no 21’. Pouco despois Michi marcou o 0-2 nun golpeo afastado. Na segunda metade os locais seguiron tendo disparos á portería, pero malia anotar o 1-2 nun penalti, non conseguiron remontarlle ao Pol. No duelo do Escairón, o Antas púidolle plantar cara e marcou primeiro. Porén o partido foise co 1-2 ao descanso. Tralo intermedio os do Atlético aumentaron a distancia, pero os de Ulla apertaron co 2-3. Ambos tiveron algunha oportunidade máis, pero así se saldou o choque.

O Chantada subiu ao cuarto posto despois de conseguir a goleada mais avultada do curso contra o Pastoricense (0-6). Pola contra, o Foz baixou ao sexto lugar despois de ser superado polo Chantada Atlético nun duelo no que houbo tamén moitos goles. Despois de que os da Mariña empataran co 2-2, os de Fernando Corredoira non deixaron escapar o triunfo anotando catro goles máis.

No duelo mariñao desta xornada o Burela rematou perdendo dous puntos contra o Lourenzá e baixando un posto na lista. Os anfitrións do Santa Cruz tiveron o balón ante un rival  que trataba de saír á contra e se puxo 0-2. O Lourenzá seguiu creando xogo ata empatar e dende aí calquera puido gañar, pero as táboas selaron o taboleiro. O Xove Lago mantense no noveno posto malia caer esta xornada contra o Monterroso. Na primeira metade adiantáronse os da Mariña e o duelo estivo igualado, pero ao inicio do segundo tempo mancouse un xogador do Xove e o partido parou media hora. Na reanudación remontou o Monterroso, pero os visitantes empataron despois dun mal despexe. Os de San Cristóbal non deixaron escapar a vitoria e marcaron o 3-2 nunha boa contra.

Pola parte do Santaballés, por fin viu unha vitoria tras cinco xornadas. Foi contra un Riotorto que comezou sendo dominado, pero que chegou antes á portería rival cun tanto de Isaac. Os de Víctor López empataron tras un centro lateral e marcaron o 2-1. Para rematar, precisamente o partido do Taboada e o Pontenova foi o que abriu a xornada o sábado, un choque con 12 goles que caeu do lado dos locais despois de remontar.

Consulta a clasificación aquí

OUTEIRO DE REI 1 - 2 POL

SD Outeiro De Rei: Carlos, Jonatan, Marcos, Óscar, Álvaro, Jorge, Diego, Aarón, Vicente, David e Samuel. Tamén xogaron Álvaro V, Denis, Daniel e Lucas.
SD Pol: Manuel, Adrián, Nathaniel, Pablo, Rubén, Miguel, Daniel, Juan C, Diego, Xoel e Oladapo. Tamén xogaron Gerardo, Martín, Diego G e Aarón.
Goles: 0-1 (21'): Jonatan, en propia. 0-2 (36'): Miguel. 1-2 (57'): Jorge, de penalti.
Árbitro: Xavier Rebolo Jul.

CHANTADA ATL 6 - 3 FOZ

Chantada Atl: Anxo, Alejandro, Cesar, Luis, Brais, Cristian, Pablo M, Pablo, David, Anxo O e Daniel. Tamén xogaron Javier, Adrián, Brais P e André.
CD Foz: Alonso, Ángel, Alberto, Óscar, Daniel, Gonzalo, Manuel, Jose, Adrián, Hugo e Samuel. Tamén xogaron Aitor, Víctor P e Víctor.
Goles: 1-0 (1'): Brais. 2-0 (18'): David. 2-1 (23'): Hugo. 2-2 (44'): Manuel. 3-2 (62'): Luis. 4-2 (65'): Adrián. 4-3 (78'): Daniel. 5-3 (89'): Adrián. 6-3 (90'): Brais P.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

MONTERROSO 3 - 2 XOVE LAGO

SD Monterroso: Rubén, Jose V, Davor, Balbino A, Lorenzo, Raúl, Cristian, Iago, Martin, David e Antonio. Tamén xogaron Iván, Diego, Raúl A e Marco A.
UD Xove Lago: Alejandro, Fernando, Óscar, Pelayo, Diego, Maikel, Pedro, Carlos, Kevin, Jorge e Xesús F. Tamén xogaron Diego C e Hugo.
Goles: 0-1 (13'): Pelayo. 1-1 (59'): Lorenzo, de penalti. 2-1 (64'): David. 2-2 (86'): Diego C. 3-2 (89'): Lorenzo.
Árbitro: Álvaro Valín González.

SANTABALLÉS 2 - 1 RIOTORTO

CD Santaballés: Iván, Rubén, Daniel, Alejandro, Alberto, Óscar, David, Martin, Adrián, Alejandro N e Hugo. Tamén xogaron Xosé e Jesús.
CF Riotorto: Daniel, Manuel, Manuel R, Jose L, Isaac, Cesar, Pablo, Miguel, Javier, Adrián e Isaac R. Tamén xogaron Mawdo, Adrián F e Dilan A.
Goles: 0-1 (50'): Isaac R. 1-1 (81'): Alejandro N. 2-1 (86'): Adrián.
Árbitro: David Rodríguez López.

CASTRO 2 - 1 SAN CIPRIÁN

CD Castro: David, Roberto, Jose L, Diego, Iván, Borja, Hugo, Rodolfo, Luis R, Diego M e Juan M. Tamén xogaron Adrián, Noel, Óscar e Víctor.
CD San Ciprián: Javier, Deonildo, Edegar, Rodrigo, Marcos, Xoel, Joao, Antón, Adilson, Daniel e Samuel. Tamén xogaron Giobane R, Daniel G e Miguel.
Goles: 1-0 (14'): Rodolfo. 1-1 (60'): Antón, de penalti. 2-1 (70'): Hugo.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.

ANTAS 2 - 3 ATLÉTICO ESCAIRÓN

SD Antas: Kevin, Jose C, Félix, Javier, Martin, Cristian, Xurxo, Marcos, Alejandro, Alejandro V e Rafael. Tamén xogaron Nicolás, Sergio, Juan, Andrés e Jesús.
Atlético Escairón: Marcos, Félix, Sergio, Javier, Rubén, Aitor M, Julio, Asier, Denis, Mouhamed e Adrián. Tamén xogaron Jose I, Óscar, Antonio V e Iker.
Goles: 1-0 (5'): Marcos. 1-1 (20'): Asier. 1-2 (24'): Denis. 1-3 (74'): Adrián. 2-3 (79'): Alejandro.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

LOURENZÁ 2 - 2 BURELA

ED Lourenza: Clemente, Jose A, Miguel, Jorge, Jose A J, Luis, Paulo, Yago, Jesús, Óscar e Iván. Tamén xogaron Xoel, Diego e Miguel Y.
Burela SD: Simón, Adrián, Xoel, Brais, Miguel A, Yeray, Javier, Pablo, Alejandro, David e Hugo. Tamén xogaron Yago, Antón, Jairo, Flavio M e Iván.
Goles: 0-1 (8'): David. 0-2 (59'): David. 1-2 (63'): Jose A B. 2-2 (75'): Jorge.
Árbitro: Marco A Fernández Vázquez.

PASTORICENSE 0 - 6 CHANTADA

UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago, Adrián, Martin, Iago G, Manuel, Adrián S, Asier, Alejandro e Raúl. Tamén xogaron Cristian, Brais, Jordi, Diego S e Alejandro I.
SD Chantada: Adrián, Alberto, Pablo, Jose R, Manuel, David, Miguel, Pedro, David F, Alexandre e Alejandro. Tamén xogaron Celso, Manuel P, Pablo I, Hugo e Sergio.
Goles: 0-1 (15'): Alejandro. 0-2 (22'): Alejandro. 0-3 (28'): Miguel. 0-4 (39'): Jose R. 0-5 (41'): Manuel. 0-6 (50'): David.
Árbitro: David Méndez Moreda.

TABOADA 7 - 5 PONTENOVA

Taboada CF: Ismael, Juan J, Diego, Miguel, Fabio, Iban, Adrián, Manuel, Adrián F, Manuel V e Gabriel. Tamén xogaron Sergio, Rubén, Jacobo, Manuel G e Roi.
SP Pontenova: Brais, Marcos, Mario, Juan, Alex, Borja, Ioan, Jorge M, Esteban, Hugo e Gheorghe C. Tamén xogaron Anxo, Samuel, David, David R e Hugo M.
Goles: 0-1 (6'): Ioan. 1-1 (12'): Manuel. 2-1 (35'): Diego. 3-1 (39'): Miguel. 3-2 (45'): Borja. 4-2 (57'): Gabriel. 4-3 (59'): Anxo. 5-3 (65'): Miguel. 6-3 (68'): Diego, de penalti. 7-3 (71'): Diego, de penalti. 7-4 (82'): Anxo. 7-5 (86'): Anxo.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

 

 
PRIMEIRA GALICIA - LUGO

Resultados xornada 11

Outeiro de Rei 1-2 Pol
Chantada Atl 6-3 Foz
Monterroso 3-2 Xove Lago
Santaballés 2-1 Riotorto
Castro 2-1 San Ciprián
Antas 2-3 Atl Escairón
Lourenzá 2-2 Burela
Pastoricense 0-6 Chantada
Taboada 7-5 Pontenova

Próxima xornada

Pol - Taboada
Foz - Outeiro de Rei
Xove Lago - Chantada Atl
Riotorto - Monterroso
San Ciprián - Santaballés
Atl Escairón - Castro
Burela - Antas
Chantada - Lourenzá
Pontenova - Pastoricense