PROMOCIÓN ASCENSO A PREFERENTE
Tras o fin da liga regular o Chantada e o Atlético Escairón clasificáronse para o play off de ascenso, pero o soño esfumouse cedo. Esta fin de semana disputaron os cuartos e ningún dos dous equipos lucenses conseguiu clasificarse.
O Chantada recibiu ao Flavia no Sangoñedo e despois de comezar incómodo con balón foi mellorando ata empatar cun penalti que transformou Kadete. O empate levounos a prórroga e tiveron unha acción de Pablo. Chegaron aos penaltis e na morte súbita foron eliminados.
No caso do Escairón, foi derrotado a domicilio polo Eume deportivo. Tras uns primeiros minutos con pouco acerto, os locais abriron o marcador antes do descanso. Á volta, os lucenses encaixaron dous goles moi seguidos que decantaron o partido. Tentaron apertar, pero foron eliminados.
CHANTADA 1 - 1 FLAVIA
Flavia SD: Lucas, Óscar J, Alberto, Martín, Joaquín, Jorge, David, Pedro, Marcos, Jose A e Uxio. Tamén xogaron Pedro P, Damián e Santiago.
Goles: 0-1 (24'): Martín. 1-1 (57'): David, de penalti.
Penaltis: 9-9. O Chantada fallou o penalti número 16 na morte súbita.
Árbitro: Adrián Rodríguez Labrador.
EUME DEPORTIVO 3 - 0 ATLÉTICO ESCAIRÓN
Atlético Escairón: Alejandro J, Javier, Sergio, Iván, Rubén, Aitor M, Julio, Óscar, Miguel, Denis e Adrián. Tamén xogaron Jorge, Antonio V, Íker, Rubén D e Jose A.
Goles: 1-0 (43'): José M. 2-0 (50'): David. 3-0 (53'): José M.
Árbitro: Alejandro Gómez Cerqueiro.
PROMOCIÓN ASCENSO A PREFERENTE - GRUPO PROVINCIAL A CORUÑA - LUGO |
---|
Olímpico | 2-3 | Lalín |
Chantada | 1-1 | Flavia |
Negreira | 1-0 | O Val |
Eume Deportivo | 3-0 | Atl Escairón |
COPA DEPUTACIÓN
Xa están decididos os equipos que disputarán os cuartos da Copa. O primeiro en clasificarse fora o Ribadeo, que superara ao Burela o 3 de maio por 1-2. O día das Letras Galegas o Antas enfrontouse á Sarriana e gañoulle por 4-3. Un partido de moitas alternativas no que o cadro local apostou polo contraataque e acabou remontando no 90’.
No Chao da Poza o Portomarín recibiu ao Residencia e impuxéronse por 2-1 ao conxunto de Dani Galán. Volveuse ver un derbi no Sangoñedo, esta vez con vitoria do Chantada Atlético sobre o Chantada, que preferiu gardar os seus titulares para a cita da fin de semana.
Tamén foi eliminado o Atlético Escairón, pola súa parte, polo Santaballés. Tras rematar 1-1, nos penaltis, dúas paradas de Iván Lamas foron decisivas para darlle o pase aos de Vilalba. O Outeiro, vixente campión da Copa, impúxose ao Lemos por 4-2 nun partido no que foron superiores practicamente de principio a fin.
O sábado o Pol eliminou ao Riotorto nun choque no que dominou dende o inicio e rematou gañando por 4-1. O Pastoricense foi o derradeiro en clasificarse a tarde do domingo. Enfrontouse contra un Lourenzá que comezou mellor, pero ao que lle empataron e acabaron superando nos penaltis por 3-5.
BURELA 1 - 2 RIBADEO
Ribadeo FC: Diego, Matías S, Roi, Iván, Santiago, Alejandro, Jorge, Antonio, Ismael, Christopher e Iván R. Tamén xogaron Xairo, Carlos, Asier, Jaime e Germán.
Goles: 0-1 (6'): Christopher. 1-1 (18'): Javier. 1-2 (66'): Alejandro.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.
ANTAS 4 - 3 SARRIANA
SD Sarriana: Javier, Adrián, Alejandro, Pablo, Diego, Álvaro, Brais, Omar, David, Nicolás e Diego R. Tamén xogaron Hamza, Johann D e Miguel.
Goles: 1-0 (11'): Alex. 1-1 (15'): Diego. 2-1 (26'): Cristian. 2-2 (57'): Omar. 2-3 (65'): David. 3-3 (67'): Rafael. 4-3 (90'): Xurxo.
Árbitro: Óscar Cabañas López.
PORTOMARÍN 2 - 1 RESIDENCIA
SD Residencia: Marcos, Artai, Óscar, Esteban L, Jorge, Jose M, Iago, Daniel, Alejandro, Gabriel e Yeray F. Tamén xogaron Daniel P, Manuel e Adrián V.
Goles: 1-0 (26'): Javier. 2-0 (55'): Hector H. 2-1 (86'): Esteban L.
Árbitro: Jesús López Fernández.
CHANTADA ATL 4 - 1 CHANTADA
SD Chantada: Manuel, Pablo, David M, Celso, Jose R, Manuel P, Pablo I, Hugo, Manuel P M, Pablo F e Pedro. Tamén xogaron Jordi, Marcos, David e Manuel R.
Goles: 1-0 (27'): Adrián. 2-0 (53'): Cesar. 3-0 (64'): Brais. 4-0 (66'): Adrián. 4-1 (78'): David.
Árbitro: Álvaro Valín González.
SANTABALLÉS 1 - 1 ATLÉTICO ESCAIRÓN
Atlético Escairón: Alejandro J, Jose A, Iván, Rubén, Aitor M, Óscar, Miguel, Sergio, Nicolás, Iker e Jorge. Tamén xogaron Denis, Antonio V, Adrián e Julio.
Goles: 1-0 (73'): Alberto C. 1-1 (90'): Adrián.
Penaltis: 4-2.
Árbitro: Javier Gomez Martín.
OUTEIRO DE REI 4 - 2 LEMOS
Club Lemos: Arturo, Luis I, Iago, Bruno, Miguel A, Samuel, Manuel, Marco, Alejandro, Daniel e Roberto. Tamén xogaron Samuel A, Álvaro, Mauro e Daniel A.
Goles: 1-0 (35'): Daniel. 2-0 (53'): Vicente. 2-1 (70'): Daniel A. 2-2 (71'): Daniel A. 3-2 (87'): David. 4-2 (90'): Diego R.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.
POL 4 - 1 RIOTORTO
CF Riotorto: Harry D, Manuel, Manuel R, Cesar, Isaac, Mawdo, Isaac R, Pape M, Javier, Jesús e Pablo. Tamén xogaron Dilan A, Andrés e Miguel.
Goles: 1-0 (2'): Adrián. 2-0 (33'): Francisco. 3-0 (36'): Daniel. 3-1 (62'): Pape M. 4-1 (74'): Manuel.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.
LOURENZÁ 1 - 1 PASTORICENSE
UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago, Brais, Martín, Iago G, Manuel, Adrián, Hugo, Alejandro e Raúl. Tamén xogaron Cristian e Alejandro I.
Goles: 1-0 (48'): Óscar. 1-1 (63'): Cristian.
Penaltis: 3-5.
Árbitro: David Rodríguez López.
COPA DEPUTACIÓN - PREFERENTE E PRIMEIRA GALICIA |
---|
Lourenzá | 1-1 | Pastoricense |
Burela | 1-2 | Ribadeo |
Antas | 4-3 | Sarriana |
Portomarín | 2-1 | Residencia |
Chantada Atl | 4-1 | Chantada |
Santaballés | 1-1 | Atl Escairón |
Pol | 4-1 | Riotorto |
Outeiro de Rei | 4-2 | Lemos |