Co Escairón á cabeza, esta fin de semana recolléronse máis goles do que está acostumada a competida Primeira. Os líderes non seguiron esa tónica e a vitoria foi pola mínima contra o Riotorto. O Atlético tivo o balón, pero non ocasións claras de gol, ata que se adiantou nun rexeite e puxo o 0-2 na segunda. O resultado non amedrentou ao Riotorto, que tivo varias claras ata que puxo o 1-2, pero non chegou a máis.
O Pol segue aos de Escairón no segundo posto e parece que volven amigarse co triunfo. Malia non facer unha boa saída contra o Pontenova, os de Germán Campos adiantáronse no 22’ e comezaron a mandar co 0-2 ao descanso. Á volta, o Pol seguiu tendo o balón e Samuel fixo o terceiro. O Pontenova recortou distancias, pero dous goles máis dos polenses deixaron o resultado en 5-1. A mesma diferencia de goles que conseguiu o Outeiro contra o Pastoricense. No inicio os anfitrións da Fonte xogaron a un ritmo baixo e o partido foise 1-1 ao descanso. Na segunda, o cambio de actitude local foi clave para remontar o partido ante un rival que baixou os brazos.
Aínda foi máis avultado o marcador para o Chantada Atlético no choque contra o Lourenzá. Os locais viñan de pechar dous malos resultados, pero saíron con gañas e conseguiron irse ao intermedio por diante. Na segunda, saíron moi metidos e foron quen de deixar o marcador 6-1 ante un Lourenzá que acumula moitas baixas.
O duelo no que se contabilizaron máis goles foi no empate entre o Foz e o Chantada. Os mariñaos víronse cun gol de penalti a favor nos primeiros minutos, pero os visitantes empataron antes do descanso. No segundo tempo, o partido aumentou en ritmo e chegadas e o Foz desfixo o empate con dous goles. O Chantada non renunciaba e os focenses, ao non conseguir matar o duelo, perderon os tres puntos no desconto co 4-4 definitivo.
Malia que a vitoria do Castro sobre o Santaballés non foi a máis avultada, serviulle para subir ao terceiro posto do podio. Os de Víctor López tiveron un gol anulado na primeira parte e o duelo comezou á segunda sen goles. Nunha acción a balón parado, adiántanse os de Rafa Casanova, e aínda que os locais empatan en menos de dez minutos, o Castro levase o choque por 1-2. Baixou ao cuarto posto o Burela, que foi superado por un Xove Lago que lles cedeu o balón, pero aproveitou as súas opcións para poñerse 3-1.
O Monterroso, que venceu ao Antas, rouboulle o posto ao Taboada, malia que estes tamén se levaron os tres puntos. Os de San Cristóbal foron mellores no derbi e deixaron o marcador 2-0. Pola parte do Taboada, romperon o partido contra o San Ciprián cun penalti a favor no inicio e remataron gañando 2-1.
SANTABALLÉS 1 - 2 CASTRO
CD Castro: José M, Noel, Víctor, Diego, Iván, Borja, Roberto, Rodolfo, Luís R, Diego M e Juan M. Tamén xogaron Javier D, Hugo, Raúl e Iván.
Goles: 0-1 (67'): Javier D. 1-1 (74'): Alejandro. 1-2 (80'): Luís R.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.
MONTERROSO 2 - 0 ANTAS
SD Antas: Kevin, Alejandro, Félix, Javier, Nicolás, Cristian, Xurxo, Gabriel, José A, Alejandro G e Rafael. Tamén xogaron José C, Marcos, Martín e Carlos.
Goles: 1-0 (39'): Raúl. 2-0 (76'): Cristian.
Árbitro: Álvaro Valín González.
CHANTADA ATL 6 - 1 LOURENZÁ
ED Lourenzá: Adrián, José A, Alejandro, Raúl, José A J, David, Diego, Oscar, Yago, Miguel e Iván. Tamén xogaron Diego E, Yago D e David V.
Goles: 1-0 (1'): Adrián. 2-0 (24'): Cesar. 2-1 (30'): Iván. 3-1 (55'): Luís. 4-1 (65'): Adrián. 5-1 (80'): Brais. 6-1 (83'): Brais E.
Árbitro: Marco A. Fernández Vázquez.
OUTEIRO DE REI 5 - 1 PASTORICENSE
UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago, Adrián, Martín, Manuel, Adrián S, Hugo, Alejandro, Jordi e Raúl. Tamén xogaron Iago G, David, Asier, Alejandro I e Alejandro L.
Goles: 1-0 (34'): Oscar D. 1-1 (43'): Martín. 2-1 (62'): Jonatan, de penalti. 3-1 (64'): Oscar D. 4-1 (67'): Lucas. 5-1 (86'): Jorge.
Árbitro: David Méndez Moreda.
POL 5 - 1 PONTENOVA
SP Pontenova: Iker, Mario, Marcos, Adrián, Juan, Alex, Ioan, Samuel, Jorge M, David e Brais. Tamén xogaron David G, Diego, Marcos M e Mario B.
Goles: 1-0 (22'): Adrián M. 2-0 (29'): Diego. 3-0 (65'): Samuel. 3-1 (73'): Jorge M. 4-1 (74'): Adrián M. 5-1 (83'): Adrián M.
Árbitro: José Luís Fraga Torres.
FOZ 4 - 4 CHANTADA
SD Chantada: Alejandro, Sergio, Pablo, Manuel, Manuel P, David, Pedro, David F, Pablo I, Manuel P M e Alejandro D. Tamén xogaron Xende, Miguel, Marcos e José R.
Goles: 1-0 (10'): Manuel, de penalti. 1-1 (41'): Manuel P L. 2-1 (53'): Xenxo. 3-1 (56'): Roberto. 3-2 (72'): Pedro. 4-2 (75'): Manuel. 4-3 (78'): Xende. 4-4 (90'): David F.
Árbitro: Ángel Ron Valle.
XOVE LAGO 3 - 1 BURELA
Burela SD: Simón, Xoel, Jairo, Jairo C, Miguel A, Alejandro, Flavio M, Iván, Yago, David e Hugo. Tamén xogaron Brais, Antón, Javier e Anxo.
Goles: 1-0 (17'): Diego F. 2-0 (64'): Oscar. 3-0 (82'): Diego F. 3-1 (89'): Jairo C.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picon.
RIOTORTO 1 - 2 ATLÉTICO ESCAIRÓN
Atlético Escairón: Alejandro J, Javier, Sergio, Iván, Julio, Asier, Óscar, Denis, Antonio V, Sergio G e Adrian. Tamén xogaron Mouhamed, Ruben, Aitor M, José I e Malick.
Goles: 0-1 (36'): Oscar. 0-2 (48'): Oscar. 1-2 (65'): Manuel C.
Árbitro: Javier Pérez Prado.
SAN CIPRIÁN 1 - 2 TABOADA
Taboada CF: Ismael, Juan J, Manuel, Diego, Fabio, Noe, Jacobo, Ibán, Adrián, Adrián F e Ruben. Tamén xogaron Manuel G, Miguel, Jonathan e Sergio.
Goles: 0-1 (8'): Diego, de penalti. 0-2 (51'): Adrián. 1-2 (78'): Joao.
Árbitro: Iván Prado López.
PRIMEIRA GALICIA - LUGO |
---|
Santaballés | 1-2 | Castro |
Monterroso | 2-0 | Antas |
Chantada Atl | 6-1 | Lourenzá |
Outeiro de Rei | 5-1 | Pastoricense |
Pol | 5-1 | Pontenova |
Foz | 4-4 | Chantada |
Xove Lago | 3-1 | Burela |
Riotorto | 1-2 | Atl Escairón |
San Ciprián | 1-2 | Taboada |
Taboada | - | Santaballés |
Castro | - | Monterroso |
Antas | - | Chantada Atl |
Lourenzá | - | Outeiro de Rei |
Pastoricense | - | Pol |
Pontenova | - | Foz |
Chantada | - | Xove Lago |
Burela | - | Riotorto |
Atlético Escairón | - | San Ciprián |