O Atlético Escairón ten decidido volver a Preferente. Aínda queda moita tela que cortar, pero tras coller a dianteira da clasificación a semana pasada, continúa líder despois de golear ao Xove Lago. Os de Javier Montoto empezaron mellor e asinaron o 1-0. Os mariñaos creceron, pero na segunda metade o 2-0 rompe o partido e un par de penaltis avultaron o marcador ata o 5-1 definitivo.
No segundo posto, o Pol volveu vencer tras de dúas derrotas e freou a boa xeira do Chantada, que levaba dez xornadas sen perder. Un gol de Gerardo nos primeiros intres do partido decidiu o resultado, o cal fixo baixar ao Chantada ao cuarto posto, pasándolle o bronce o Burela, que gañou o derbi mariñao contra o Foz. Os verdes aproveitaron os erros nas saídas de balón dos visitantes para acabar facendo o 1-0 ao fío do descanso. Tralo intermedio, o Foz foi a polo partido, igualouno e tivo ocasións para máis. No tempo de desconto, nun centro sen aparente perigo, acaba volvéndose a poñer por diante o Burela.
O Castro mantén a quinta posición cunha nova vitoria sobre o Taboada. Iván abriu o marcador para os vermellos, que dominaron nunha primeira metade que rematou 0-2. Na segunda, o Taboada fíxolles sufrir, pero o Castro recuperou o mando e puido avultar o resultado.
O Outeiro de Rei saltou á sexta posición coa vitoria sobre o Pontenova nun partido de grande tensión. No inicio os de Aarón Sánchez chegaron á área rival movendo o balón e puideron adiantarse nun penalti que non entrou. O enfrontamento comezou a trabarse, pero no minuto 70, tras unha boa presión, o Outeiro puxo o 0-1 e reencontrouse co triunfo. Para o Chantada Atlético a sorte foi distinta, xa que caeu no Acebreiro despois de seis fins de semana puntuando. Aos de Fernando Corredoira custoulles fluír no céspede natural, pero comezaron ben e fixeron un gol no minuto nove. Non mataron o marcador e o Pastoricense empatou aproveitando un erro de comunicación dos rivais e rematou poñéndose por diante nun mal despexe.
Cuarta vitoria consecutiva para o Santaballés, que gañou ao Antas nun partido con moita disputa e segundas xogadas. Adiantáronse os locais na primeira metade, pero antes do descanso subiu o empate ao taboleiro. Na segunda, despois de empuxar, o Santaballés logrou o 1-2 definitivo.
O Monterroso pasou ao número once cun 1-2 na casa do Lourenzá. Meteron aos da Mariña no seu campo e marcaron dous goles na segunda metade, aínda que os locais recortaron a diferencia cun tanto.
O Riotorto e o San Ciprián intercambiaron posicións trala vitoria pola mínima dos de Manuel García. Tras varias oportunidades, Coedo fixo o gol a balón parado. Os locais quedaron cun menos, pero puideron empatar.
TABOADA 0 - 2 CASTRO
CD Castro: Jose M, Roberto, Jose L, Iván, Borja, Hugo, Rodolfo, Javier D, Luis R, Diego e Juan M. Tamén xogaron Noel, Óscar, Raúl e Víctor.
Goles: 0-1 (3'): Iván. 0-2 (41'): Rodolfo.
Árbitro: David Méndez Moreda.
ANTAS 1 - 2 SANTABALLÉS
CD Santaballés: Adrián, Jesús, Daniel, Alberto, Alejandro, Francisco, David, Martín, Adrián V, Miguel A e Hugo. Tamén xogaron Alejandro N e Rubén.
Goles: 1-0 (3'): Nicolás. 1-1 (44'): David. 1-2 (88'): Alejandro N.
Árbitro: Marco A. Fernández Vásquez.
LOURENZÁ 1 - 2 MONTERROSO
SD Monterroso: Rubén, Jose V, Balbino A, Diego, Cristian, Iago, Iván, David, Antonio, Raúl e Lorenzo. Tamén xogou Daniel.
Goles: 0-1 (51'): David. 0-2 (54'): Lorenzo. 1-2 (80'): Yago.
Árbitro: Ángel Ron Valle.
PASTORICENSE 2 - 1 CHANTADA ATL
Chantada Atl: Anxo, Alejandro, Cesar, Luis, Etham, Adrián, Iván, Brais, Cristian, Pablo M e Daniel. Tamén xogaron Brais E, Javier, Anxo O e André.
Goles: 0-1 (9'): Adrián. 1-1 (47'): Diego. 2-1 (74'): Diego.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.
PONTENOVA 0 - 1 OUTEIRO DE REI
SD Outeiro De Rei: Alberto, Jonatan, David, Óscar, Jorge, Diego, Lucas, Aarón, Vicente, Denis e David T. Tamén xogaron Diego R, Óscar D e Daniel.
Goles: 0-1 (64'): Diego.
Árbitro: Óscar Cabañas López.
CHANTADA 0 - 1 POL
SD Pol: Manuel, Adrián, Nathaniel, Shedrach A, Miguel, Juan C, Diego, Gerardo, Adrián M, Xoel e Oladapo. Tamén xogaron Nadir A, Martín e Samuel.
Goles: 0-1 (3'): Gerardo.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.
BURELA 2 - 1 FOZ
CD Foz: Tomas, Ángel, Alberto, Cristian, Óscar, Daniel, Gonzalo, Manuel, Jose, Adrián e Samuel. Tamén xogaron Aitor, Pablo e Xenxo.
Goles: 1-0 (41'): Jairo. 1-1 (60'): Daniel. 2-1 (90'): Jairo.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.
ATLÉTICO ESCAIRÓN 5 - 1 XOVE LAGO
UD Xove Lago: Alejandro, Fernando, Óscar, Diego, Pelayo, Maikel, Pedro, Hugo, Carlos, Kevin e Jorge. Tamén xogaron Andres, Luis C, Mario e Hector.
Goles: 1-0 (4'): Antonio V. 2-0 (47'): Óscar. 3-0 (58'): Óscar. 4-0 (67'): Adrián, de penalti. 5-0 (73'): Mouhamed, de penalti. 5-1 (85'): Luis C.
Árbitro: Álvaro Valín González.
SAN CIPRIÁN 0 - 1 RIOTORTO
CF Riotorto: Manuel, Manuel C, Manuel R, Jose L, Miguel, Cesar, Pablo, Isaac, Pape M, Javier e Adrián. Tamén xogaron Manuel M e Dilan A.
Goles: 0-1 (18'): Javier.
Árbitro: David Rodríguez López.
PRIMEIRA GALICIA - LUGO |
---|
Taboada | 0-2 | Castro |
Antas | 1-2 | Santaballés |
Lourenzá | 1-2 | Monterroso |
Pastoricense | 2-1 | Chantada Atlético |
Pontenova | 0-1 | Outeiro de Rei |
Chantada | 0-1 | Pol |
Burela | 2-1 | Foz |
Atl Escairón | 5-1 | Xove Lago |
San Ciprián | 0-1 | Riotorto |
Santaballés | - | Castro |
Monterroso | - | Antas |
Chantada Atl | - | Lourenzá |
Outeiro de Rei | - | Pastoricense |
Pol | - | Pontenova |
Foz | - | Chantada |
Xove Lago | - | Burela |
Riotorto | - | Atl Escairón |
San Ciprián | - | Taboada |