O Chantada subiu ao terceiro posto tras cinco vitorias consecutivas

Gañou ao Antas e aproveitou a derrota do Castro contra o Burela para subir ao podio xunto co Pol e o Atlético Escairón, que conseguiron triunfar de novo

Trece xornadas na Primeira e ninguén renuncia aos seus obxectivos desta tempada. O Pol segue na cabeza unha fin de semana máis e faino con  32 puntos tras superar ao Foz nun intenso partido. Os locais saíron apertando aos da Mariña e conseguiron o primeiro tanto. Repregáronse e conseguiron saídas perigosas á contra, co que conseguiron o segundo tanto. Nos últimos minutos do partido, nunha falta frontal puxeron o 3-0 definitivo. Segue enganchado tamén o Escairón, con 29 puntos. Os derradeiros tres saíron do partido contra o Santaballés, choque con ritmo que rematou 1-2. O primeiro tanto foi para o Atlético no 11’ e conseguiron o 0-2 nunha segunda parte máis trabada. Os de Vilalba pelexaron ata o final e fixeron o 1-2, pero sen conseguir máis.

O Chantada subiu ao terceiro posto cun triunfo ante o Antas e grazas á derrota do Castro por parte do Burela. O duelo celebrado no Castro Seoane estivo dominado polos visitantes de principio a fin e no primeiro minuto o Chantada fixo o primeiro e chegaron dous goles máis antes do descanso. No caso do celebrado no Arturo Pereiro, viviron un primeiro tempo igualado, co balón dominado polo equipo local, pero sen efectividade nas dúas áreas. Despois do intermedio aumentou o ritmo e o Castro fixo o 1-0. O Burela lanzouse a polo partido ata rematar remontando a falla de poucos minutos.

No quinto posto mantense o Outeiro de Rei, que rexurdiu despois de dúas derrotas gañándolle ao Xove Lago nun choque con moito xogo directo. Tralo paso polos vestiarios adiantáronse os de Aarón Sánchez, pero os mariñaos empataron nunha boa transición. Nos últimos minutos o Outeiro volveu ter protagonismo ata conseguir levarse o partido co segundo tanto. Tamén se mantén no mesmo posto o Chantada Atlético, que volveu amosar o seu potencial ofensivo contra o Riotorto e levouse merecidamente os tres puntos cun 5-0 no electrónico.

Cambiando á metade baixa da táboa, o Lourenzá reencontrouse cos tres puntos despois de cinco xornadas, ao superar o enfrontamento contra o Pontenova. Despois de 90’ minutos onde o esférico non quixo entrar, Yago fixo o 1-0 no derradeiro suspiro. Por 2-0 foi a vitoria do Monterroso sobre o San Ciprián, un partido competido entre dous rivais na táboa que comezou con escasas ocasións. No segundo tempo abriuse máis o partido con xogadas polas bandas e así chegaron os goles de San Cristóbal para conseguir o triunfo. En canto ao Taboada, goleou a  un Pastoricense que quixo revivir tralo descanso, pero rematou perdendo 6-0.

Consulta a clasificación aquí

POL 3 - 0 FOZ

SD Pol: Luis, Adrián, Nathaniel, Pablo, Miguel, Daniel, Juan C, Diego, Gerardo, Xoel e Oladapo. Tamén xogaron Iván, Diego G, Samuel e Martin.
CD Foz: Tomas, Alberto, Cristian, Óscar, Aitor, Daniel, Gonzalo, Manuel, Jose, Adrián e Samuel. Tamén xogaron Hugo, Pablo, Víctor e Xenxo.
Goles: 1-0 (2'): Diego. 2-0 (45'): Gerardo. 3-0 (87'): Oladapo.
Árbitro: David Méndez Moreda.

OUTEIRO DE REI 2 - 1 XOVE LAGO

SD Outeiro De Rei: Alberto, Marcos, Álvaro, Óscar, Diego, Aarón, Vicente, Diego R, David, Denis e Óscar D. Tamén xogaron Jorge, Adrián, Jonatan e David T.
UD Xove Lago: Alejandro, Fernando, Óscar, Diego, Diego F, Maikel, Luis C, Pedro, Hugo, Carlos e Kevin. Tamén xogaron Jorge I, Mario e Héctor.
Goles: 1-0 (50'): Diego. 1-1 (70'): Jorge I. 2-1 (77'): Diego R.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

CHANTADA ATL 5 - 0 RIOTORTO

Chantada Atl: Anxo, Alejandro, Cesar, Luis, Dámaso, Adrián, Brais, Javier, Pablo M, Anxo O e Daniel. Tamén xogaron Ariel A, David, Brais P, André e Carlos.
CF Riotorto: Harry D, Miguel, Manuel, Jose L, Isaac, Cesar, Manuel C, Jesús, Adrián, Mawdo e Dilan A.
Goles: 1-0 (3'): Cesar. 2-0 (7'): Brais. 3-0 (29'): Adrián. 4-0 (57'): Adrián. 5-0 (89'): André.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

MONTERROSO 2 - 0 SAN CIPRIÁN

SD Monterroso: Rubén, Davor, Diego, Ivan, Balbino A, Lorenzo, Cristian, Iago, David, Antonio e Raúl. Tamén xogaron Basilio, Raúl V, Marcos e Adrián.
CD San Ciprian: Javier, Deonildo, Edegar, Rodrigo, Marcos, Xoel, Joao, Antón, Giobane R, Daniel e Samuel. Tamén xogaron Daniel G e Bruno.
Goles: 1-0 (64'): Iago. 2-0 (90'): Iago.
Árbitro: Javier Gómez Martin.

SANTABALLÉS 1 - 2 ATLÉTICO ESCAIRÓN

CD Santaballés: Iván, Rubén, Alejandro, Daniel, Alberto, Hugo Z, David, Óscar, Adrián, Alejandro N e Martin. Tamén xogaron Adrián S, Jesús, Hugo e Diego.
Atlético Escairón: Marcos, Jose I, Sergio, Iván, Rubén, Julio, Asier, Denis, Antonio V, Óscar e Iker. Tamén xogaron Miguel, Aitor M, Sergio G e Jose A.
Goles: 0-1 (11'): Antonio V. 0-2 (52'): Antonio V. 1-2 (89'): Adrián.
Árbitro: Álvaro Valín González.

CASTRO 1 - 2 BURELA

CD Castro: David, Roberto, Jose L, Diego, Iván, Borja, Noel, Rodolfo, Luis R, Diego M e Juan M. Tamén xogaron Javier D, Óscar, Adrián e Víctor.
Burela SD: Francisco, Adrián, Xoel, Miguel A, Yeray, Javier, Pablo, Alejandro, Yago, David e Hugo. Tamén xogaron Brais, Flavio M, Nor E, Valdo e Antón.
Goles: 1-0 (67'): Rodolfo. 1-1 (74'): Yago. 1-2 (88'): Javier.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

ANTAS 0 - 3 CHANTADA

SD Antas: Kevin, Félix, Jose C, Javier, Alejandro, Martin, Cristian, Marcos, Alejandro G, Jose A e Rafael. Tamén xogaron Xurxo, Sergio, Juan e Óscar.
SD Chantada: Adrián, Sergio, Alberto, Pablo, Jose R, Manuel, David, Pedro, Hugo, Manuel P e Alejandro. Tamén xogaron Alexandre, Miguel, Pablo I, Celso e David F.
Goles: 0-1 (1'): David. 0-2 (35'): Manuel. 0-3 (42'): Alejandro.
Árbitro: Marco A. Fernández Vásquez.

LOURENZÁ 1 - 0 PONTENOVA

ED Lourenzá: Clemente, Jesús, Jose A, Miguel, Jorge, Jose A J, David, Luis, Xoel, Yago e Iván. Tamén xogaron Miguel Y, Raúl e Óscar.
SP Pontenova: Íker, Anxo, Marcos, Adrián, Juan, Alex, Borja, Ioan, Samuel, David e Esteban. Tamén xogaron Gheorghe C, Juan A, Marcos M e Mario.
Goles: 1-0 (90'): Yago.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

TABOADA 6 - 0 PASTORICENSE

Taboada CF: Roi, Juan J, Diego, Fabio, Noé, Diego P, Iban, Adrián, Adrián F, Rubén e Manuel. Tamén xogaron Manuel G, Daniel, Diego G, Manuel G M e Jonathan.
UD Pastoricense: Carlos, Diego, Adrián, Iago, Adrián L, Asier, Brais, Martin, Cristian, Jordi e Alejandro. Tamén xogaron Iago G, Diego S, Alejandro L e Alejandro I.
Goles: 1-0 (18'): Adrián L, en propia. 2-0 (28'): Rubén. 3-0 (53'): Rubén. 4-0 (75'): Manuel G. 5-0 (85'): Daniel. 6-0 (87'): Jonathan.
Árbitro: David Rodríguez López.

 

 
PRIMEIRA GALICIA - LUGO

Resultados xornada 14

Pol 3-0 Foz
Outeiro de Rei 2-1 Xove Lago
Chantada Atl 5-0 Riotorto
Monterroso 2-0 San Ciprián
Santaballés 1-2 Atl Escairón
Castro 1-2 Burela
Antas 0-3 Chantada
Lourenzá 1-0 Pontenova
Taboada 6-0 Pastoricense

Próxima xornada

Foz - Taboada
Xove Lago - Pol
Riotorto - Outeiro de Rei
San Ciprián - Chantada Atl
Atl Escairón - Monterroso
Burela - Santaballés
Chantada - Castro
Pontenova - Antas
Pastoricense - Lourenzá