Cuádruple empate a puntos na clasificación da Primeira xuvenil

A Sarriana, o Polvorín, o Becerreá e o Foz suman nove puntos despois dos resultados da sexta xornada do grupo lucense
1ºPX_Becerreá-A-Piringalla_WhatsApp-Image-2022-11-19-at-5.27.23-PM
photo_camera 1ºPX_Becerreá-A-Piringalla_WhatsApp-Image-2022-11-19-at-5.27.23-PM

A lista da competición provincial de Lugo segue liderada polo A Piringalla, que despunta con 18 puntos na clasificación. Agora ben, os resultados da sexta xornada deixaron a catro equipos empatados a nove puntos. A Sarriana subiu ao segundo posto da clasificación despois de vencer ao Foz que, tamén con nove puntos, quedou fóra dos postos de playoff. Os de Sarria conseguiron levarse o partido grazas aos goles de Rubén e Adrián na segunda metade.

Do sexto ao terceiro posto subiu o Polvorín tras acumular dúas vitorias consecutivas. O equipo amarelo foi quen de vencer ao Casás a domicilio por 1-3. Deixaron o partido sentenciado na primeira metade cos dous goles de Pablo e o tanto de Diego. Aínda que os do Casás recortaron distancias cun tanto de Veiga no segundo tempo, non lograron darlle a volta ao marcador. 

O Becerreá baixou ao cuarto posto tras dúas derrotas consecutivas. Os vermellos foron superados este sábado na casa pola Piringalla, que os superou por 4-8. Enfrontáronse tamén o Castro e o Residencia B, os dous pechacancelas da clasificación. Os albicelestes adiantáronse nos primeiros minutos, e malia que os locais empataron no minuto 20, volveron impoñerse á media hora do choque. Na segunda metade Borja fixo o terceiro para o Residencia B e ao pouco un penalti a favor do Castro deixou o marcador co 2-3 definitivo. A vindeira semana, os oito equipos pecharan a primeira volta da competición.

 

Consulta a clasificación aquí 

FOZ 0 - 2 SARRIANA

CD Foz: Abraham, Santiago D, Roberto, Dylan, David, Pablo, Xoel, Fran, José M, Gaizka e Gonzalo. Tamén xogaron Sergio, Rubén, Ignacio, Joel e Iván.
SD Sarriana: Rubén, Pablo, Adrián, Gonzalo, Nicolás, Xoel, Miguel, Smit J, Javier, David e Rubén. Tamén xogaron Óscar, Yerai, Youssef e Adrián R.
Goles: 0-1 (48'): Rubén. 0-2 (67'): Adrián.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

BECERREÁ 4 - 8 A PIRINGALLA

SD Becerreá: Iago, Alejo, Claudiu M, Adrián, Antón, Noel, Sergio, Sergio G, Javier, Andrés e Higinio. Tamén xogaron Diego, David C e Martin.
ADC A Piringalla: Manuel, Adán, Noé, Román, Javier, Lucas, Cristóbal, Miguel, Hugo, Íker e David. Tamén xogaron Facundo X, Aarón e Ángel.
Goles: 0-1 (1'): Íker. 0-2 (7'): Cristóbal. 1-2 (12'): Andrés. 1-3 (26'): Cristóbal. 1-4 (34'): Íker. 1-5 (47'): Íker. 2-5 (51'): Sergio. 2-6 (53'): Íker. 3-6 (56'): Andrés. 3-7 (71'): Íker. 3-8 (78'): Íker. 4-8 (79'): Claudiu M.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

CASÁS 1 - 3 POLVORÍN

Club Polideportivo Casás: Mario, Joel, Brais, Mateo, Yerai, Diego, Breixo, Aarón, Alberto, Jorge e Samuel. Tamén xogaron Raúl, Jose L, Alejandro e Aleix.
EF Polvorín: Christian, Martin, Adrián, Diego, Diego E, Jhojan S, Manuel, Sergio, Mauro, Mateo e Pablo. Tamén xogaron Manuel L, Mario, Adam e Houssame.
Goles: 0-1 (5'): Pablo. 0-2 (37'): Diego E. 0-3 (39'): Pablo. 1-3 (49'): Jose L.
Árbitro: Pedro Castro Gómez.

CASTRO 2 - 3 RESIDENCIA B

CD Castro: Miguel, Hugo, Adrián, Iván, Javier, Aimar, David, Isaac, Jose E, Noé e David R. Tamén xogaron Antonio, Pedro, Antón e Manuel.
SD Residencia: Xurxo, David, Jonas G, Xurxo T, Adrián, Óscar, Alejandro, Juan A, Borja, Anxo e Roberto D. Tamén xogaron Nicolás, Jorge F, Sergio, Jorge e Nicolás S.
Goles: 0-1 (3'): Borja. 1-1 (20'): Noé. 1-2 (31'): Borja. 1-3 (89'): Borja. 2-3 (90'): Noé, de penalti.
Árbitro: Ronal Harrison Ramírez Ribeiro.

 

 
PRIMEIRA GALICIA XUVENIL - LUGO

Resultados xornada 6

Foz 0-2 Sarriana
Becerreá 4-8 A Piringalla
Casás 1-3 Polvorín
Castro 2-3 Residencia B 

Próxima xornada

Sarriana - Becerreá
A Piringalla - Casás
Polvorín - Castro
Residencia B - Foz