A Sarriana goleou ao Becerreá no partido pendente da pasada xornada

Á Primeira tocoulle empezar decembro descansando, pero estes dous equipos resolveron as contas que tiñan pendentes na Ribela

Nesta primeira fin de semana de decembro, aos conxuntos lucenses da Primeira xuvenil tocáballes descansar, o que aproveitaron a Sarriana e o Becerreá para disputar o seu partido pendente da sétima xornada. Os brancos recibíronos na Ribela e controlaron o partido de principio a fin ata alcanzar un resultado de 7-0. Catro destes tantos foron asinados por Rubén, xogador que lidera a táboa de goleadores cun total de 12 en cinco partidos. A vitoria mantén ao Sarriana no segundo posto da clasificación, a sete puntos do A Piringalla, líder. No caso do Becerreá, baixou un posto na lista e agora é quinto.

Consulta a clasificación aquí

 SARRIANA 7 - 0 BECERREÁ

SD Sarriana: Rubén, Pablo, Adrián, Nicolas, Xoel, Miguel, Smit J, Javier, David, Rubén e Yago. Tamén xogaron Pablo G, Francisco, Adrián G, Gonzalo e Yerai.
SD Becerrea: Iago, Javier, Diego, Adrián, Antón, Alejo, Noel, Claudiu M, Javier G, Andrés e Martín. Tamén xogaron Borja e Alexandru G.
Goles: 1-0 (13'): Rubén. 2-0 (21'): Rubén. 3-0 (25'): Xoel. 4-0 (26'): Rubén. 5-0 (53'): Rubén. 6-0 (57'): Miguel. 7-0 (76'): Adrián G.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

 

PRIMEIRA GALICIA XUVENIL - LUGO

Resultados 

Sarriana 7-0 Becerreá

Próxima xornada 

Polvorín - Residencia B
A Piringalla - Castro
Sarriana - Casás
Becerreá - Foz