O Chantada está aquí

Os de Traste venceron ao Burela no Sangoñedo e subiron a postos de play off

Duelo de alto voltaxe no Sangoñedo, que rematou co Chantada dentro dos postos de play off. O equipo de Traste enfrontouse ao Burela e impúxose 3-1 para roubarlle o terceiro posto. Con isto, os da Mariña só poden soñar con que caigan o Chantada ou o Atlético Escairón, que segue no segundo posto despois de gañar pola mínima ao Lourenzá. Foi un partido de pouco fútbol, no que no minuto 20 os de Ramallal cometeron un penalti que lles deixou co marcador en contra e cun xogador menos. Dende aí os locais aguantaron repregados e non se viu moito máis.

O Pol, que xa é de Preferente, enfrontouse ao Santaballés, que xa non ten nada en xogo. Os líderes amosaron o seu bo xogo no centro do campo, roubaron balóns e tiveron varias oportunidades, aínda que lles custou concretar. Iván abriu o marcador cun golazo dende case o medio do campo e Nadir ampliou a vantaxe antes do descanso. Trala pausa abriuse o xogo, pero o Pol aguantou ben o resultado. O Chantada Atlético ten asegurada a quinta posición. Enfrontouse a un Portomarín que só xuntou dez xogadores. Os do Sangoñedo dominaron todo o duelo e, aínda que lles custou abrir a lata, acabaron marcando sete goles. O cadro de Diego Rey, que o curso pasado estaba en Preferente, xa tiña certificado o descenso a Segunda.

Esta xornada tamén se despediron da categoría o Riotorto e o Guitiriz. O cadro da Veiga non puido co Xove Lago, que se adiantou a balón parado e sentenciou na segunda nunha boa transición. Un partido moi completo para os de Pelayo, que conseguen seguir na categoría. No caso do Guitiriz, perdeu contra o Milagrosa, que conseguiu a salvación se non hai arrastres. Foi un duelo de disputas, no que tomaron a dianteira os visitantes nun balón parado, pero os albivermellos empataron nunha falta discutida e acabaron facendo o 2-1 tras un mal despexe.

Na zona media da táboa, o Taboada adiantou ao Outeiro de Rei despois de impoñerse por 0-3. O partido estivo igualado ata que os de Martín Murado se adiantaron cun gol dende medio campo. No tramo final da primeira parte chegou o segundo e na segunda sentenciaron cunha contra. O Foz foi contundente ante o Monterroso. Saíu mellor, premeu moi arriba e foi quen de poñerse 4-0 antes do descanso. Na segunda os vermellos defenderon repregados e tiveron algunha ocasión para facer un gol. O único empate da xornada foi entre o Guntín e o Meira, que deixaron sen goles o Ladairo. Os locais tiveron máis o balón, mentres que o cadro rival, que tivo que convocar xuvenís, estivo cómodo achegándose á contra. Ambos tiveron ocasións, pero non acertaron e seguen empatados 36 a puntos na lista.

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 3 - 1 BURELA

SD Chantada: José Ramón, Sergio, Alberto, Pablo V, José R Carballo, Manuel R, Miguel, Pedro, Pablo I, Marcos e Pablo N. Tamén xogaron Manuel P Moure, Hugo, Manuel P Lamas, Gabriel e Jordi.
Burela SD: Francisco, Jairo L, Diego, Jairo C, Pablo, Alejandro, Antón, Yago, Xoel, Adrián e David. Tamén xogaron Javier, Hugo R, Flavio, Hugo V e Miguel Ángel.
Goles: Pedro, José R e Miguel para o Chantada. Jairo C para o Burela.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

GUNTÍN 0 - 0 MEIRA

CD Guntín: Iker, Tomas, Brais, Samuel, Rubén P, Daniel, José F, Álvaro, José C, Mateo e Rubén S. Tamén xogaron Sergio, Miguel, Álex, Pablo e Salim.
Meira CF: Jorge, Marcos S, Mateo, Javier V, Marcos S, Sergio, Gabriel, Iván P, Iván L, Xosé X e Santiago J. Tamén xogaron Fernando, José L, Diego, Víctor e Javier F.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

 LOURENZÁ 0 - 1 ATLÉTICO ESCAIRÓN

ED Lourenzá: Clemente, José A, Yago D, Jorge, David, Yago C, Diego R, Jesús, Noé, Aarón e Lucas. Tamén xogaron Héctor, Diego H e Adrián.
Atlético Escairón: Marcos, Manuel, Javier, Rubén C, Asier, Julio, Denis, Antonio V, Jaime, Rubén S e Miguel. Tamén xogou David e Rodrigo.
Gol: Asier, de penalti, para o Escairón.
Árbitro: Manuel Otero Outeiral.

MILAGROSA 2 - 1 GUITIRIZ 

SCD Milagrosa: Daniel, Leo, David, Francisco, Anxo, Marco, Pablo, Joel, Miguel, Juan e Rafael. Tamén xogaron Diego, David, Christian, Alejandro R e Alejandro F.
Guitiriz SD: Breixo, Javier, Iván M, Jesús, Diego, José López, José M, Saúl, Adrián, Sergio e Antonio P. Tamén xogaron Mauro, Iván A, Brais, Óscar e Antonio C.
Goles: Anxo e Miguel para o Milagrosa. Sergio para o Guitiriz.
Árbitro: Hugo Alcazar González.

XOVE LAGO 2 - 0 RIOTORTO

UD Xove Lago: Alejandro, Unai, Alberto, Hugo, Daniel, Maikel, Andrés, Samuel, Carlos, Kevin e Jorge. Tamén xogaron Juan J, Jairo e Juan Pablo.
CF Riotorto: Ilian, Manuel, Adrián R, Alejandro, Borja, Andrés G, Pablo, Jesús, Rubén, Adrián F e Álex. Tamén xogou Iván.
Goles: Carlos e Samuel para o Xove.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate Babil.

FOZ 4 - 0 MONTERROSO

CD Foz: Tomás, Cristian, Daniel, Anxo, Manuel, Antonio, Carlos, Adrián, Álvaro, Samuel e Aarón. Tamén xogaron Roberto, Xenxo, Adán e Óscar.
SD Monterroso: Sergio, Raúl, Cristian, Lucas, Marcos, Davor, Balbino A, Antonio, Lorenzo, Raúl A e Iván. Tamén xogaron Brandan, Daniel e Emilio.
Goles: Daniel, Álvaro (2) e Carlos para o Foz.
Árbitro: Álvaro Valín González.

POL 2 - 0 SANTABALLÉS

SD Pol: Duarte, Rubén, Adrián, Julio J, Pedro H, Mauro J, Hamza, Nadir A, Marcos, Iván e Xoel. Tamén xogaron Gerardo, Alejandro, Álvaro, Omar e Roi.
CD Santaballés: Iván, Jesús, Manuel, David T, Daniel P, Adrián S, David R, Hugo Z, Daniel G, Adrián V e Xosé. Tamén xogaron Alejandro e Óscar.
Goles: Iván e Nadir A para o Pol.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

OUTEIRO DE REI 0 - 3 TABOADA

SD Outeiro De Rei: Luis, Álvaro, Óscar, Diego, Iván, Denis, Alejandro, Pablo, Samuel, Alberto e Adrián. Tamén xogou Yeray.
Taboada CF: Jacobo, Juan J, Nicolás, Miguel, Fabio, Sergio, Alexandre, Jonathan, Julio A, Martín e Manuel V. Tamén xogaron Adrián, Fabricio, Rubén e Manuel G.
Goles: Manuel V, Fabio e Miguel para o Taboada.
Árbitro: Jorge Michelena Grandio.

CHANTADA ATL 7 - 0 PORTOMARÍN

Chantada Atl: Anxo S, Luis, Rubén, Brais, Javier, Diego, Cristian, Pablo, David P, Anxo O e David M. Tamén xogaron Bryan e Miguel.
CF Portomarín: Fabián, Gabriel, Víctor, Diego, Moaad, Óscar, Pedro, Sergio, Julián A e Yago.
Goles: Anxo O, Diego (2), David M, Javier (2) e Luis.
Árbitro: Yhosep Alejandro M. Jorge Lagos.

 

Resultados xornada 33

Chantada 3 1 Burela
Xove Lago 2 0 Riotorto
Foz 4 0 Monterroso
Pol 2 0 Santaballés
Milagrosa 2 1 Guitiriz
Lourenzá 0 1 Atl Escairón
Outeiro de Rei 0 3 Taboada
Guntín 0 0 Meira
Chantada Atl 7 0 Portomarín

Próxima xornada 

Riotorto - - Chantada
Monterroso - - Xove Lago
Santaballés - - Foz
Guitiriz - - Pol
Escairón - - Milagrosa
Taboada - - Lourenzá
Meira - - Outeiro de Rei
Portomarín - - Guntín
Burela - - Chantada Atl