Empates in extremis

Ao Burela e ao Escairón custoulles rascar un punto nos duelos co Taboada e o Meira

Esta fin de semana o Burela e o Escairón víronse sorprendidos por dous equipos ben plantados. Os da Mariña enfrontáronse contra un Taboada que dominou na primeira metade. Logo da pausa seguiu arriba no marcador o cadro da Medela, nun xogo de ida e volta, ata que o Burela puxo o empate no 90’ (3-3). No caso do Escairón, rematou 1-1 contra o Meira. Os de Labrada conseguiron adiantarse no inicio cun tanto de Rubén e tiveron un par de ocasións máis para avultar a diferenza. Logo da pausa dominou o Escairón, tiveron varias chegadas, pero non acerto, ata que chegou o 1-1 nos minutos finais.

O Pol viuse favorecido por estes resultados, pois os líderes si conseguiron os tres puntos. Fixérono contra o Foz, despois de que se lles complicara a primeira metade cun penalti protestado. Con outro tiro penal empataron os de Fernandito e Mauro fíxose protagonista cun dobrete para adiantar aos seus.

Tamén tivo que traballar o Chantada no partido contra o Lourenzá. Aínda que dominaron o balón os de Traste, a defensa mariñá non concedeu nada na primeira metade. Malia isto, na segunda un desaxuste por banda dos visitantes fixo que o Chantada se adiantara nun rexeite. Clemente salvou de varias ao Lourenzá, que tamén tivo as súas para empatar. O Chantada Atlético gañou por 0-2 ao Santaballés. Aínda que os chantadeses se adiantaron nos primeiros minutos, non cerraron o encontro ata a segunda metade.

No sexto posto, o Outeiro de Rei superou con nota o duelo contra o Riotorto. Os de Adrián Vázquez estiveron moi efectivos nas primeiras chegadas e fóronse ao descanso 0-3. Na segunda, cun gol de Alberto ao inicio, xa se acabou o partido e aínda fixeron un tanto mais. O Guntín achegouse a tres puntos do Monterroso despois de gañarlle en Cerdeiriños. Os vermellos entraron mellor ao partido e Diego abriu o marcador. Logo da pausa, os visitantes mudaron a estratexia e funcionou, pois aproveitaron un erro local para empatar no inicio da segunda. Dende aí, o Guntín fixo dano nas contras e conseguiu remontar.

O Xove Lago leva sete xornadas consecutivas puntuando despois de empatar co Milagrosa. Os mariñaos tiveron tres ocasións para adiantarse, mais non foi ata a segunda parte cando Juanjo aproveitou un rexeite para poñer o 1-0. Despois de outras dúas perigosas, o Milagrosa quitoulle os tres puntos aos locais nun córner (1-1).Houbo duelo na zona vermella entre o Guitiriz e o Portomarín e impuxéronse os de Diego Rey. O comezo do partido estivo igualado, pero os branquiazuis fixéronse co dominio ata adiantarse nun córner. O Guitiriz puido empatar, pero un penalti puxo o 0-2 ao descanso. Na segunda, Héctor Hugo sentenciou co hat trick e os locais meteron o gol da honra.

Consulta a clasificación aquí

FOZ 1 - 4 POL

CD Foz: Tomás, Adán, Daniel, Anxo, Manuel, Antonio, Carlos, Adrián, Álvaro, Samuel e Aarón. Tamén xogaron Aitor, Santiago D, Xenxo e Cristian.
SD Pol: Manuel, Julio J, Pedro H, Roi, Mauro J, Gerardo, Marcos, Samuel A, Alejandro, Agustín e Álvaro. Tamén xogaron Nadir, Adirán, Hamza, Rubén e Iván.
Goles: Álvaro, de penalti, para o Foz. Gerardo, de penalti,  Mauro J (2) e Adrián, en propia, para o Pol.
Árbitro: Álvaro Valín González.

XOVE LAGO 1 - 1 MILAGROSA

UD Xove Lago: Alejandro, Carlos L, Unai, Alberto, Daniel, Diego, Maikel, Iago, Carlos T, Kevin e Jorge Tamén xogaron Juan J, Samuel, Hugo e Andrés.
SCD Milagrosa: Daniel, Leo, David C, Marco, Pablo, Joel, Miguel, Alejandro R, Christian, Juan e Rafael. Tamén xogaron Alejandro F, David L, Francisco, Diego e Bruno.
Goles: Juan J para o Xove. Joel para o Milagrosa.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

 CHANTADA 1 - 0 LOURENZÁ

SD Chantada: José Ramón, Alberto, Pablo V, José R, Manuel R, Damián, Pablo I, Gabriel, Hugo, Marcos e Manuel P Lamas. Tamén xogaron Manuel P Moure, Miguel C, Sergio, Pedro e Jordi.
ED Lourenzá: Clemente, José A, Jorge, David, Óscar, Yago, Xoel, Diego R, Jesús, Isaac e Aaron. Tamén xogaron José A e Diego E.
Goles: Pablo I para o Chantada.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

RIOTORTO 0 - 5 OUTEIRO DE REI

CF Riotorto: Ilian, Adrián R, Luis F, Alejandro, Borja, Pablo, Rubén, Alex, Javier, Adrián R e Francisco. Tamén xogaron César, Iván, Adrián F e Dhomini.
SD Outeiro De Rei: Alberto P, Álvaro, Óscar, Diego, Iván, Borja, Lucas, Samuel F, Alejandro, Samuel S e Alberto D. Tamén xogaron Denis, Pablo, Yeray, Adrián e Martín.
Goles: Álvaro, Alberto D (2), Borja e Samuel S para o Outeiro.
Árbitro: Brais Rosende Cancela.

 MONTERROSO 1 - 3 GUNTÍN

SD Monterroso: Rubén, Marcos, Davor, Diego, Iván, Lorenzo, Cristian, Raúl V, Raúl A, Balbino A e Manel. Tamén xogaron Daniel, José V e Emilo.
CD Guntín: Iker, Cristian, Tomás, Rubén S, Brais, Samuel, Álex, Álvaro, Miguel, Pablo e Mateo. Tamén xogaron Daniel, Salim, Sergio, José F e Rubén P.
Goles: Diego para o Monterroso. Pablo, Álex e Sergio para o Guntín.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.

GUITIRIZ 1 - 3 PORTOMARÍN

Guitiriz SD: Breixo, César, Yordi, Mauro, Javier, Iván, Antón, Miguel, Saúl, Adrián N e Antonio. Tamén xogaron Brais, Sergio, Miguel A, Mario e Adrián E.
CF Portomarín: José L, Víctor, Javier, Diego R, Alberto, Óscar, José D, Sergio, Yago, Héctor H e José M. Tamén xogaron Diego dos Santos, Moaad e Pedro.
Goles: Iván para o Guitiriz. Héctor H (3, un de penalti) para o Portomarín
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

TABOADA 3 - 3 BURELA

Taboada CF: Jacobo, Fabricio, Juan J, Fabio, Rubén, Iban, Adrián G, Manuel G, Adrián F, Jonathan e Manuel V. Tamén xogaron Nicolás, Sergio, Alexandre e Martín.
Burela SD: Francisco, Jairo, Diego Chao, Pablo, Alejandro, Antón, Javier, Yago, Xoel, Adrián e David. Tamén xogaron Hugo V, Miguel A, Diego L, Flavio M e Hugo R.
Goles: Fabio, dous penaltis, e Manuel para o Taboada. Alejandro, Adrián e Javier para o Burela.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

ATLÉTICO ESCAIRÓN 1 - 1 MEIRA

Atlético Escairón: Marcos, Manuel, Rubén C, Rubén D, Asier, Julio, Antonio V, José A, Diego, José M e Rubén S. Tamén xogaron Denís, Adrián, Javier, Rodrigo e Óscar.
Meira CF: Samuel, Santiago J, Marcos, Mateo, Javier, Kevin P, Óscar, Rubén, Iván P, Iván L e Xosé X. Tamén xogaron Sergio, Marcos e José Luis.
Goles: Rubén S para o Escairón. Rubén para o Meira.
Árbitro: Iván Prado López.

SANTABALLÉS 0 - 2 CHANTADA ATL

CD Santaballés: Iván, Rubén, Jesús, David T, Alberto, Hugo Z, Adrián V, Adrián S, Daniel G, Alejandro e Óscar. Tamén xogaron David R, Xosé, Miguel A e Daniel P.
Chantada Atl: Iván L, César, Luis, Rubén, Adrián, Brais, Iván G, Diego, Iván V, Daniel e David M. Tamén xogaron Anxo Otero, Cristian, Javier e David P.
Goles: David M e Anxo Otero para o Chantada Atl.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

 


Resultados xornada 28

Foz 1 4 Pol
Xove Lago 1 1 Milagrosa
Chantada 1 0 Lourenzá
Riotorto 0 5 Outeiro de Rei
Monterroso 1 3 Guntín
Santaballés 0 2 Chantada Atl
Guitiriz 1 3 Portomarín
Escairón 1 1 Meira
Taboada 3 3 Buela

Próxima xornada 

Burela - - Foz
Pol - - Xove Lago
Milagrosa - - Chantada
Lourenzá - - Riotorto
Outeiro de Rei - - Monterroso
Guntín - - Santaballés
Chantada Atl - - Guitiriz
Portomarín - - Atl Escairón
Meira - - Taboada