Derrota do invecíbel

O Pol deixou de estar invicto tras caer contra o Chantada Altético no Municipal

Despois de 20 vitorias ao Pol chegoulle a primeira derrota do curso. Os líderes foron superados polo Chantada Atlético, nun duelo de poder a poder onde ambos os equipos querían o balón. Adiantáronse os de Edu Rodríguez mais o Pol empatou pouco despois. Na segunda metade os dous quedaron cun menos, pero no tempo engadido Daniel conseguiu darlle a vitoria ao Atlético. Os chantadeses quedaron así a un punto do Escairón, que se mantén terceiro, pero que esta vez foi derrotado polo Riotorto. Os de Manolo García estiveron sobresaíntes en defensa e mantiveron o 0-0 ao descanso. Na segunda, o Riotorto adiantouse e aínda que Miguel puxo o empate, os locais non se viñeron abaixo e conseguiron o triunfo cun gol de Rubén e o dobrete de Cristian.

O único do podio que se levou os tres puntos foi o Burela, que se impuxo ao Santaballés nun partido moi intenso. Os verdes adiantáronse no 40’, pero o cadro chairego empatou no 89’. Con isto, fóronse arriba e o Burela aproveitou os espazos para levarse a vitoria con dous goles no desconto. O Chantada tamén conseguiu unha vitoria e segue pegadiño aos catro primeiros. Enfrontouse a un Taboada que non foi quen de xerar perigo na primeira parte, os de Traste leváronse as disputas, acabaron as xogadas e adiantáronse cun gol de Damián. Logo da pausa, equilibrouse o duelo, os visitantes chegaron máis á área rival, pero o Chantada sentenciou co 2-0.

O Outeiro de Rei aínda se mantén no sexto posto malia acumular tres derrotas consecutivas. Nesta quenda foi superado polo Lourenzá, que controlou a primeira metade e con dous goles puxo o choque ao seu favor. Antes do intermedio o Outeiro fixo o 2-1 nun córner e na segunda subiu a intensidade, os dous conxuntos tiveron ocasións, pero o taboleiro non se moveu.

Deu un salto de xigante o Foz, que pasou ao sétimo posto tras superar 3-0 ao Portomarín. Os de Gayol dominaron e abriron o marcador cun penalti pouco despois da media hora de partido. Tralo paso polos vestiarios Anxo deixou resolto o choque cun dobrete. Con isto, o Portomarín baixou ao último lugar da lista, xa que o Guitiriz conseguiu gañar ao Monterroso en Cerdeiriños. Os vermellos empataran na segunda metade, pero un gol de Saúl no 84 deulle a vitoria aos guitiricenses.

Tamén subiu un posto a Milagrosa, que se impuxo ao Guntín. Os locais foron mellores a balón parado e, tras adiantarse xa no minuto 4, mataron o choque con tres tantos máis na segunda. O Xove Lago non consegue apartarse da zona de perigo, pois esta vez empatou contra o Meira. Os de Pelayo adiantáronse cun golazo dende fóra da área de Maikel, pero o Meira remontou tralo descanso. O Xove insistiu e despois de varias oportunidades fixo o 2-2 nunha falta.

Consulta a clasificación aquí

LOURENZÁ 2 - 1 OUTEIRO DE REI

ED Lourenzá: Clemente, Raúl, José A, Jorge, Diego, David, Luis, Paulo, Yago, Alejandro e Isaac. Tamén xogaron Óscar, Xoel e Aarón.
SD Outeiro De Rei: Luis, Yeray, Álvaro, Iván, Denis, Lucas, Samuel F, Diego F, Alberto, Adrián e Martín. Tamén xogaron Alejandro, Borja, Daniel, Diego R e Samuel S.
Goles: Luis, de penalti, e Yago para o Lourenzá. Samuel para o Outeiro de Rei.
Árbitro: Fabio Crespo Gámez.

 MILAGROSA 4 - 1 GUNTÍN

SCD Milagrosa: Daniel, Francisco, Diego, Marco, Mario, Pablo, Joel, Miguel, Alejandro F, Juan e Rafael. Tamén xogaron Alejandro R, Christian, David L, Faustino e David C.
CD Guntín: Diego C, Cristhian D, Rubén, Samuel, Sergio, Álvaro, Daniel, Alex, Cristian, José C e Salim. Tamén xogaron José F, Kevin, Tomás e Diego L.
Goles: Joel (2), David L e Rafael para o Milagrosa. Salim para o Guntín.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

 POL 1 - 2 CHANTADA ATL

SD Pol: Manuel, Adrián, Julio J, Roi, Mauro J, Gerardo, Hamza, Marcos, Alejandro, Agustín e Álvaro. Tamén xogaron Nadir, Pedro H e Xoel.
Chantada Atl: Iván L, César, Luis, Rubén, Adrián, Javier, Diego, Iván V, Pablo, Daniel e David M. Tamén xogaron Brais e Cristian.
Goles: Roi para o Pol. Diego e Daniel para o Chantada Atlético.
Árbitro: Jorge Michelena Grandio.

RIOTORTO 3 - 1 ATLÉTICO ESCAIRÓN

CF Riotorto: Ilian, Manuel, Luis F, Alejandro, Rubén, Alex, Pablo, Andrés G, Cristian D, Javier e Adrián Román. Tamén xogaron Iván, Adrián R, Manuel R e Hamid.
Atlético Escairón: Iván, Manuel, Javier, Rubén C, Óscar, Asier, Julio, Antonio V, José M, Rubén S e Miguel. Tamén xogaron Marcos, Rubén D, José A, Diego, Rodrigo N e Jesús A.
Goles: Cristian D (2) e Rubén para o Riotorto. Miguel para o Escairón.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.

SANTABALLÉS 1 - 3 BURELA 

CD Santaballés: David H, Jesús, Alejandro, Alberto, Hugo Z, Óscar, David R, Adrián S, Adrián V, Alejandro N e Xosé. Tamén xogaron Miguel A, David T e Daniel.
Burela SD: Francisco, Jairo L, Diego, Jairo C, Pablo, Alejandro, Antón, Javier, Xoel, Adrián e David. Tamén xogaron Yago, Hugo e Yeray.
Goles: Miguel A para o Santaballés. Javier, Jairo C e Hugo para o Burela.
Árbitro: Aitor Freán Campo.

 MONTERROSO 2 - 3 GUITIRIZ

SD Monterroso: Sergio, Marcos, Davor, Iago, Diego, Lucas, Lorenzo, Brandon N, Balbino A, Antonio e Raúl. Tamén xogaron Rubén, Martín, Raúl, Daniel L e Daniel S.
Guitiriz SD: Breixo, Antonio C, Mauro, Javier, Antón, Jesús, Diego, Jose M, Saúl, Adrián e Antonio P. Tamén xogaron César, Sergio, Óscar e Juan.
Goles: Brandon N e Raúl para o Monterroso. Antón e Saúl (2, un de penalti) para o Guitiriz.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

 FOZ 3 - 0 PORTOMARÍN

CD Foz: Tomás, Santiago D, Jose, Cristian, Daniel, Anxo, Antonio, Carlos, Adrián, Álvaro e Aarón. Tamén xogaron Roberto, Samuel, Xenxo e Adán.
CF Portomarín: José, Moaad, Javier, Diego dos Santos, Diego R, Sergio, Brais, Yago, Ylyasse, Héctor H e David. Tamén xogaron Pedro e Jose Diego.
Goles: Álvaro, de penalti, e Anxo (2) para o Foz.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

XOVE LAGO 2 - 2 MEIRA

UD Xove Lago: Alejandro, Unai, Alberto, Daniel, Maikel, Iago, Andrés, Carlos, Samuel, Kevin e Jorge. Tamén xogaron Hugo e Francisco.
Meira CF: Fernando, Mateo G, Mateo N, Javier, Kevin P, Óscar, Rubén, Gabriel, Iván L, Santiago E e Santiago J. Tamén xogaron Iván P, José L, Sergio, Marcos S e Marcos F.
Goles: Maikel e Alberto para o Xove. Iván P e Sergio para o Meira.
Árbitro: Iván Prado López.

CHANTADA 2 - 0 TABOADA

SD Chantada: José Ramón, Sergio, Alberto, Pablo, Jose R, Manuel R, Manuel P, Damián, Pedro, David F e Hugo. Tamén xogaron Pablo, Manuel V, David D, Jordi e Miguel.
Taboada CF: Jacobo C, Juan J, Miguel, Fabio, Jacobo V, Iban, Manuel G, Adrián, Jonathan, Julio A e Manuel V. Tamén xogaron Rubén, Adrián, Fabricio, Martín e Alexandre.
Goles: Damián e Jose R para o Chantada.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

 

Resultados xornada 22

Lourenzá 2 1 Outeiro de Rei
Milagrosa 4 1 Guntín
Pol 1 2 Chantada Atl 
Foz 3 0 Portomarín
Xove Lago 2 2 Meira
Chantada 2 0 Taboada
Riotorto 3 1 Escairón
Monterroso 2 3 Guitiriz
Santaballés 1 3 Burela

Próxima xornada 

Burela - - Lourenzá
Outeiro de Rei - - Milagrosa
Guntín - - Pol
Chantada Atl - - Foz
Portomarín - - Xove Lago
Meira - - Chantada
Taboada - - Riotorto
Atl Escairón - - Monterroso
Guitiriz - - Santaballés