Duelos de categoría

O Pol gañoulle ao Chantada, mentres que o Escairón empatou no Sangoñedo

Esta xornada enfrontou a catro dos mellores equipos da Primeira. O Pol gañou ao Chantada, que se mantén pegado aos postos de ascenso. No inicio os de Traste souberon contrarrestar o xogo combinativo dos locais. O Pol comezou a dominar na segunda, tivo moitas ocasións ata que, nun bo centro marcou Omar, quen fixo o 2-0 no minuto 20. O duelo entre o Chantada Atlético e o Escairón acabou en empate. Partido de calidade, no que os de Chantada comezaron ben con balón e sen conceder nada en defensa. Aínda así, un tiro de medio campo de Denís que se lle escapa das mans a Iván adiantou aos visitantes. Tralo intermedio, un centro que rematou Rubén Porto puxo o 1-1 definitivo.

O Burela superou na casa a un Meira que se presentou con baixas. Os verdes foron superiores e nos primeiros minutos xa marcaron dous goles. O Meira foise asentando no campo, pero na segunda metade chegou o 3-0 que pechou o partido. O Outeiro de Rei igualou ao Santaballés na clasificación logo de gañarlle pola mínima. Os de Vilalba foron mellores no inicio cun par de chegadas claras. No segundo tempo abriu o marcador o Outeiro e ambos tiveron ocasións, pero o 1-0 deulle os tres puntos aos locais.

Despois de tres derrotas, o Taboada foi quen de superar ao Portomarín a domicilio. Os visitantes comezaron adiantándose grazas á súa claridade con balón e á boa intensidade defensiva, máis o equipo de Diego Díaz conseguiu poñerse 2-2. O Taboada repúxose e creou dificultades polas bandas e a balón parado para adiantarse e levarse o triunfo cun 2-4.

No caso do Foz, impúxose cun gol ante o Xove Lago. O duelo disputado no Martínez Otero estivo bastante trabado, os locais levaron o balón e xeraron perigo a base de centros. Na segunda chegou o 1-0 nun córner superando a saída do porteiro rival. Dende aí tiveron un penalti dubidoso que Manolo votou fóra e o Xove tivo un par de chegadas sen claridade. Tamén na Mariña, o Lourenzá foi superado polo Monterroso por 0-1. Os visitantes comezaron tendo o control e adiantáronse a través de Lorenzo, pero os locais xeraron perigo en transicións. O Lourenzá meteu atrás aos rivais con xogo directo, o que fixo que o Monterroso non estivera cómodo ata a bucina final, que lles deu o partido.

O Riotorto deu un salto despois de gañar ao Milagrosa. Os albivermellos comezaron mellor e aproveitaron un erro visitante para adiantarse. Porén, na segunda parte o Riotorto deu un paso adiante e logrou adiantarse para levarse o partido 1-3. O Guitiriz, que periga nos postos baixos, empatou contra o Guntín. O cadro do Ladairo encaixou cedo un gol, pero foi quen de poñer as táboas no partido dúas veces para acabar levándose un punto.

Consulta a clasificación aquí

 

POL 2 - 0 CHANTADA

SD Pol: Manuel, Adrián, Julio J, Roi, Omar, Gerardo, Hamza, Marcos, Alejandro, Agustín e Lucas I. Tamén xogaron Nadir A, Xoel, Pedro H e Rubén.
SD Chantada: José R, Pablo, Manuel R, Manuel P, Miguel, Damián, Pedro, David, Pablo I, Jordi e Hugo. Tamén xogaron Manuel Lamas, Daniel e Pau R.
Goles: Omar (2) para o Pol.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

OUTEIRO DE REI 1 - 0 SANTABALLÉS

SD Outeiro De Rei: Alberto, David, Álvaro, Óscar, Iván, Denís, Samuel F, Alejandro, Samuel S, Alberto D e Borja. Tamén xogaron Daniel, Diego F, Diego R, Iago e Adrián.
CD Santaballés: Iván, Rubén, Jesús, David, Alejandro, Óscar, Xosé, Martín, Adrián, Alejandro N e Daniel G. Tamén xogaron Adrián S, Daniel P, Miguel A e Manuel.
Goles: Borja para o Outeiro de Rei.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

BURELA 3 - 0 MEIRA

Burela SD: Francisco, Jairo, Diego, Jairo C, Pablo, Alejandro, Antón, Yago, Xoel, Adrián e David. Tamén xogaron Yeray, Javier, Hugo, Miguel A e Flavio M.
Meira CF: Xabier, Mateo, Marcos, Kevin P, Marcos S, Óscar, Rubén, Gabriel, Iván, Iván e Diego. Tamén xogaron Sergio, Xosé X e Iago.
Goles: Diego (3) para o Burela.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

FOZ 1 - 0 XOVE LAGO

CD Foz: Tomás, Santiago D, José, Aitor, Daniel, Anxo, Antonio, Carlos, Adrián, Álvaro e Iván. Tamén xogaron Manuel, Aarón e Cristian.
UD Xove Lago: Alejandro, Jairo, Carlos, Alberto, Hugo, Daniel, Diego,Maikel, Francisco, Samuel e Jorge. Tamén xogaron Andrés e Héctor.
Goles: Iván para o Foz.
Árbitro: Fabio Crespo Gámez.

LOURENZÁ 0 - 1 MONTERROSO

ED Lourenzá: Clemente, Raúl, José Antonio, Xoel, Jorge, David, Yago, Jesús, Alejandro, Isaac e Óscar. Tamén xogaron José Ángel, Diego R, Lucas e Diego E.
SD Monterroso: Rubén, Balbino A, Iago, Lucas, Marcos, Antonio, Raúl, Iván, Lorenzo, David e Cristian. Tamén xogaron Aarón e Davor.
Goles: Lorenzo para o Monterroso.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

GUNTÍN 2 - 2 GUITIRIZ

CD Guntín: Diego, Cristhian, Samuel, Sergio Q, Álvaro, Daniel, José F, Miguel, Mateo, Rubén e Xoel. Tamén xogaron Brais, Pablo, Tomás, José C e Sergio L.
Guitiriz SD: Jesús P, César, Antonio C, Yordi, Javier, Antón, Miguel A, José M, Saúl, Adrián e Antonio P. Tamén xogaron Mauro, Diego, Miguel, Jesús L e Iván.
Goles: Daniel e Xoel para o Guntín. Saúl e Javier para o Guitiriz.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

MILAGROSA 1 - 3 RIOTORTO

SDC Milagrosa: Samuel A, Christian, Francisco, Andrés, Anxo, Diego, Pablo, Marco, Miguel, Alejandro F e Juan. Tamén xogaron Esteban, Faustino, Francisco, Manuel e Álex R.
CF Riotorto: Ilian, Manuel C, Hamid, Borja, Adrián R, Adrián F, Pablo, Rubén, Cristian, Javier e Adrián Román. Tamén xogaron Manuel R, Andrés G, Dhomini, Alejandro e José L.
Goles: Anxo para o Milagrosa. Manuel C, Adrián e Javier para o Riotorto.
Árbitro: Marco A Fernández Vázquez.

CHANTADA ATL 1 - 1 ATL ESCAIRÓN

Chantada Atlético: Iván L, César, Luis, Rubén, Adrián, Javier, Iván V, Pablo, Anxo O, Daniel D e David M. Tamén xogaron Iván G, Cristian V e Brais.
Atlético Escairón: Marcos, Félix, Manuel, Javier, Rubén C, Asier, Julio, Denís, José M, Adrián e Miguel. Tamén xogaron Diego, Rubén S, Rubén D, José A e Víctor.
Goles: Rubén para o Chantada. Denís para o Escairón.
Árbitro: Manuel Otero Outeiral.

PORTOMARÍN 2 - 4 TABOADA

CF Portomarín: Rodrigo, Diego, Fabián, Óscar, Mario, Edilson, Ylyasse, Sergio, Alberto, Héctor Hugo e Javier. Tamén xogaron Yago, Gabriel, Agustín e David.
Tabaoda CF: Jacobo C, Fabricio, Miguel, Rubén, Jacobo V, Ibán, Adrián G, Adrián F, Jonathan, Julio A e Martín. Tamén xogaron Manuel G, Manuel V, Nicolás, Elías e Alexandre.
Goles: Héctor H e Javier para o Portomarín. Adrián (2), Jacobo e Rubén M para o Taboada.
Árbitro: Yoshep Alejandro M Jorge Lagos.

 

Resultados xornada 13

Foz 1 0 Xove Lago
Pol 2 0 Chantada
Milagrosa 1 3 Riotorto
Lourenzá 0 1 Monterroso
Outeiro de Rei 1 0 Santaballés
Guntín 2 2 Guitiriz
Chantada Atl 1 1 Atl Escairón
Portomarín 2 4 Taboada
Burela 3 0 Meira

Próxima xornada 

Xove Lago - - Burela
Chantada - - Foz
Riotorto - - Pol
Monterroso - - Milagrosa
Santaballés - - Lourenzá
Guitiriz - - Outeiro de Rei
Atl Escairón - - Guntín
Taboada - - Chantada Atl
Meira - - Portomarín