A duodécima xornada empezou con sorpresa para o Pol, pois o Xove lle puxo contra as cordas. Os de Pelayo Barrero adiantáronse en dúas contras, pero á media hora un penalti discutido polos mariñaos fixo que o Pol se achegase. Na segunda, os de Fernandito foron a por todas, dominaron ata remontar o partido cun 2-4, puideron meter aínda máis goles, mentres que o Xove rematou quedando con 9 no campo.
O Atlético Escairón non se despega e tras gañar ao Portomarín acumula tres vitorias consecutivas. Os de Iván González puxéronse por diante con dous goles na primeira parte, rompendo a un organizado rival. Os de Diego Díaz puideron engancharse nun par de ocasións, pero o Escairón matou o partido co terceiro nunha contra.
O Chantada e o Chantada Atlético seguen empatados a puntos. Os do Atlético foron quen de impoñerse pola mínima contra o Guitiriz. Malia a vitoria, non foi o seu mellor partido, pois estivo moi condicionado polo mal estado do campo. A entrada de César foi clave e acabou metendo o 0-1 definitivo. A SD superou ao Milagrosa na casa. Os locais tiveron o balón e conseguiron marcar dous nunha primeira metade con poucas ocasións. Os albivermellos creceron, pero non se encontraron co gol.
O Foz e o Burela remataron o derbi en táboas. Os verdes adiantáronse con goles de Adrián e Diego. O Foz recortou distancias a balón parado e, tralo descanso, acadaron o empate de penalti. Co paso dos minutos volveu dominar o Burela, chegou adiantarse, mais o Foz deixou o partido en táboas.
O Santaballés segue sexto tras impoñerse ao Guntín. Aínda que os visitantes tiveron control na primeira metade, os de Vilalba romperon o partido na segunda tras marcar un penalti e conseguir ao pouco o 2-0. Debasa recortou distancias, pero o 3-1 chegou no desconto.
O Outeiro escalou ata o sétimo posto coa vitoria sobre o Monterroso. O partido púxose 1-1 antes do minuto 10 e a expulsión de Lucas deixou ao Outeiro cun menos. Aínda así, antes do descanso Samu adiantou aos visitantes cun golazo de falta. Trala pausa, os de Adrián Vázquez repregáronse para non pasar apuros e marcou David o terceiro de cabeza. Tamén deu un salto na táboa o Meira, que empata a 16 puntos co Taboada tras gañarlle por 1-3. Os de Labrada empezaron mellor, foron capaces de conectar en transicións e adiantáronse a través de Rubén. O duelo equilibrouse, pero o Meira meteu dous máis en contraataques. Ao final, o Taboada empuxou cun tanto, pero non deu máis.
O Riotorto saíu da zona vermella tras superar ao Lourenzá. Aínda que os de Ramallal tiveron opcións de gol, logo do descanso o cadro da Veiga adiantouse nunha falta lateral. Tiveron algunha contra para o facer o segundo, pero o 1-0 pechou o taboleiro.
Consulta a clasificación aquí
XOVE LAGO 2 - 4 POL
SD Pol: Manuel, Pedro H, Roi, Omar, Gerardo, Nadir A, Marcos, Xoel, Alejandro, Agustín e Álvaro. Tamén xogaron Hamza, Julio J, Lucas I, Adrián e Jose.
Goles: Jorge e Diego para o Xove Lago. Gerardo, de penalti, Álvaro (2) e Omar para o Pol.
Árbitro: Jorge Michelena Grandio.
RIOTORTO 1 - 0 LOURENZÁ
ED Lourenzá: Clemente, Alejandro, Jose A, Xoel, Jorge, Jose A J, Luis, Paulo, Yago, Isaac e Óscar. Tamén xogaron David, Alejandro F, Raúl e Diego E.
Goles: Javier para o Lourenzá.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.
SANTABALLÉS 3 - 1 GUNTÍN
CD Guntín: Iker, Cristhian D, Brais, Sergio, Álvaro, Jose F, Miguel, Jose C, Mateo, Rubén e Xoel. Tamén xogaron Daniel, Diego e Pablo.
Goles: Alejandro N, de penalti e Daniel G (2) para o Santaballés. Daniel para o Guntín.
Árbitro: Iván Prado López.
ATLÉTICO ESCAIRÓN 3 - 0 PORTOMARÍN
CF Portomarín: Rodrigo, Agustín, Javier, Fabián, Mario, Edilson D, Diego, Sergio, David, Héctor H e Ylyasse. Tamén xogaron Alberto, Yago, Jose D e Diego R.
Goles: Adrián, Manuel e Julio para o Escairón.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.
CHANTADA 2 - 0 MILAGROSA
SCD Milagrosa: Elías, Pablo V, Manuel, Christian, Francisco, Andrés, Anxo, Diego, Miguel, Juan e Michael E. Tamén xogaron Javier, Bruno, Alejandro e Manuel C.
Goles: Sergio e Pablo I para o Chantada.
Árbitro: Javier Pérez Prado.
FOZ 3 - 3 BURELA
Burela SD: Francisco, Diego, Jairo, Pablo, Alejandro, Antón, Yago, Xoel, Adrián, Javier e David. Tamén xogaron Flavio M, Yeray, Jairo L e Hugo.
Goles: Carlos, Aitor, de penalti, e Adrián para o Foz. Adrián, Diego e Jairo para o Burela.
Árbitro: Ángel Ron Valle.
MONTERROSO 1 - 3 OUTEIRO DE REI
SD Outeiro De Rei: Luis, David, Álvaro, Diego, Iván, Lucas, Samuel F, Samuel S, Alberto, Adrián e Borja. Tamén xogaron Denis, Óscar e Diego R.
Goles: Lucas para o Monterroso. Álvaro, Samuel F e David para o Outeiro de Rei.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.
GUITIRIZ 0 - 1 CHANTADA ATL
Chantada Atl: Iván, Alejandro, Luis, Adrián, Javier, Iván G, Ariel A, Iván V, Pablo, Anxo e Daniel. Tamén xogaron César, Rubén, Miguel e Iago.
Goles: César para o Chantada Atlético.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.
TABOADA 1 - 3 MEIRA
Meira CF: Juan M, Mateo G, Marcos F, Javier, Kevin P, Marcos S, Rubén, Gabriel, Iván P, Iván L e Santiago E. Tamén xogaron Óscar, Mateo N, Sergio e Diego.
Goles: Rubén para o Taboada. Rubén, Kevin P e Santiago E, de penalti, para o Meira.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.
Resultados xornada 12
Foz | 3 | 3 | Burela |
Xove Lago | 2 | 4 | Pol |
Chantada | 2 | 0 | Milagrosa |
Riotorto | 1 | 0 | Lourenzá |
Monterroso | 1 | 3 | Outeiro de Rei |
Santaballés | 3 | 1 | Guntín |
Guitiriz | 0 | 1 | Chantada Atl |
Atl Escairón | 3 | 0 | Portomarín |
Taboada | 1 | 3 | Meira |
Próxima xornada
Foz | - | - | Xove Lago |
Pol | - | - | Chantada |
Milagrosa | - | - | Riotorto |
Lourenzá | - | - | Monterroso |
Outeiro de Rei | - | - | Santaballés |
Guntín | - | - | Guitiriz |
Chantada Atl | - | - | Atl Escairón |
Portomarín | - | - | Taboada |
Burela | - | - | Meira |