O derbi muda o liderado

O Chantada caeu contra o Atlético Escairón despois de tres xornadas invicto

O Chantada perdeu o liderado da Primeira despois de ser superado no derbi polo Atlético Escairon. O Sangoñedo comezou vibrando coa emoción de tal cita, pero no minuto 15 os visitantes abriron o marcador a través de Rubén. Co partido aínda aberto os locais intentárono, pero Miguel puxo o 0-2 no 74’. O líder é agora o Pol, despois de golear ao Portomarín 6-0. Aínda que na primeira metade aos locais custoulles pechar o partido despois do 1-0, unha xogada catastrófica no segundo tempo rematou cun gol en propia do Portomarín, que baixou os brazos e deixou ao Pol xogar a pracer.

No segundo posto quedou o Chantada Atlético, que, como o líder, se mantén invicto. Nesta xornada impúxose ao Milagrosa nun partido no que non empezaron cómodos. Custoulles encontrar situacións de vantaxe ata que nunha falta directa adiantáronse e tomaron o mando. Na segunda, ampliaron a diferencia facendo o 0-2 á saída dun córner. Despois quedaron cun menos e o Milagrosa fíxolles dubidar a balón parado. 

Terceira vitoria do Burela que se levou pola mínima o encontro contra o Outeiro de Rei. Aínda que os anfitrións do Municipal dispuxeron do balón, a falla de acerto penalizounos. No inicio da segunda parte, tras un balón largo Diego Chao acabou batendo ao porteiro e deulles a vitoria aos verdes. O Santaballés leva dos triunfos consecutivos tras gañar en Cerdeiriños. Os de Freire dominaron o encontro contra o Monterroso, custoulles chegar á área na primeira metade, pero na segunda decidiron o partido con dous goles de córner.

O Xove impúxose na casa ao Taboada tras unha primeira metade sen goles. No segundo tempo os de Pelayo aproveitaron dous balóns á área para poñerse por diante no marcador. Os visitantes apertaron ao final e conseguiron meter un gol no desconto. O Guntín levouse os tres puntos no Santa Cruz. O Lourenzá adiantouse tras unha falta lateral, pero Mateo empata o partido e os de Hugo Vázquez acabaron remontando 1-3 gracias á súa rapidez.

O Foz e o Meira remataron empatando un partido disputado. Os de Labrada puxéronse por diante na segunda, pero nun balón parado conseguiron empatar os locais. Tomás fixo un paradón no desconto no que o Meira case canta a vitoria.

O Riotorto conseguiu os primeiros tres puntos do curso contra o Guitiriz. Os de Marcos Pereiro empezaron mellor e aproveitando os espazos Erik meteu o 0-1, pero meteron un gol en propia. Antes do descanso Cristian puxo o 2-1 e na segunda Hamid fixo un golazo de bolea que decidiu o partido.

Consulta a clasificación aquí

OUTEIRO DE REI 0 - 1 BURELA

SD Outeiro De Rei: Luis, Alberto, Yeray, Álvaro, Óscar, Vicente, Diego, Denis, Lucas, Samuel e Adrián. Tamén xogaron David, Iago, Borja, Samuel F e Pablo.
Burela SD: Simón, Javier, Diego, Jairo, Pablo, Alejandro, Yago, Xoel, Adrián, Hugo e Jorge. Tamén xogaron Yeray, David, Javier R, Antón e Brais.
Goles: Diego para o Burela.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

 MILAGROSA 0 - 2 CHANTADA ATL

SCD Milagrosa: Daniel, David, Andrés, Anxo, Diego, Pablo, Joel, Miguel, Christian, Juan e Rafael. Tamén xogaron Francisco, Alejandro, Marco, Bruno M e Alejandro F.
Chantada Atl: Anxo, Cesar, Luis, Rubén, Adrián, Brais, Javier, Iván, Cristian, Pablo e Daniel. Tamén xogaron Iván V, David M, Alejandro, David e Ariel A.
Goles: Cristian (2) para o Chantada Atlético.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

POL 6 - 0 PORTOMARÍN

SD Pol: Manuel, Pedro H, Roi, Jose, Gerardo, Hamza, Nadir A, Juan M, Alejandro, Agustín e Álvaro. Tamén xogaron Lucas I, Adrián e Ignacio.
CF Portomarín: Jose, Diego, Javier, Ignacio, Edilson D, Sergio, David, Ylyasse, Alberto, Fabián e Jose D. Tamén xogaron Yago e Gabriel.
Goles: Roi, Ignacio, en propia, Lucas I (2), Alvaro e Ignacio para o Pol.
Árbitro: David Rodríguez López.

FOZ 1 - 1 MEIRA 

CD Foz: Tomas, Adán, Jose, Cristian, Daniel, Anxo, Manuel, Antonio, Xenxo, Carlos e Álvaro. Tamén xogaron Aitor, Antón, Santiago D, Aarón e Pablo.
Meira CF: Fernando, Mateo, Marcos, Mateo N, Kevin P, Iago, Óscar, Rubén, Gabriel, Iván e Iván. Tamén xogaron Javier, Marcos S, Jose L e Sergio.
Goles: Manuel para o Foz e Óscar para o Meira.
Árbitro: Iván Prado López.

 XOVE LAGO 2 - 1 TABOADA

UD Xove Lago: Alejandro, Carlos, Alberto, Daniel, Diego, Maikel, Luis C, Francisco, Kevin, Juan J e Jorge. Tamén xogaron Unai, Juan P, Hugo e Héctor.
Taboada CF: Jacobo, Juan J, Miguel, Fabio, Rubén, Iban, Manuel, Adrián, Jonathan, Julio A e Martín. Tamén xogaron Manuel V, Jacobo V, Xavier e Alexandre.
Goles: Carlos e Juan J para o Xove Lago. Adrián para o Taboada.
Árbitro: Manuel Otero Outeiral.

RIOTORTO 3 - 1 GUITIRIZ 

CF Riotorto: Manuel, Manuel C, Luis F, Jose L, Adrián, Hamid, Pablo, Cesar, Cristian D, Jesús e Edgar. Tamén xogaron Alejandro, Alex, Adrián F e Dhomini.
Guitiriz SD: Jesús, Antonio, Iván, Javier, Antón, Miguel A, David, Erik, Saúl, Cesar e Adrián. Tamén xogaron Mario, Mauro, Miguel, Yordi e Adrián E.
Goles: César, en propia, Cristian e Hamid para o Riotorto. Erik para o Guitiriz.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

MONTERROSO 0 - 2  SANTABALLÉS

SD Monterroso: Rubén, Martín, Iago, Diego, Iván, Balbino A, Lorenzo, Iago S, Martín R, Antonio e Raúl. Tamén xogaron Aarón, David, Raúl V, Marcos e Lucas.
CD Santaballés: Iván, Rubén, Jesús, Hugo Z, Daniel, Martín, Isaac, Manuel, Miguel A, Alejandro e Adrián. Tamén xogaron Daniel G e Alejandro P.
Goles: Adrián e Daniel para o Santaballés.
Árbitro: Brais Rosende Cancela.


 

Resultados xornada 4

Outeiro de Rei 0 1 Burela
Lourenzá 1 3 Guntín
Milagrosa 0 2 Chantada Atl
Pol 6 0 Portomarín
Foz 1 1 Meira
Xove Lago 2 1 Taboada
Chantada 0 2 Atl Escairón
Riotorto 3 1 Guitiriz
Monterroso 0 2 Santaballés

Próxima xornada

Outeiro de Rei - - Lourenzá
Guntín - - Milagrosa
Chantada Atl - - Pol
Portomarín - - Foz
Meira - - Xove Lago
Taboada - - Chantada
Atl Escairón - - Riotorto
Guitiriz - - Monterroso
Burela - - Santaballés