Na segunda xornada da Primeira o Burela, o Chantada e o Pol conseguiron a segunda vitoria consecutiva. Os de Luchi superaron ao Guntín. A posesión era dos verdes, pero os locais crearon perigo con balóns largos e adiantáronse. No segundo tempo o Burela colleu o mando e xeraron ocasións ata conseguir a remontada. En canto ao Chantada, gañoulle 2-1 ao Santaballés. Os donos do Sangoñedo penalizaron dous erros individuais con dous goles en 15 minutos. Os de Freire repuxéronse e competiron na segunda metade. Recortaron distancias no 91’ cun tanto de Play, pero foi tarde. O Pol abriu as portas do Municipal para levarse o encontro contra o Taboada. Os de Fernando dominaron a primeira metade e meteu o esférico na rede nun centro lateral. A incerteza do 1-0 deulle opcións ao Taboada, pero na recta final o Pol sentenciou cunha boa definición de Julio Camba.
O Xove Lago conseguiu os primeiros tres puntos contra o Guitiriz. Os locais empezaron mellor e adiantáronse cun gol protestado. Tralo descanso expulsaron a dous membros do corpo técnico do Guitiriz e a un xogador local. Os visitantes foron polo empate, meteron un gol, pero foi anulado e os puntos quedaron en Xove. Tamén se estreou na vitoria o Escairón tras superar ao Foz. Os de Iván González estiveron mellor na primeira parte e adiantáronse con dous centros á área. Tralo intermedio o equipo mariñao creou perigo a través do xogo directo, pero o triunfo foi do Escairón.
Ao Portomarín estáselle resistindo a primeira vitoria tras volver de Preferente. Enfrontáronse contra o Lourenzá nun duelo que comezou igualado con poucas ocasións. Despois do intermedio os de Diego Díaz dominaron, pero o partido decantouse a favor dos visitantes cun penalti no 88’. A Veiga viviu a derrota do Riotorto contra o Monterroso. Nos primeiros intres unha indecisión local abre o marcador para os visitantes, pero na segunda metade o partido púxose 1-1.Trala lesión de Pablo Viveiro o Monterroso marcou dous goles para decantar o encontro.
No caso do Chantada Atlético, rematou 1-1 contra o Outeiro de Rei. Foron os donos do balón, pero os anfitrións adiantáronse cun bo gol de Seijas. No segundo tempo os visitantes empataron e puideron poñerse por diante, pero non moveron o marcador. Co mesmo resultado remataron o Milagrosa e o Meira. A primeira parte foi dos de Lugo, que se adiantaron a través de Anxo. Na segunda quedaron con un menos e o Meira apertou ata conseguir o 1-1 no 84’ tras a indecisión dos xogadores locais.
GUNTÍN 2 - 3 BURELA
Burela SD: Simón, Javier, Jairo, Jairo C, Pablo, Alejandro, Flavio M, Yago, Adrián, David e Hugo. Tamén xogaron Jorge, Yeray, Brais e Javier R.
Goles: 1-0 (32'): Daniel. 2-0 (44'): Ruben. 2-1 (62'): Adrián. 2-2 (68'): Jairo C. 2-3 (89'): Pablo.
Árbitro: Omar López Parga.
POL 2 - 0 TABOADA
Taboada CF: Jacobo, Juan J, Miguel, Fabio, Rubén, Iban, Adrián, Adrián F, Jonathan, Julio A e Martín. Tamén xogaron Fabricio, Nicolás, Manuel, Jacobo V e Alexandre.
Goles: 1-0 (16'): Piñeiro. 2-0 (88'): Julio Camba.
Árbitro: Iván Prado López.
OUTEIRO DE REI 1 - 1 CHANTADA ATL
Chantada Atl: Iván, Cesar, Luís, Ruben, Adrián, Javier, Iván G, Pablo, Iván V, Daniel e David M. Tamén xogaron Cristian, Anxo O, Brais e Ariel A.
Goles: 1-0 (36'): Samuel S. 1-1 (74'): Adrián.
Árbitro: Víctor Jacobo Rodríguez Bernal.
MILAGROSA 1 - 1 MEIRA
Meira CF: Juan M, Mateo, Mateo N, Javier, José L, Iago, Óscar, Ruben, Gabriel, Iván e Santiago E. Tamén xogaron Kevin P, Iván, Diego e Marcos S.
Goles: 1-0 (25'): Anxo. 1-1 (84'): Marcos S.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.
CHANTADA 2 - 1 SANTABALLÉS
CD Santaballés: Iván, Ruben, Manuel, Hugo Z, Alejandro, Adrián, David, Martín, Daniel, Alejandro N e Adrián V. Tamén xogaron Isaac, Miguel A e Daniel P.
Goles: 1-0 (13'): Gabriel. 2-0 (15'): Manuel. 2-1 (91’): Miguel A.
Árbitro: Manuel Otero Outeiral.
RIOTORTO 1 - 3 MONTERROSO
SD Monterroso: Ruben, Marcos, Iván, Iago, Raúl, Cristian, Iago S, Raúl A, Antonio, Lorenzo e Aaron. Tamén xogaron Martín, Diego, David, Balbino A e Martín B.
Goles: 0-1 (4'): Cristian. 1-1 (57'): Cristian D. 1-2 (73'): Cristian. 1-3 (75'): Iago S.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.
FOZ 1 - 2 ATLÉTICO ESCAIRÓN
Atlético Escairón: Alejandro J, Manuel, Félix, Jose M, Javier, Jorge, Oscar, Asier, Miguel, Denis e Adrián. Tamén xogaron José A, Miguel T e Ruben.
Goles: 0-1 (24'): Adrián. 0-2 (30'): Miguel. 1-2 (43'): Cristian.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate Babil.
XOVE LAGO 1 - 0 GUITIRIZ
Guitiriz SD: Jesús, Yordi, Javier, Iván, Miguel, Jose, Miguel A, Diego, Erik, Saúl e Adrián. Tamén xogaron Antonio, Mario, Antón, David e Juan.
Goles: 1-0 (25'): Maikel.
Árbitro: Brais Rosende Cancela.
PORTOMARIN 0 - 1 LOURENZÁ
ED Lourenza: Clemente, Alejandro, Jose A, Miguel, Jorge, David, Luís, Paulo, Yago, Isaac e Oscar. Tamén xogaron Xoel, Jesús, Javier, Diego e Raúl.
Goles: 0-1 (88'): David, de penalti.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.
Resultados xornada 2
Guntín | 2 | 3 | Burela |
Outeiro de Rei | 1 | 1 | Chantada Atl |
Portomarín | 0 | 1 | Lourenzá |
Milagrosa | 1 | 1 | Meira |
Pol | 2 | 0 | Taboada |
Foz | 1 | 2 | Atl Escairón |
Xove Lago | 1 | 0 | Guitiriz |
Chantada | 2 | 1 | Santaballés |
Riotorto | 1 | 3 | Monterroso |
Próxima xornada
Guntín | - | - | Outeiro de Rei |
Chantada Atl | - | - | Lourenzá |
Portomarín | - | - | Milagrosa |
Meira | - | - | Pol |
Taboada | - | - | Foz |
Atl Escairón | - | - | Xove Lago |
Guitiriz | - | - | Chantada |
Santaballés | - | - | Riotorto |
Burela | - | - | Monterroso |