Coa mira nas semifinais

O Ribadeo, o Antas, o Chantada Atlético e o Pol pasan a seguinte ronda da Copa

Os cuartos da Copa Deputación deixaron como superviventes a tres equipos de Primeira e un de Preferente. O Pol foi o primeiro en clasificarse para as semifinais tras eliminar o sábado ao Outeiro no Manuel Luna. Os visitantes comezaron adiantándose nunha moi boa transición, pero os de Diego Rey empataron tras unha falta na veira da área. O Outeiro volveu adiantarse cunha vaselina de Pereira. Á volta do descanso o Pol fixo o 2-2 noutro balón parado. Os locais quedaron cun menos e que o Outeiro foi superior, malia non xerar demasiadas ocasións. O duelo rematou en táboas e na quenda de penaltis o Pol meteu todos, mentres que Parapar fixo unha boa parada para clasificalos.

A xornada do domingo abriuna o duelo entre o Chantada Atlético e o Santaballés. Os de Vilalba presentáronse con só 12 xogadores, cederon o balón e mantiveron un bo nivel defensivo ante o dominio local. O duelo condicionouse na segunda metade pola tormenta e por unha expulsión do porteiro chairego. Na mesma falta o Chantada puxo o 1-0 e na recta final fixo dous goles máis (3-0).

No caso do Ribadeo, bateu ao Pastoricense no Acebreiro. Nos dous primeiros minutos Alejandro xa conseguira un dobrete para os da Mariña, que se foron ao descanso 0-5. Un resultado case imposible de remontar que se avultou ata o 0-7. Máis igualado foi o duelo entre o Antas e o Portomarín, onde houbo escasas ocasións. Na primeira metade ambos marcador a balón parado e, aínda que o Portomarín xerou máis perigo na segunda, o marcador pechouse co 1-1. Nos penaltis os anfitrións do Castro Seoane acertaron cinco fronte aos tres dos visitantes, logrando así o pase ás semifinais.

Consulta a clasificación aquí

PASTORICENSE 0 - 7 RIBADEO

UD Pastoricense: Carlos, Diego, David, Iago, Brais, Martín, Cristian, Iago G, Manuel, Hugo e Alejandro. Tamén xogaron Alejandro I e Adrián.
Ribadeo FC: Carlos, Matías S, Pablo, Roi, Xairo, Iván, Alejandro, Jorge, Antonio, Asier e Diego. Tamén xogaron Iñaki, Christopher, Anxo e Iván R.
Goles: 0-1 (1'): Alejandro. 0-2 (2'): Alejandro. 0-3 (19'): Diego. 0-4 (25'): Roi. 0-5 (43'): Diego. 0-6 (65'): Asier. 0-7 (89'): Christopher.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

ANTAS 1 - 1 PORTOMARÍN

SD Antas: Kevin, Jose C, Alejandro, Javier, Pablo, Cristian, Xurxo, Gabriel, Alex, Jose A e Rafael. Tamén xogaron Marcos, Jose A, Sergio, Carlos e Juan.
CF Portomarín: Jose, Daniel, Javier, Jose A, Fernando, Ignacio, David, Lucas, Héctor H, Martín e Raúl. Tamén xogou Fabián.
Goles: 0-1 (28'): Javier, en propia. 1-1 (37'): Gabriel.
Penaltis: 5-3.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

CHANTADA ATL 3 - 0 SANTABALLÉS

Chantada Atl: Iván, Cesar, Luis, Adrián, Iván G, Ariel A, Cristian, Pablo M, Pablo, Anxo e Daniel. Tamén xogaron Brais P, Javier, André e Brais.
CD Santaballés: Iván, Rubén, Jesús, Alejandro, Alberto, Martín, David, Francisco, Adrián, Alejandro N e Xosé. Tamén xogou David B.
Goles: 1-0 (70'): Cristian. 2-0 (85'): Brais P. 3-0 (89'): Ariel A.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

POL 2 - 2 OUTEIRO DE REI

SD Pol: Ivan, Adrián, Nathaniel, Adrian C, Rubén, Francisco, Jose, Daniel, Gerardo, Xoel e Oladapo. Tamén xogaron Shedrach A e Manuel.
SD Outeiro De Rei: Alberto, Jonatan, David, Álvaro, Óscar, Jorge, Diego, Lucas, Vicente, Denis e David T. Tamén xogaron Daniel, Adrián, Pedro H e Diego R.
Goles: 0-1 (9'): Vicente. 1-1 (22'): Daniel. 1-2 (41'): Jorge. 2-2 (46'): Francisco.
Penaltis: 5-3.
Árbitro: David Rodríguez López.

 

 COPA DEPUTACIÓN DE LUGO - PREFERENTE E PRIMEIRA

Resultados Cuartos

Pastoricense 0-7 Ribadeo
Antas 1-1 Portomarín
Chantada Atl 3-0 Santaballés
Pol 2-2 Outeiro de Rei