O Castro, a Preferente

A derrota do Escairón clasificounos, a falta dunha xornada, tras gañarlle ao Pastoricense

 

O ascenso directo xa é do Castro, pois quedou clasificado matematicamente, a falta dunha xornada, tras gañar ao Pastoricense e perder o Escairón, que quedou a cinco puntos. No duelo celebrado no  Arturo Pereiro os locais tiveron a posesión e abriron o marcador a través de Noel nos primeiros minutos. Roberto puxo o 2-0 a media hora de partido, pero os da Pastoriza aínda tiveron algunha contra para achegarse. Na segunda metade Rodolfo fixo o terceiro e o Castro xogou a pracer ata o final.

O causante do duro golpe para o Escairón foi o Outeiro de Rei, que lles gañou nun dos mellores duelos da xornada. Armesto adiantou aos de Montoto cun golazo pola escuadra, pero antes do descanso os rivais empataron nunha brillante xogada de estratexia. Na segunda metade o Atlético apertou ao Outeiro e houbo algunha polémica na área. A falta de dez minutos para o final o cadro local adiantouse nunha transición e, malia que o Escairón non baixou os brazos, o 2-1 foi o resultado.

Os de Aaron Sánchez seguen así a dous puntos do Chantada, que non perde mecha e segue no podio ao gañarlle ao Monterroso no derradeiro suspiro en Cereiriños. Os visitantes adiantáronse dúas veces na primeira metade, pero os locais empataron o partido a través de Iago. Co 2-2 se foron ao descanso, pero na segunda metade o Chantada comezou a meter xente arriba e apareceu Carballo no 90’ para darlles a vitoria. O Monterroso perde así tres puntos importantes para a permanencia, pois debe afastarse do zona baixa para non verse prexudicado polos arrastres.

O Lourenzá tomou distancia do Monterroso despois de gañarlle ao Antas, que se mantén fora dos tres últimos, pero sen nada asegurado. Foi un duelo de fútbol directo no que os de Ramallal romperon o empate nunha falta. O Riotorto, tamén co medo de ser arrastrado, quedou sen puntos, ao ser superado pola mínima polo Foz. O duelo comezou igualado e os de Manolo García desaproveitaron varias ocasións claras. Nun balón en largo Manolito fixo o 1-0 para o Foz e o Riotorto acabou xogando con nove.

Preto de ser descendido directamente, o Pontenova pelexou todo o que puido contra o Santaballés e remataron repartindo os puntos. Os de Vilalba comezaron dominando, pero o conxunto da Mariña espertou ata chegar a poñerse por diante con mellor fútbol. No desconto un gol de Martín puxo o 3-3 definitivo.  O empate puxo por riba do San Ciprián, que foi goleado polo Pol, que deu un monólogo no Manuel Luna.

Sen nada en xogo, o Chantada Atlético despregou todo o seu potencial e se impuxo por 7-1 a un Burela que non entrou no partido. O Xove Lago gañou ao Taboada trala expulsión de Mosqui, que lle deu o control do enforntamento aos locais.

Consulta a clasificación aquí

CASTRO 4 - 0 PASTORICENSE

CD Castro: Jose M, Jose L, Diego, Iván, Borja, Roberto, Rodolfo, Javier D, Noel, Juan M e Diego M. Tamén xogaron Adrián, Víctor, Luis R, David e Óscar.
UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago, Brais, Martín, Iago G, Manuel, Adrián, Alejandro, Raúl e Alejandro L. Tamén xogaron Hugo e David.
Goles: 1-0 (5'): Noel. 2-0 (33'): Roberto. 3-0 (48'): Rodolfo. 4-0 (68'): Diego M.
Árbitro: Óscar Cabañas López.

 XOVE LAGO 3 - 1 TABOADA

UD Xove Lago: Alejandro, Fernando, Óscar, Diego, Pelayo, Diego F, Maikel, Luis C, Hugo, Carlos e Kevin. Tamén xogaron Mario, Rubén, Héctor e Jorge.
Taboada CF: Adrián, Manuel, Juan J, Miguel, Fabio, Jacobo, Iban, Adrián F, Jonathan, Rubén e Elías. Tamén xogaron Antón e Raúl.
Goles: 0-1 (5'): Elías. 1-1 (49'): Pelayo. 2-1 (71'): Pelayo. 3-1 (83'): Diego F.
Árbitro: Jose Luis López Rodríguez.

 MONTERROSO 2 - 3 CHANTADA

SD Monterroso: Rubén, Marcos, Diego, Iván, Balbino A, Lorenzo, Cristian, Iago, David, Antonio e Raúl. Tamén xogaron Raúl V, Martín, Ismael e Marco A.
SD Chantada: Diego, Sergio, Alejandro, Pablo, Manuel, David, Miguel, Pedro, David F, Javier e Alexandre. Tamén xogaron Xende, Marcos, Jose R, Manuel P e Pablo I.
Goles: 0-1 (11'): David F. 1-1 (32'): Iago. 1-2 (36'): David. 2-2 (38'): Iago. 2-3 (90'): Jose R.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

 FOZ 1 - 0 RIOTORTO

CD Foz: Alonso, Ángel, Alberto, Cristian, Óscar, Daniel, Manuel, Jose, Adrián, Hugo e Samuel. Tamén xogaron Aitor, Santiago D e Pablo.
CF Riotorto: Ilian, Manuel, Jose L, Isaac, Mawdo, Pablo, Andrés, Pape M, Javier, Jesús e Manuel C. Tamén xogaron Edgar e Manuel M.
Goles: 1-0 (60'): Manuel.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

POL 7 - 0 SAN CIPRIÁN

SD Pol: Iván, Adrián, Nathaniel, Adrián C, Rubén, Francisco, Jose, Daniel, Martín, Gerardo e Xoel. Tamén xogaron Shedrach A, Nadir A e Rubén.
CD San Ciprián: Javier, Giobane R, Edegar, Rodrigo, Claudemir H, Adilson, Joao, Xoel, Borja, Antón e Samuel. Tamén xogaron Miguel e Aleixo.
Goles: 1-0 (24'): Gerardo. 2-0 (38'): Xoel. 3-0 (42'): Gerardo. 4-0 (55'): Francisco. 5-0 (58'): Gerardo. 6-0 (63'): Nadir A. 7-0 (76'): Gerardo.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

OUTEIRO DE REI 2 - 1 ATLÉTICO ESCAIRÓN

SD Outeiro De Rei: Alberto, David, Álvaro, Óscar, Jorge, Diego, Lucas, Vicente, Diego R, Adrián e Diego S. Tamén xogaron Aarón, Denis, Pedro H, Daniel e Jonatan.
Atlético Escairón: Alejandro J, Javier, Sergio, Iván, Julio, Asier, Sergio G, Antonio V, Iker, Rubén e Adrián. Tamén xogaron Aitor M, Nicolás, Óscar e Jose A.
Goles: 0-1 (18'): Adrián. 1-1 (39'): Álvaro. 2-1 (82'): Daniel.
Árbitro: Javier Pérez Prado.

CHANTADA ATL 7 - 1 BURELA

Chantada Atl: Iván, Cesar, Adrián, Javier, Ariel A, Cristian, Pablo M, Pablo, Anxo, André e Miguel. Tamén xogaron Daniel, Brais, Brais P e Luis.
Burela SD: Simón, Jairo, Miguel A, Yeray, Javier, Alejandro, Flavio M, Antón, Marcos, Hugo e Jorge. Tamén xogaron Anxo, Nor E, Jairo L e Pablo.
Goles: 1-0 (1'): Adrián. 2-0 (5'): Adrián. 2-1 (23'): Javier. 3-1 (33'): Anxo. 4-1 (34'): Cesar. 5-1 (54'): Cesar. 6-1 (71'): Daniel. 7-1 (75'): Brais.
Árbitro: David Rodríguez López.

ANTAS 1 - 2 LOURENZÁ

SD Antas: Jesús, Félix, Javier, Jose A, Jose C, Luís, Xurxo, Gabriel, Alejandro, Jose A J e Rafael. Tamén xogaron Martín, Carlos e Cristian.
ED Lourenzá: Clemente, Alejandro, Jose A, Miguel, Jose A J, David, Paulo, Yago, Luis, Jesús e Iván. Tamén xogaron Diego, Xoel, Óscar e Noe.
Goles: 0-1 (11'): Yago. 1-1 (48'): Jose A. 1-2 (73'): Iván.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

 SANTABALLÉS 3 - 3 PONTENOVA

CD Santaballés: Iván, Rubén, Jesús, Alberto, Alberto C, Martín, David, Francisco, Adrián, Alejandro e Hugo. Tamén xogaron Daniel, Nicolás G, Adrián S, Xosé e Óscar.
SP Pontenova: Íker, Marcos, Borja, Juan, Alex, Esteban, Ioan, Samuel, Jorge M, David e Marcos M. Tamén xogaron Mario, Paulo, Gheorghe C, Adrián e David R.
Goles: 1-0 (3'): Martín. 2-0 (19'): Hugo. 2-1 (44'): Jorge M. 2-2 (53'): Juan. 2-3 (74'): Samuel. 3-3 (90'): Martín.
Árbitro: Álvaro Valín González.
 
PRIMEIRA GALICIA - LUGO

Resultados xornada 33

Xove Lago 3-1 Taboada
Foz 1-0 Riotorto
Pol 7-0 San Ciprián
Outeiro de Rei 2-1 Atl Escairón
Chantada Atl 7-1 Burela
Monterroso 2-3 Chantada
Santaballés 3-3 Pontenova
Castro 4-0 Pastoricense
Antas 1-2 Lourenzá

Próxima xornada

Riotorto - Xove Lago
San Ciprián - Foz
Atl Escairón - Pol
Burela - Outeiro de Rei
Chantada - Chantada Atl
Pontenova - Monterroso
Pastoricense - Santaballés
Lourenzá - Castro
Taboada - Antas