A Primeira despediu marzo co Chantada subindo de novo ao podio. O cadro de Adrián Méndez, conseguiu impoñerse na Mina ao Pontenova, ao que se lle complica a permanencia. Comezaron tendo moitas ocasións, pero abriron o marcador os locais nun man a man. Antes do descanso Michi fixo o 1-1 e no segundo tempo o partido trabóuselles, pero Kadete transformou un penalti para levarse o partido cun 1-2.
Baixou ao cuarto posto o Pol, que caeu a domicilio contra o Chantada Atlético. Os locais empezaron mellor e puideron adiantarse nun penalti. Ao pouco abriron o marcador nun córner e fixeron o segundo aproveitando un erro defensivo. Na segunda metade os visitantes melloraron, pero encontráronse cos paus e un bo porteiro rival.
Seguen arriba o Escairón e o Castro, que conseguiron sumar tres puntos máis. No caso do Atlético tocoulle viaxar para enfrontarse ao Lourenzá e foise ao descanso cun 0-1. Na segunda, Javier fixo o segundo e tiveron varias para sentenciar. O Lourenzá achegouse cun tanto de Yago e quixeron empatar, pero o 1-2 foi o resultado. No caso do Castro, tocoulle remontar no Arturo Pereiro contra o Riotorto. Pape adiantou aos visitantes, pero en canto os vermellos se asentaron no verde tomaron o control, chegando ao descanso por riba. O Riotorto non conseguiu ofrecer moito máis perigo e o marcador pechouse cun 3-1.
O Outeiro de Rei mantén o quinto posto, pero volveu ser derrotado esta fin de semana contra o Taboada. Comezaron tendo o balón os visitantes e nun centro meteu en propia meta o cadro da Medela. Tralo descanso o Taboada buscou verticalidade e conseguiu o empate a través de Adrián. No tempo de desconto, un penalti protestado que deixou ao Outeiro con 10 deulles a vitoria aos locais.
Baixou ao número sete o Foz, que foi superado pola mínima en Cerdeiriños. Nun partido de fútbol directo o Monterroso conseguiu levarse as disputas e, nunha segunda xogada, Crespo aproveitou un balón solto na área para facer o 1-0. Despois do intermedio, ambos os equipos tiveron opcións, pero non foron quen de marcar. A derrota deixa aos da Mariña a tres puntos do Burela, que empatou sen goles contra o Pastoricense. Os verdes tiveron o protagonismo ante un rival que non conseguía pasar do medio do campo. Aínda así, o Burela non conseguiu materializar as súas ocasións e repartiron os puntos.
O Santaballés pasoulle por riba ao Xove Lago despois de gañarlles na Liga. Os locais levaron o peso do partido ante un rival que se presentou con baixas e foron quen de rematar 4-1. Por abaixo, o Antas conseguiu gañarlle ao San Ciprián, pero segue en perigo. O duelo comezou igualado e con seriedade defensiva, pero na segunda os visitantes baixaron o ritmo e o Antas o aproveitou.
TABOADA 2 - 1 OUTEIRO DE REI
SD Outeiro De Rei: Alberto, David, Álvaro, Óscar, Jorge, Diego, Lucas, Aarón, Vicente, Denis e David T. Tamén xogaron Adrián, Diego S, Daniel e Óscar D.
Goles: 0-1 (6'): Adrián F, en propia. 1-1 (47'): Adrián. 2-1 (95'): Diego, de penalti.
Árbitro: Saúl López Parga.
CHANTADA ATL 2 - 0 POL
SD Pol: Iván, Adrián, Nathaniel, Adrián C, Rubén, Francisco, Daniel, Martín, Diego, Gerardo e Oladapo. Tamén xogaron Xoel, Ivan G, Nadir A e Jose.
Goles: 1-0 (19'): Daniel. 2-0 (25'): Adrián.
Árbitro: Ángel Ron Valle.
MONTERROSO 1 - 0 FOZ
CD Foz: Tomas, Alberto, Óscar, Aitor, Anxo, Manuel, Xenxo, Jose, Hugo, Samuel e Santiago D. Tamén xogaron Roberto, Dylan, Pablo e Gonzalo.
Goles: 1-0 (41'): Cristian.
Árbitro: Jose Luis López Rodríguez.
SANTABALLÉS 4 - 1 XOVE LAGO
UD Xove Lago: Hugo, Fernando, Andrés, Diego, Diego F, Maikel, Luis C, Pedro, Hugo P, Carlos e Kevin. Tamén xogaron Jorge, Héctor e Mario.
Goles: 1-0 (30'): Adrián. 2-0 (52'): Adrián. 3-0 (58'): Xosé. 3-1 (78'): Diego. 4-1 (83'): Alejandro.
Árbitro: David Méndez Moreda.
ANTAS 2 - 0 SAN CIPRIÁN
CD San Ciprián: Javier, Deonildo, Edegar, Claudemir H, Marcos, Giobane R, Joao, Xoel, Borja, Antón e Daniel. Tamén xogaron Daniel B, Miguel e Martín.
Goles: 1-0 (57'): Alejandro G. 2-0 (81'): Alex.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.
LOURENZÁ 1 - 2 ATLÉTICO ESCAIRÓN
Atlético Escairón: Marcos, Javier, Sergio, Iván, Rubén, Julio, Asier, Denis, Íker, Rubén D e Óscar. Tamén xogaron Aitor M, Miguel, Jose A e Jairo.
Goles: 0-1 (37'): Asier. 0-2 (53'): Javier. 1-2 (71'): Yago.
Árbitro: Javier Pérez Prado.
PASTORICENSE 0 - 0 BURELA
Burela SD: Francisco, Adrián, Xoel, Jairo, Jairo C, Yeray, Flavio M, Iván, Antón, Yago e Marcos. Tamén xogou Brais.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.
PONTENOVA 1 - 2 CHANTADA
SD Chantada: Diego, Sergio, Pablo, David, Miguel, Pedro, David F, Javier, Alexandre, Marcos e Alejandro. Tamén xogaron Manuel, Manuel P, Hugo, Pablo I e Celso.
Goles: 1-0 (33'): Jorge M. 1-1 (41'): Miguel. 1-2 (65'): David, de penalti.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.
CASTRO 3 - 1 RIOTORTO
CF Riotorto: Ilian, Manuel, Manuel M, Jose L, Isaac, Manuel R, Isaac R, Pape M, Javier, Mawdo e Cesar. Tamén xogaron Miguel, Jesús e Dilan A.
Goles: 0-1 (17'): Pape M. 1-1 (23'): Borja. 2-1 (40'): Borja. 3-1 (53'): Borja.
Árbitro: David Rodríguez López.
PRIMEIRA GALICIA - LUGO |
---|
Taboada | 2-1 | Outeiro de Rei |
Chantada Atl | 2-0 | Pol |
Monterroso | 1-0 | Foz |
Santaballés | 4-1 | Xove Lago |
Castro | 3-1 | Riotorto |
Antas | 2-0 | San Ciprián |
Lourenzá | 1-2 | Atl Escairón |
Pastoricense | 0-0 | Burela |
Pontenova | 1-2 | Chantada |
Pol | - | Outeiro de Rei |
Foz | - | Chantada Atl |
Xove Lago | - | Monterroso |
Riotorto | - | Santaballés |
San Ciprián | - | Castro |
Atl Escairón | - | Antas |
Burela | - | Lourenzá |
Chantada | - | Pastoricense |
Pontenova | - | Taboada |