O Pol abandona o podio

O Chantada púxose segundo, seguido do Castro e o Outeiro, que non fallaron

O Pol tiña o segundo posto collido por un só fío e o empate desta xornada contra o Santaballés deixouno no quinto posto. Nun choque igualado e de xogo directo, os de Cholas adiantáronse nun rexeite, pero os locais empataron antes do descanso. Na segunda volveu poñerse por diante o Pol, pero a falla dun minuto Adrián fixo o 2-2 nunha falta lateral. O resultado deixáballe ao Chantada na prata, xa que o sábado gañara ao Burela pola mínima. Nun partido pelexado adiantáronse os locais nun man a man de David. Os verdes fixéronse co control do balón e incomodaron aos visitantes, pero a falta de perigo deixou o marcador co 1-0. Un gol máis marcou o Castro, agora terceiro na táboa, contra o Foz, outro integrante do grupo alto. Os vermellos dominaron na primeira metade e adiantáronse a través de Noel. Os da Mariña aproveitaron os minutos de baixón dos locais e tiveron entre as botas o empate. Malia iso, na segunda  apenas chegaron e o Castro foi mellor ata subir o segundo ao taboleiro.

O Outeiro de Rei púxose ao pé do podio, tamén con 53 puntos despois de gañarlle ao Monterroso. Os de Aarón Sánchez dominaron o primeiro tempo e Pereira adiantounos cun tanto de cabeza. Na segunda os locais apertaron arriba, pero non conseguiron concretar. A falta de cinco minutos Jorge repetiu a formula para meter o segundo. Aínda que estes equipos teñen grandes aspiracións, o rei segue sendo o Atlético Escairón, que tivo que remar ante un Pontenova que loita por quedar na categoría. Os líderes comezaron mellor e puxéronse 0-2 na primeira parte, pero antes do descanso reciben o 1-2. Na segunda metade os da Mariña seguiron mellorando ata empatar, pero unha expulsión en cada equipo trastornou o partido. O Escairón xestionouno mellor e conseguiu o gol da vitoria no 96’.

Pasando a falar da metade da lista, o Chantada Atlético mantense sétimo e nesta xeira intermitente das últimas xornadas esta vez saíulle cara. Enfrontáronse contra o Taboada e nuns primeiros minutos igualados adiantáronse nun penalti protestado. Na segunda, os erros defensivos dos locais favoreceron ao Atlético, que non perdoaron e puxéronse 1-4. Miguel marcou para o Taboada e co 2-4 remataron na Medela. O Xove Lago mantén tamén posicións tras empatar sen goles contra o Antas. Ambos os dous equipos tiveron ocasións claras, pero faltou a puntería dos dianteiros. Terceira vitoria consecutiva do Riotorto, que se impuxo a un rival directo pola permanencia. Gañaron ao Lourenzá por 0-2 grazas a unha mellor segunda parte e boa defensa. O Pastoricense conseguiu a segunda vitoria do curso contra o San Ciprián. Foron moi superiores na primeira parte creando perigo polas bandas, na segunda parte baixaron o ritmo, pero remataron 4-1.

Consulta a clasificación aquí

TABOADA 2 - 4 CHANTADA ATL.

Taboada CF: Ismael, Juan J, Miguel, Noé, Jacobo, Iban, Adrián, Adrián F, Jonathan, Rubén e Manuel. Tamén xogaron Diego, Manuel G, Carlos e Xavier.
Chantada Atl: Anxo, Cesar, Luis, Etham, Adrián, Javier, Iván, Ariel A, Brais, Daniel e André. Tamén xogaron Iván L, Anxo O, Pablo M, Brais E e André.
Goles: 0-1 (17'): Adrián, de penalti. 0-2 (49'): Cesar. 1-2 (52'): Rubén. 1-3 (66'): Iván. 1-4 (69'): Adrián. 2-4 (77'): Miguel.
Árbitro: David Rodríguez López.

MONTERROSO 0 - 2 OUTEIRO DE REI

SD Monterroso: Rubén, Jose V, Iván, Balbino A, Raúl, Iago, Martín, David, Antonio, Raúl A e Lorenzo. Tamén xogaron Basilio, Adrián, Diego, Marco A e Adrián B.
SD Outeiro De Rei: Alberto, David, Álvaro, Álvaro R, Jorge, Daniel, Lucas, Aarón, Adrián, Óscar e David T. Tamén xogaron Diego, Samuel e Vicente.
Goles: 0-1 (35'): Jorge. 0-2 (39'): Jorge.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

SANTABALLÉS 2 - 2 POL

CD Santaballés: Iván, Jesús, Alejandro, Daniel, Alberto, Martín, Rubén, Francisco, Adrián, Alejandro N e Nicolás G. Tamén xogaron David, Xose e Miguel A.
SD Pol: Manuel, Adrián, Nathaniel, Rubén, Daniel, Juan C, Nadir A, Diego, Gerardo, Adrián M e Oladapo. Tamén xogaron Luis, Martin, Xoel, Samuel e Aarón.
Goles: 0-1 (25'): Daniel. 1-1 (37'): Alejandro N. 1-2 (58'): Diego. 2-2 (90'): Adrián.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

 CASTRO 2 - 0 FOZ

CD Castro: Jose M, Jose L, Diego, Iván, Borja, Rodolfo, Javier D, Roberto, Víctor, Noel e Diego M. Tamén xogaron Pedro, Óscar, Adrián e Iván.
CD Foz: Tomas, Cristian, Óscar, Aitor, Daniel, Manuel, Santiago D, Xenxo, Jose, Adrián e Hugo. Tamén xogaron Roberto, Anxo e Pablo.
Goles: 1-0 (12'): Noel. 2-0 (74'): Roberto.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

LOURENZÁ 0 - 2 RIOTORTO

ED Lourenzá: Clemente, Xoel, Jose A, Miguel, Jose A J, David, Óscar, Paulo, Yago, Luis e Iván. Tamén xogaron Raúl, Diego V e Diego R.
CF Riotorto: Manuel, Manuel C, Manuel R, Jose L, Isaac, Mawdo, Pablo, Andrés, Pape M, Javier e Adrián. Tamén xogaron Miguel, Isaac R, Jesús e Dilan A.
Goles: 0-1 (50'): Javier. 0-2 (90'): Isaac R.
Árbitro: Óscar Cabañas López.

 PASTORICENSE 4 - 1 SAN CIPRIÁN

UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago, Adrián, Brais, Martín, Raúl, Manuel, Adrián S, Hugo e Alejandro. Tamén xogaron Asier, Iago G, Jordi e David.
CD San Ciprián: Javier, Claudemir H, Edegar, Rodrigo, Marcos, Xoel, Joao, Antón, Borja, Deonildo e Daniel. Tamén xogaron Giobane R, Izan e Fabio.
Goles: 1-0 (12'): Diego. 2-0 (16'): Adrián S. 3-0 (25'): Manuel. 3-1 (90'): Borja. 4-1 (90'): Manuel.
Árbitro: David Méndez Moreda.

 PONTENOVA 2 - 3 ATLÉTICO ESCAIRÓN

SP Pontenova: Íker, Marcos, Borja, Juan, Esteban, Ioan, Samuel, David, Diego, Brais e Adrián. Tamén xogaron Marcos M, Alex, David G e Hugo.
Atlético Escairón: Alejandro J, Javier, Iván, Rubén, Aitor M, Julio, Asier, Miguel, Denis, Jose A e Rubén D. Tamén xogaron Íker, Óscar, Jairo e Marcos.
Goles: 0-1 (4'): Miguel. 0-2 (37'): Asier, de penalti. 1-2 (43'): Diego. 2-2 (63'): Samuel. 2-3 (90'): Julio.
Árbitro: Álvaro Valín González.

 ANTAS 0 - 0 XOVE LAGO

SD Antas: Kevin, Félix, Alejandro, Javier, Jose C, Nicolás, Xurxo, Gabriel, Jose A, Alejandro G e Rafael. Tamén xogou Marcos.
UD Xove Lago: Jorge, Fernando, Andrés, Óscar, Mario, Pelayo, Maikel, Pedro, Hugo, Carlos e Jorge I. Tamén xogou Hector.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

 CHANTADA 1 - 0 BURELA

SD Chantada: Diego, Alberto, Pablo, Manuel, David, David F, Pablo I, Javier, Alexandre, Marcos e Alejandro. Tamén xogaron Miguel, Pedro, Hugo e Manuel P.
Burela SD: Francisco, Xoel, Jairo, Jairo C, Miguel A, Yeray, Alejandro, Flavio M, Yago, Marcos e Hugo. Tamén xogaron Iván, Anxo e Pablo.
Goles: 1-0 (7'): David F.
Árbitro: Iván Prado López.

 

 
PRIMEIRA GALICIA - LUGO

Resultados xornada 25

Taboada 2-4 Chantada Atl
Monterroso 0-2 Outeiro de Rei
Santaballés 2-2 Pol
Castro 2-0 Foz
Antas 0-0 Xove Lago
Lourenzá 0-2 Riotorto
Pastoricense 4-1 San Ciprián
Pontenova 2-3 Atl Escairón
Chantada 1-0 Burela

Próxima xornada

Outeiro de Rei - Chantada Atl
Pol - Monterroso
Foz - Santaballés
Xove Lago - Castro
Riotorto - Antas
San Ciprián - Lourenzá
Atl Escairón - Pastoricense
Burela - Pontenova
Chantada - Taboada