Con unllas e dentes

Escairón, Pol, Castro e Chantada seguen agarrándose á cabeza da clasificación

Febreiro comeza cos mesmos equipos que deixou no alto xaneiro. O Escairón continúa líder e pechou a xornada gañando pola mínima ao San Ciprián. Os do Atlético dominaron e puxéronse por diante na primeira parte. Na segunda, máis xogo directo e grande actuación de Mada que mantivo vivos aos locais ata o final.

No segundo posto segue o Pol, ao que se lle escaparon os tres puntos contra o Pastoricense. No inicio os polenses tiveron as mellores ocasións e despois dun penalti parado por Carlos, adiantáronse nun córner. Despois do descanso, os da Pastoriza quedan con 10, pero arriscaron e conseguiron o premio do empate.

O Castro, terceiro, asinou unha contundente vitoria contra o Monterroso. No primeiro tempo abriron a lata, pero non tiveron demasiadas oportunidades. Na segunda, aumentaron o ritmo en ataque, puxéronse 3-0 cando os visitantes quedaron con dez e o duelo quedou resolto co 5-1 final. O Chantada aguanta sen despegarse do podio,  e segue a un punto do Castro tras impoñerse con comodidade ao Xove. Tras abrir o marcador cunha vaselina de Joserra, completaron a goleada con seis tantos máis, dos que catro viñeron por parte de Xende.

O Outeiro rouboulle o quinto posto ao Burela, xa que gañaron ao Lourenzá a domicilio. O Santa Cruz acolleu un partido moi igualado no que na segunda os de Aarón Sánchez comezaron a controlar o xogo e acadaron un gol nunha moi boa xogada colectiva. O Lourenzá comezou a apertar arriba e na última acción do duelo meteron un gol que quedou anulado por fóra de xogo. No enfrontamento do Burela, os verdes saíron ben plantados ante un Riotorto que só contaba con 11 xogadores. Cun 1-0 ao descanso, a segunda metade comezou co 2-0 dun Burela que mandaba con balón. Os de Manolo García non lle perderon a cara ao partido e no tramo final lograron empatar.

O Chantada Atlético e o Foz teñen 38 puntos e ámbolos dous conseguiron un triunfo a domicilio. Os do Atlético fixérono contra o Antas, un duelo que comezou con dominio de balón visitante, pero que foi 1-1 ao descanso tras unha boa contra dos locais. Na segunda metade o Chantada volveu poñerse por diante nunha xogada polémica que sacou ao Antas do partido e acabou recibindo dous tantos máis.

No choque entre o Pontenova e o Foz remataron gañando os focenses. Anotaron primeiro, pero os locais empataron no50’. Os visitantes volveron adiantarse con dous tantos e o final pechouse co 2-3.

No medio da clasificación segue o Santaballés, que repartiu os puntos co Taboada. Nunha primeira metade sen disputa, marcaron os de Víctor López. Tralo intermedio, os donos da Medela melloraron e crearon chegadas ata conseguir o 1-1 a través de Rubén.

Consulta a clasificación aquí

TABOADA 1 - 1 SANTABALLÉS

Taboada CF: Ismael, Juan J, Diego, Miguel, Fabio, Jacobo, Iban, Adrián, Adrián F, Rubén e Manuel. Tamén xogaron Noé, Jonathan, Sergio e Diego G.
CD Santaballés: Iván, Rubén, Jesús, Alberto, Alejandro, Adrián, David, Francisco, Adrián V, Alejandro N e Martín. Tamén xogaron Hugo Z, Hugo, Daniel, Xosé e Miguel A.
Goles: 0-1 (43'): Alejandro N. 1-1 (69'): Rubén.
Árbitro: Álvaro Valín González.

CASTRO 5 - 1 MONTERROSO

CD Castro: Jose M, Noel, Jose L, Diego, Iván, Borja, Hugo, Rodolfo, Javier D, Luis R e Juan M. Tamén xogaron Raúl, Roberto, Víctor, David e Iván.
SD Monterroso: Rubén, Balbino A, Marco A, Raúl, Cristian, Iago, Martín, Iván, David, Antonio e Raúl A. Tamén xogaron Sergio, Ismael, Daniel, Jose V e Lorenzo.
Goles: 1-0 (37'): Iván. 2-0 (50'): Borja. 3-0 (64'): Rodolfo. 4-0 (68'): Rodolfo. 5-0 (71'): Roberto. 5-1 (84'): Lorenzo, de penalti.
Árbitro: David Rodríguez López.

ANTAS 1 - 4 CHANTADA ATL

SD Antas: Kevin, Alejandro, Jose C, Javier, Martín, Fernando D, Xurxo, Gabriel, Jose A, Alejandro G e Rafael. Tamén xogaron Félix, Marcos, Carlos e Sergio.
Chantada Atl: Iván, Alejandro, Cesar, Luis, Etham, Adrián, Iván G, Ariel A, Brais, Anxo e Daniel. Tamén xogaron Cristian, Javier, Brais E e André.
Goles: 0-1 (36'): Cesar. 1-1 (45'): Martín. 1-2 (61'): Cesar. 1-3 (68'): Daniel. 1-4 (79'): Adrián.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

LOURENZÁ 0 - 1 OUTEIRO DE REI

ED Lourenzá: Clemente, Jose A, Alejandro, Raúl, Xoel, David, Julián, Óscar, Yago, Miguel e Iván. Tamén xogou Diego.
SD Outeiro De Rei: Alberto, David, Óscar, Daniel, Lucas, Aarón, Vicente, Diego, Denis, Óscar D e David T. Tamén xogaron Diego R, Diego S e Jonatan.
Goles: 0-1 (48'): Daniel.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

PASTORICENSE 1 - 1 POL

UD Pastoricense: Carlos, Diego, Iago, Adrián, Brais, Martín, Manuel, Adrián S, Hugo, Alejandro e Raúl. Tamén xogaron Asier, Iago G, David e Alejandro I.
SD Pol: Manuel, Nathaniel, Juan C, Nadir A, Shedrach A, Diego, Gerardo, Xoel, Adrián M, Oladapo e Samuel. Tamén xogaron Rubén, Miguel, Daniel e Martín.
Goles: 0-1 (22'): Nathaniel. 1-1 (90'): Martín.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

PONTENOVA 2 - 3 FOZ

SP Pontenova: Íker, Mario, Adrián, Borja, Juan, Alex, Esteban, Samuel, Jorge M, Diego e Brais. Tamén xogaron Juan A, Ioan, David, Marcos e David R.
CD Foz: Alonso, Ángel, Alberto, Aitor, Daniel, Gonzalo, Xenxo, Jose, Adrián, Samuel e Santiago D. Tamén xogaron Óscar, Cristian e Víctor.
Goles: 0-1 (20'): Xenxo. 1-1 (50'): Jorge M. 1-2 (54'): Gonzalo. 1-3 (75'): Xenxo. 2-3 (89'): Ioan.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

CHANTADA 7 - 0 XOVE LAGO

SD Chantada: Diego, Sergio, Pablo, Jose R, Manuel, David, Miguel, Xende, David F, Alexandre e Marcos. Tamén xogaron Manuel P, Manuel P M, Javier e Pedro.
UD Xove Lago: Alejandro, Andrés, Óscar, Diego, Maikel, Pedro, Hugo, Héctor, Carlos, Kevin e Rubén. Tamén xogou Jorge.
Goles: 1-0 (7'): Jose R. 2-0 (13'): Xende. 3-0 (31'): Xende. 4-0 (40'): Xende. 5-0 (63'): Manuel. 6-0 (65'): Miguel. 7-0 (76'): Xende.
Árbitro: Javier Pérez Prado.

BURELA 2 - 2 RIOTORTO

Burela SD: Francisco, Xoel, Jairo, Xoel G, Miguel A, Yeray, Javier, Flavio M, Yago, David e Hugo. Tamén xogaron David O, Anton e Brais.
CF Riotorto: Manuel, Miguel, Manuel R, Jose L, Isaac, Cesar, Pablo, Isaac R, Dilan A, Jesús e Adrián.
Goles: 1-0 (30'): Miguel A. 2-0 (62'): Javier. 2-1 (82'): Adrián. 2-2 (85'): Isaac R.
Árbitro: David Méndez Moreda.

ATLÉTICO ESCAIRÓN 1 - 0 SAN CIPRIÁN

Atlético Escairón: Alejandro J, Javier, Íker, Iván, Rubén, Julio, Asier, Óscar, Denis, Antonio V e Adrián. Tamén xogaron Sergio, Mouhamed, Rubén D, Jose I e Aitor M.
CD San Ciprián: Javier, Deonildo, Edegar, Rodrigo, Marcos, Xoel, Giobane R, Antón, Borja, Daniel e Daniel B. Tamén xogaron Bruno e Daniel C.
Goles: 1-0 (19'): Denis.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

 

 
PRIMEIRA GALICIA - LUGO

Resultados xornada 2

Taboada 1-1 Santaballés
Castro 5-1 Monterroso
Antas 1-4 Chantada Atl
Lourenzá 0-1 Outeiro de Rei
Pastoricense 1-1 Pol
Pontenova 2-3 Foz
Chantada 7-0 Xove Lago
Burela 2-2 Riotorto
Atlético Escairón 1-0 San Ciprián

Próxima xornada

Monterroso - Santaballés
Chantada Atl - Castro
Outeiro de Rei - Antas
Pol - Lourenzá
Foz - Pastoricense
Xove Lago - Pontenova
Riotorto - Chantada
San Ciprián - Burela
Atl Escairón - Taboada