Co mel nos beizos
O Castro quedou ás portas do ascenso tras caer en Vigo por 2-0 ante o Alertanavia
Play Off
O Castro quedou ás portas do ascenso a Preferente tras ser superado por 2-0 no campo Federativo de Coia, resultado que lle deu a clasificación ao Alertanavia. O equipo lucense chegaba ao encontro co 2-1 da ida, pero non puido aguantar a vantaxe ante un rival que foi máis efectivo.
Na primeira metade o Alertanavia levou a iniciativa con balón, conseguiu achegarse á área rival, aínda que sen ocasións claras. Pola súa parte, o Castro buscou facer dano á contra, gozando de tres ou catro ocasións moi perigosas, pero sen acerto, o que mantivo o marcador a cero ao intermedio.
No segundo tempo os de Dumi saíron mellor, pero un contraataque do Alertanavia puxo o 1-0 no marcador sobre o 55. Dez minutos despois chegou o segundo para os de Vigo, nun rebote tras un córner. Nos minutos finais, os lucenses empurraron con valentía, encerrando ao rival no seu campo e acumulando chegadas e centros laterais. Tiveron dúas ocasións moi claras para forzar o resultado, pero o gol non chegou e o soño do ascenso esfumouse.
ALERTANAVIA 2 - 0 CASTRO
CD Castro: José M, Pablo V, Daniel, Diego, Álvaro, Hugo, Iván R, José L, Pablo R, Marco e Víctor. Tamén xogaron Raúl e Iván G.
Goles: David e Hugo para o Alertanavia.
Árbitro: Iago Borrajo Rodríguez.
Resultados final ida
| Spórting Celanova | 2 | 0 | Cordeiro |
| Castro | 2 | 1 | Alertanavia |
| Victoria CF | 2 | 0 | Carral |
Resultados final volta
| Cordeiro | 1 | 0 | Spórting Celanova |
| Alertanavia | 2 | 0 | Castro |
| Carral | 3 | 2 | Victoria CF |