O Chantada Atlético golea ao Antas e cólgase o bronce, detrás do Pol e o Castro

O Foz, que esmagou ao Pontenova, e o Santaballés, que gañou ao Taboada con tres goles, tamén subiron varios postos ata colocarse cuarto e quinto, respectivamente

A Primeira segue moldeando posicións neste inicio de curso e o Chantada Atlético púxose terceiro tras golear ao Antas. Un partido dunha sola cor no que o curto banco dos visitantes aguantou o que puido na primeira metade (2-0), ata recibir  cinco máis na segunda.

O Pol segue na cabeza tras vencer un partido disputado contra un Pastoricense ordenado en defensa. Os vermellos, despois de tres claras, meteron o primeiro antes do descanso. No segundo tempo, Dapo fixo o 2-0 rematando un centro. Cando todo parecía controlado, os da Pastoriza fan o 2-1 a falla de dez minutos, pero un gol de Michi no desconto matou o partido definitivamente. Detrás deles segue o Castro, que se fixo coa vitoria contra o Monterroso a domicilio, grazas á efectividade. Tras un gol tempraneiro, Adrián deu calma co segundo. Os locais reaccionaron cun tanto de Antonio, pero o 1-2 pechou o marcador.

O Foz logrou facer o segundo marcador máis amplo da xornada, un 7-1 contra un Pontenova que quedou cun menos na segunda metade. Co resultado, deron pasos na clasificación, ao igual que o Santaballés, que gañou ao Taboada na Liga. Os de Manu Rodríguez puideron adiantarse cun remate de cabeza de Iván, pero foron os rivais os que fixeron o primeiro despois dunha falta. Co 2-0 e a lesión de Mosqui o Taboada baixou un pouco os brazos e aínda que tentou repoñerse no segundo tempo, encaixou o terceiro.

Con estes resultados, o Lourenzá e o Outeiro baixaron na lista tras empatar. Tiveron a posesión os anfitrións do Municipal en todo o partido, pero foron os  de Ramallal quen se encontraron primeiro co gol. O Outeiro reaccionou a base de centros e así chegou o empate, co pé esquerdo de Redondo.Entre estes dous equipos está na lista o Atlético Escairón, que venceu pola mínima ao San Ciprián.  Toto decantou o duelo no 57’ cun tiro cruzado. Aínda que os de Cervo se quedaron cun menos, buscaron o empate ata o final.

Tamén na Mariña o Chantada conseguiu facerse cos tres puntos contra o Xove. Os visitantes comezaron mellor con balón e no minuto 4 meteron o primeiro a través de David. Ao pouco, tiveron un man a man que detivo Trullo. Os locais melloraron na segunda metade ao cambiar a defensa, pero un erro na saída de balón custoulles o 0-2.  Ao pouco chegou o 1-2 e tiveron opcións de empatar que non materializaron, un penalti fallado e un gol anulado.

En canto ao Riotorto, segue sen dar coa tecla esta tempada e esta xornada foi dominado polo Burela, que fixo un partido moi completo conseguindo irse 3-0 ao descanso e marcando o cuarto na segunda parte.

Consulta a clasificación aquí

SANTABALLÉS 3 - 0 TABOADA

CD Santaballés: Iván, Diego, Alejandro, Daniel, Hugo Z, Alberto, Hugo, Francisco, Adrián, Martín e Miguel A. Tamén xogaron Jesús, Alejandro, Óscar e Adrián.
Taboada CF: Roi, Juan J, Diego, Jacobo, Diego, Ibán, Sergio, Adrián, Jonathan, Rubén e Daniel. Tamén xogaron Adrián, Manuel G, Manuel V e Manuel G.
Goles: 1-0 (19’): Miguel A. 2-0 (44’): Adrián. 3-0 (51’): Miguel A.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

MONTERROSO 1 - 2 CASTRO

SD Monterroso: Rubén, José V, Basilio, Diego, Iván, Lorenzo, Iago, David, Antonio, Raúl e Marcos. Tamén xogaron Adrián, Marcos, Lucas e Balbino.
CD Castro: José M, Noel, Juan Manuel, José L, Diego, Iván, Borja, Luis R, Raúl, Adrián e Lucas G. Tamén xogaron Hugo, Óscar, Iván e Mateo.
Goles: 0-1 (5’): Lucas G. 0-2 (52’): Adrián. 1-2 (55’): Antonio.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

CHANTADA ATL 7 - 0 ANTAS

Chantada Atlético: Iván, Alejandro, Luís, Adrián, Iván, Brais, Cristian, Pablo M, Iago, Anxo e Daniel. Tamén xogaron Eiriz, David, Dámaso, Javier e Sampayo.
SD Antas: Kevin, José C, Juan, Javier, Nicolás, Cristian, Sergio, Félix, José A, Jesús e Rafael. Tamén xogou Alejandro.
Goles: Adrián, Pablo M (2), Eiriz, Iván (2) e David para o Chantada Atl.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

OUTEIRO DE REI 1 - 1 LOURENZÁ

SD Outeiro de Rei: Alberto, Jonatan, Marcos, Álvaro V, Álvaro R, Jorge, Redondo, Aarón, Vicente, Adrián e Samuel. Tamén xogaron Diego, Óscar e Denis.
ED Lourenzá: Adrián, Javier, Alejandro, José Antonio, Jorge, José Ángel, David, Luís, Yago, Raúl e Alejandro F. Tamén xogaron Óscar, Miguel, Veiga e Julián.
Goles: 0-1 (22’): Raúl. 1-1 (31’): Redondo.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

POL 3 - 1 PASTORICENSE

SD Pol: Manuel, Adrián, Nathaniel, Pablo, Daniel, Diego G, Diego N, Gerardo, Xoel, Dapo e Martín. Tamén xogaron Aarón, Samuel, Rubén e Miguel.
UD Pastoricense: Carlos, Iago, Adrián, Brais, Martín, Cristian, Manuel, Adrián S, Asier, Alejandro e Raúl. Tamén xogaron Diego, Santi, Daniel, Iago e Jordi.
Goles: 1-0 (46’): Daniel. 2-0 (59’): Dapo. 2-1 (67’): Asier. 3-1 (90’): Miguel.
Árbitro: David Méndez Moreda.

FOZ 7 - 1 PONTENOVA

CD Foz: Tomás, Ángel, Alberto, Óscar, Daniel, Manuel, Víctor, Xenxo, José, Adrián e Samuel. Tamén xogaron Hugo, Alejandro, Alonso, Aitor e Cristian.
SP Pontenova: Iker, Anxo, Diego, Juan, Ioan, Esteban, Jorge M, Samuel, Adrián, Brais e Cristian. Tamén xogaron Álex, Marcos, David, Hugo e Mario.
Goles: Daniel, José, Manuel (3), Samuel e Aitor (p) para o Foz. Jorge M para o Pontenova.
Árbitro: Álvaro Valín González.

XOVE LAGO 1 - 2 CHANTADA

UD Xove Lago: Alejandro, Fernando, Óscar, Diego, Pelayo, Diego F, Maikel, Luis C, Pedro, Kevin e Xesús F. Tamén xogaron Carlos, Jorge e Mario.
SD Chantada: Adrián, Sergio, Alberto, Pablo, Manuel, David, Miguel, Pablo, Pedro, David F e Alejandro. Tamén xogaron  Alexandre, José R, Hugo e Manuel.
Goles: 0-1 (4’): David. 0-2 (50’): Miguel. 1-2 (54’): Diego.
Árbitro: Adrián Fernández Calvín.

RIOTORTO 0 - 4 BURELA

CF Riotorto: Daniel, Miguel, Manuel R, Manuel C, Isaac, Javier, Pablo, Isaac R, Jesús, Adrián e Dilan. Tamén xogaron Méndez e Harry.
Burela SD: Francisco, Adrián, Xoel, Jairo, Miguel A, Yeray, Javier ,Pablo, Antón, David e Hugo. Tamén xogaron Alejandro, Jairo, Brais, Valdo e Simón.
Goles: 0-1 (16’): Yeray. 0-2 (26’): David. 0-3 (44’): Javier. 0-4 (52’): Jairo.
Árbitro: Iván Prado López.

SAN CIPRIÁN 0 - 1 ATL ESCAIRÓN

CD San Ciprián: Javier, Alejandro, Edgar, Rodrigo, Marcos, Giobane, Joao, Antón, Deonildo, Xoel e Daniel. Tamén xogaron Daniel L, Daniel G e Miguel.
Atlético Escairón: Alejandro J, Félix, Javier, Iván, Rubén, Iker, Adrián, Sergio, Miguel, Denis e Antonio V. Tamén xogaron Óscar, Asier, Sergio e Diego.
Goles: 0-1 (57’): Antonio V.
Árbitro: Ángel Ron  Valle.
                                                       
 
PRIMEIRA GALICIA - GRUPO LUGO

Resultados xornada 4                                                                                                                        

Santaballés 3-0 Taboada
Monterroso 1-2 Castro
Chantada Atl 7-0 Antas
Outeiro de Rei 1-1 Lourenzá
Pol 3-1 Pastoricense
Foz 7-1 Pontenova
Xove Lago 1-2 Chantada
Riotorto 0-4 Burela
San Ciprián 0-1 Atl Escairón
    
    

Próxima xornada

                 
Santaballés - Monterroso
Castro - Chantada Atl
Antas - Outeiro de Rei
Lourenzá - Pol
Pastoricense - Foz
Pontenova - Xove Lago
Chantada - Riotorto
Burela - San Ciprián
Taboada - Atl Escairón