O Monforte intentará a próxima semana acceder ao grupo alto para rematar o ano

O Chantada visitará o campo do Bosco B, e o Calasancio B o do Arenteiro B, un dos rivais da parte alta
LPC MONFORTE-XINZO B2
photo_camera LPC MONFORTE-XINZO B2

Os equipos cadetes colleron forza esta fin de semana para disputar, a que vén, o último partido do ano antes do descanso de Nadal.

O Chantada, como nos xuvenís, é o mellor situado na táboa, segundo do grupo neste caso e a tres puntos do líder, con só un partido perdido. A próxima fin de semana deberá enfrontarse ao Bosco B, a domicilio, para seguir coa xeira positiva.

O Monforte tamén está moi ben situado, a dous puntos da última praza que dá acceso ao grupo alto. Recibirá no Luis Bodegas ao Ribadavia, un dos equipos de abaixo.

O Calasancio B segue na parte baixa logo de 6 derrotas, 2 empates e 2 vitorias. Visitará para finalizar o ano ao Arenteiro B, un dos competidores dos outros lugueses na parte alta.

Consulta a clasificación aquí

 

Próxima xornada

Cented Academy - - Amencer
Bosco B - - Chantada
Monforte - - Rivadavia
Arenteiro B - - Calasancio B
A Peroxa - - Pabellón Ourense CF C
Barbadás B - - A Purísima
Blanco Amor - - Xinzo B
Rúa D Verín B