O Roupar fai valer o golaverage para poñerse por riba do Meira, que tamén gañou

Moitas tarxetas no tramo final na metade dos partidos da xornada

O Roupar colleu dianteira esta fin de semana grazas ao golaverage e trala súa vitoria ante o Cospeito por 3-1. Os chairegos adiantan así ao Meira na táboa, aínda que cos mesmos  puntos, ao igual que Iberia e Candelaria. 

O Roupar xa comezou marcando moi cedo, no minuto 2, e malia o empate do Cospeito antes do descanso, xa puxo en dous minutos o marcador no resultado co que chegaron ao final. 

Tamén foi consistente na súa vitoria o Cabreiros sobre o Goiriz, cun 3-0  que o coloca na parte alta.  Dous goles subiron ao electrónico no primeiro tempo, o segundo de penalti.

Tamén marcou tres goles o Candelaria ao Muimenta a domicilio.  O primeiro gol dos visitantes entrou xa no minuto 8 de penalti. Malia que o Muimenta empatou, durou pouco a boa nova, xa que aos dous minutos os visitantes volvían darlle a volta ao marcador cun dobrete de Dani Pico. Os locais leváronse para casa seis tarxetas amarelas, entre elas ao adestrador e a dobre que recibiu Hugo Engroba ao finalizar o encontro.

O 2-0 foi o marcador para o Alfoz-Castro B e para o Folgueiro-Barreiros. No primeiro caso, os mariñaos optaron por meter os dous tantos repartidos no tempo e nas dúas ocasións xusto antes de rematar a primeira parte e o partido. A tensión polo resultado trouxo as tarxetas ao final do duelo.

No derbi da Mariña, que segue mantendo ao Celta de pechacancelas, os goles chegaron de cara ao final do partido, o último deles de penalti. Tamén se saldou cunha vermella e unha amarela para os locais ao final do encontro. O rival recibiu 5 pero con anterioridade.

Pola mínima e a domicilio venceu o Guitiriz ao Fonsagrada, o Iberia ao Xermade e o Meira á Comercial

Os guitiricenses perderon a Iván Morado no tramo final por dobre amarela e o seu gol foi no ecuador. Tamén con moitas tarxetas rematou o Xermade pero sen expulsións. A Comercial perdeu un xogador por vermella despois do gol e antes do descanso, o que puxo difícil remontar o duelo.

Consulte a clasificación aquí

FONSAGRADA 0 - 1 GUITIRIZ

Fonsagrada Balompé: Jorge, Gabriel, Carlos, Pedro, Javier, Igor, Silban, David, Rubén, Diego e Iván. Tamén xogaron Yago, Javier, Martín e José Manuel.
Guitiriz SD: Jesús P, Iván A, Javier, Iván M, Jesús L, Miguel, Diego, Érik, Antonio, Mauro e Adrián. Tamén xogaron Diego, Yani e Martín.
Goles: Gol de Javier Ferreiro no minuto 49.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

XERMADE 0 - 1 IBERIA

ACD Xermade: Ángel, Hugo, Francisco, Alfonso, Nahum, Iván, David, Joan, Pedro, Mario e Eyob. Tamén xogaron Esteban, Oliverio e Dan.
Iberia CF: Javier P, Javier F, Miguel, Marcos P, Marcos R, Bachir, Daniel, Antón, Adrián, Jordane e Ángel. Tamén xogaron Jonatan, David, Arón, Jorge e Daniel. 
Goles: Jonatan Vicente no minuto 64.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

ALFOZ 2 - 0 CASTRO B

CD Alfoz: Flavio, Aderito, Juan, Ángel, Pablo, David, Ayoub, Daniel, Rubén, Adrián, e Javier. Tamén xogaron  Miguel, Álvaro e Jacobo.
CD Castro B: Jesús, Joel, Miguel A, Diego, Alejandro, Adrián F.L, Ignacio, Iván, Francisco, Borja e Iago. Tamén xogaron Marcos, Raúl, Adrián F.P e Alberto. 
Goles: David no minuto 44 e Álvaro no minuto 90.

MUIMENTA 1 - 3 CANDELARIA

CSD Muimenta: Javier, Rubén L, Cristian, Rubén R, Jorge, Julio, Eduardo, Hugo, Matías, Samuel e Miguel. Tamén xogaron Pablo, Javier e Alejandro.
SD Candelaria: Xesús, Lavilson, Jorge, Raúl, Silverio, Hugo, Miguel, Éric, Roberto, José Carlos e Daniel. Tamén xogaron Iván, Evandro e Egoitz. 
Goles: 0-1 (8’): Éric. 1-1 (37): Samuel. 1-2 e 1-3 (39’ e 71’): Daniel.

ROUPAR 3 - 1 COSPEITO

SDC Roupar: Edgar, Carlos, David, Diego, Esteban, Fernando, Alejandro, Santiago, Manuel D, Diego e Andrés. Tamén xogaron Víctor, Xosé, Eloy, Manuel P e Marcos.
CD Cospeito: Pablo, Alejandro, Álex, Diego, David, José, Rui, Yoseph, Xoán, Paulo e Jesús A. Tamén xogaron Jesús F, Iván, Adrián e Rubén. 
Goles: 1-0 (2’): Esteban. 1-1 (17’). Paulo. 2-1 (20’): Diego. 3-1 (22’): Fernando.

FOLGUEIRO 2 - 0 BARREIROS

UD Folgueiro: Javier M, Álvaro, Sergi, Iago, Marcos, Iván, Pedro, Aurelio, Javier G, Ismael e Alejandro. Tamén xogaron Óscar, Ángel, Pablo e Lisvaldi.
Celta Barreiros: René, David, Miguel, Ismael, Jhoseba, Alexis, Rubén, Youssef, Iván, Álex e Anxo. Tamén xogaron André, Henry, Valentín e Pedro. 
Goles: Aurelio no minuto 75 e Ángel no minuto 84 de penalti.

COMERCIAL 0 - 1 MEIRA

SG Comercial: Joshua, Iván, Marcos, Javier S, Jonathan, Carlos, José Antonio, Manuel, Martín, Javier B e Francesc. Tamén xogaron José Antonio, Javier D, Arturo, Francisco e Pablo.
Meira CF: Juan Miguel, Marcos, Julián, Javier, Marcos, Iago, Rubén, Iván, Gabriel, Esteban e Kevin.  Tamén xogaron Jesús, Miguel e Mateo.
Goles: Rubén no minuto 28.

CABREIROS 3 - 0 GOIRIZ

SDC Cabreiros:  Andrés, Alejandro, José, Francisco, Alejandro L, Alberto, José, Marcos, Marco, Sergio e Mateo. Tamén xogou Manuel.
CD Goiriz: Marcos, Manuel, Miguel, Iván, Adrián, Eladio, Rubeb, Fidel, David, Andrés e Juan. Tamén xogaron Alejandro P, Jaime, Borja e Alejandro Rus.
Goles: Marcos no minuto 35. José no 40’ de penalti e Manuel no 77’.

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 2

Fonsagrada 0-1 Guitiriz
Xermade 0-1 Iberia
Alfoz 2-0 Castro B
Muimenta 1-3 Candelaria
Roupar 3-1 Cospeito
Folgueiro 2-0 Barreiros
Comercial 0-1 Meira
Cabreiros 3-0 Goiriz
    

Próxima xornada

Fonsagrada - Xermade
Iberia - Alfoz
Castro B - Muimenta
Candelaria - Roupar
Cospeito - Folgueiro
Barreiros - Comercial
Meira - Cabreiros
Goiriz - Goiriz