Nuevo Nausti e Taboada lideran na estrea da Terceira tras vencer ao Celeiro e ao Relámpago

Sorte desigual para os dous debutantes na categoría, vitoria do Vilalbés B e derrota da Comercial B

Grupo Norte

Nuevo Nausti e Taboada estrearon a tempada poñéndose no máis alto da táboa.
O grupo norte comezou liderado polo Novo Nausti, que goleou ao Celeiro no Trasvías.  Despois de rematar a primeira metade cun tímido 0-1, foron máis eficaces na segunda ata facer 0-6 definitivo. O Mondoñedo púxose segundo tras asinar un 4-1 contra o Cazás, que logrou facer o 1-1 antes do intermedio, pero foi dominado á volta.

O Vilalbés B estreouse na categoría superando ao Friol B a domicilio. Gabriel abriu a veda cun penalti e sumáronse outros dous últimos tantos antes do descanso.  0-3 tamén rematou o taboleiro do duelo entre o Matela e o Rioaveso. Os chairegos decantaron o choque cun penalti que asinou Carlos no 20’. Fran e Esteban foron os encargados anotar o resto.

A Comercial B debutou na Terceira con derrota ante o Catro Roldas, que se levou os tres puntos con goles de Samuel e Mohamed. Ao Abadín tocaralle estrearse a vindeira semana contra o Mondoñedo.

Consulta a clasificación aquí

CELEIRO 0 - 6 NOVO NAUSTI

Celeiro Club del Mar: Álvaro, Bruno, Diego, Andrés, Bruno B, Abraham, Borja, Brais, El Mahdi, Daniel e Francisco. Tamén xogaron David, Iván, Marco A, Iñigo e Adrián.
SD Novo Nausti: Manuel, Manuel P, Rubén, Alberto, Carlos A, Juan E, Cristian F, Carlos, Cristian S, Brayan e Miguel A. Tamén xogaron Jairo M, Héctor, Alberto e Óscar D.
Goles: Cristian (3), Juan E (2, un de penalti)e Héctor de penalti.
Árbitro: Brais del Olmo Brasero.

CATRO ROLDAS 2 - 0 COMERCIAL B

AD Catro Roldas: Víctor, Esteban, Miguel A, Ramiro, David, Samuel, David C, Mohamed, Jesús, Santiago e Abdelkarim. Tamén xogaron Adil, Miguel C, Miguel P, Luís e José.
SG Comercial B: Jesús, Alberto, Ian, Borja, Antonio J, Bruno, Edixon, Yeray, Álvaro, Antonio e Javier. Tamén xogaron José C, Diego, Adrián, David e Ignacio.
Goles: 1-0 (42’): Samuel. 2-0 (75’): Mohamed.
Árbitro: Xoel Gacio Carreira

MATELA 0 - 3 RIOAVESO

AD Matela: Daniel, José M, Pedro, Carlos, Michael, Jonathan, Javier, Francisco, Alejandro, Santiago e Juan Carlos. Tamén xogou Miguel Mateo.
Rioaveso Machinango SD: Guillermo M, David, Mario, Mohamed, Esteban, Carlos, José, Iago, Adrián, Fran e Adrián G. Tamen xogaron Eddy, Álex, Javier, José M e Noel.
Goles: 0-1 (31’): Carlos de penalti. 0-2 (46’): Fran. 0-3 (78’): Esteban.
Árbitro: David Comendeiro Sertaje.

FRIOL B 0 - 3 VILALBÉS B

Friol CF B: Fernando, Juan David, Alejandro, Rubén, Óscar, Rubén V, Roberto, Unai, Adrián, José M e Michael. Tamén xogaron Pablo, Rubén, Jesús, Marcos e Adrián A.
Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Xairo, Daniel, David, Anxo, Diego, Reda Diego L, Gabriel, Samuel e Aitor. Tamén xogaron Sergio, Eduardo e Jamal.
Goles: 0-1 (20’): Gabriel de penalti. 0-2 (35’): Diego. 0-3 (40’): Gabriel.
Árbitro: Fernando Fernández López.

MONDOÑEDO 4 - 1 CAZÁS

Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, Ibán, Bruno, Miguel A, Juan, Jacobo, Javier, Antonio, Manuel e Adrián. Tamén xogaron Alberto, David e Diego.
SD Cazás: Fernando, Ángel, Iván, José, Efrén, Miguel, Alejandro, Roberto, Juan, Bruno e Pablo. Tamén xogaron Hugo, José L e Adrián.
Goles: 0-1 (37’): Juan. 1-1 (45’): Javier. 2-1 (47’): Javier. 3-1 (50’): Jacobo (p). 4-1 (90’): Antonio.
Árbitro: Mario Cordido García.
                                                       
 
TERCEIRA GALICIA - LUGO NORTE

Resultados xornada 1   

Celeiro 0-6 Nuevo Nausti
Catro Roldas 2-0 Comercial B
Matela 0-3 Rioaveso 
Friol B 0-3 Vilalbés B
Mondoñedo 4-1 Cazás
  D Abadín
    

                      Próxima xornada   

Comercial B - Celeiro
Rioaveso - Catro Roldas
Vilalbés B - Matela
Cazás - Friol B
Abadín - Mondoñedo
  D Nuevo Nausti

 

Grupo Sur

A clasificación do Sur estivo marcada pola goleada do derbi local, no que o Relámpago caeu ante o novo líder, o Taboada B, tras encaixar 6 goles e non ser quen de abrir a súa quenda. Destacou Alexandre, que fixo un hat trick. Tamén tres goles marcou Armando no duelo entre Quiroga e Santa Comba (0-4) para os visitantes, que foron moi superiores.

No duelo entre Palas e Sober, a primeira parte foi dos locais, que lideraron  o marcador co 2-0. Na segunda reaccionaron os visitantes pero no valeu de moito xa que Álvaro marcou o segundo. No final achegouse perigosamente o Sober ao empate pero ao final non lle chegou o tempo. Vitoria tamén do Rubián sobre o Incio con 0-2, axudado por un gol madrugador e o segundo xa antes da pausa.

No Monterroso B-Castroverde B a tensión do empate nos últimos momentos rematou cunha discusión no campo que se saldou coa expulsión por vermella directa dun xogador de cada equipo, no local o autor do primeiro gol, Raúl e no segundo Samuel.

O Páramo sumou os tres puntos tras darlle a volta ao marcador ante un Bóveda que acudiu a cita sen cambios e que afondiu no tramo final.

Consulta a clasificación aquí

MONTERROSO B 2 - 2 CASTROVERDE

SD Monterroso B: Alexis, Marcos, Carlos, Antonio, Marco, Raúl, Daniel, Emilio, Martín, Omar e Saúl. Tamén xogaro Xesús e Sergio.
SD Castroverde: Eduard, Daniel, Enrique, Pablo, Manuel, Ángel, Xabier, David, Richard, Borja e Jacobo. Tamén xogaron Rafael, Samuel, Luis, Marcos D e Marcos A.
Goles: 1-0 (19’): Raul. 1-1 (41’): David de penalti. 2-1 (75’): Omar. 2-2 (83’): Borja.
Árbitro: Yago Amil Castro.

PALAS 3 - 2 SOBER

Palas CD: Yonatan, Adrián, Marcos, Óscar, Martín, Adrián, Xesús,  Varela, Samuel V, Álvaro e Brais. Tamén xogaron Julio, Javier, Lucas, Ángel e Noel.
CD Sober: Diego, David, Javier, Mauro, Iván González, Jorge, Martín, Juan, David P, Iván J e Sergio. Tamé n xogaron Iván G arcía, Wellington e David L.
Goles: 1-0 (10’) e 3-1 (77’): Álvaro. 2-0 (21’). Adrián. 2-1 (60’) e  3-2 (85): Martín.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

RELÁMPAGO 0 - 6 TABOADA B

Relámpago Taboada: Iván, Isaac, David, Luis, Iván, André, Alberto, David F, Rubén B, Raúl e Víctor. Tamén xogaron Cristian, José, Hugo, David V e Rubén A.
Taboada CF B: Adrián, Steven, Antón, Iván, Brais, Damián, Xavier, Alexandre, Andrés, Rubén  e José. Tamén xogaron Sergio, Artai, David e Brahim.
Goles: Alexandre (23’, 31’  e 62’), Sergio (65’ e 73’ de penalti) e Brais (88’).
Árbitro: Josue Villabrille Forja.

O INCIO 0 - 2 RUBIÁN

O Incio Terra Brava CF: Eduardo, Rodolfo, Xosé, Diego, Saúl, David, Roi, Marcos, Óscar, Ignacio e Darwin. Tamén xogaron Iván, Alejandro, Ismael, Raúl e Marcos.
SD Rubián: David, Miguel, Lucas, Daniel, Gerardo, Manuel, Iván, Víctor, Ángel, José e Antonio. Tamén xogaron Luis, Alejandro, Javier G, Javier R e Diego.
Goles: Ángel no minuto 5 e Manuel no minuto 42.
Árbitro: Aitor Frean Campo.

QUIROGA 0 - 4 SANTA COMBA

Quiroga CF: Ethan, Juan, Manuel R, Álex M, Manuel A, Manuel L, Álex G, José, Alejandro, Iván e David. Tamén xogaron Luis, Adrián, Marcos, Sergio e Jesús.
SCD Santa Comba: Javier, Álvaro, Rodrigo, Miguel, Leandro, Antonio, Asier, Diego, Jorge, Manuel e Jaime. Tamén xogaron Marcos, Antonio, Juan e Sergio.
Goles: Armando Vargas (11’, 20’ e 40’) e Jaime no 51’.
Árbitro: Joel Lanzos Gómez.

BÓVEDA 1 - 2 O PÁRAMO

AD Bóveda: Pacín, Ángel, Juander, Ego, Fer, Jon, Mikel, Lai, Viana, Jony e Fro. Sen cambios.
SD O Páramo: Sabino, Chivi, Tito, Álvaro, Sergio, Fontal, Hache e Dani, Hugo, Carlos e Jony. Tamén xogaron, Berni, Antón, José e Raúl.
Goles: Jony do Bóveda marcou o 1-0 no primeiro tempo e Antón do Páramo deu a volta ao marcador no tramo final.
Árbitro: Saúl López Parga.
                                                       
 
TERCEIRA GALICIA - LUGO SUR
    

Resultados xornada 1     

Monterroso B 2-2 Castroverde
Palas 3-2 Sober
Relámpago 0-6 Taboada B
O Incio 0-2 Rubián
Quiroga 0-4 Santa Comba
Bóveda 1-2 O Páramo     
    

                      Próxima xornada

    
Castroverde - Bóveda
Monterroso B - Sober
Taboada B - Palas
Rubián - Relámpago
Santa Comba - O Incio
O Páramo - Quiroga