O Lugo gañou pola mínima ao Oviedo, un dos equipos que se disputan o título de Liga

En Liga Nacional xuvenil non houbo competición xa que descansaron todos pola celebración do Entroido

División de Honra Xuvenil

Mentres o resto de categorías desfrutaron en Galicia dunha xornada de descanso o Lugo de División de Honra sacou tres importantísimos puntos do seu duelo na Cheda contra o Oviedo, un dos equipos que se está a xogar o título de Liga e que disputará os cuartos da Copa do Rei.

Fixeron os de Dani Galán o mellor partido do ano cunha primeira parte na que custou materializar as ocasións na área rival, á que chegaron en bastantes ocasións con claridade, por banda dereita con Noah e pola esquerda con Xavier Cidre, pero faltou o último paso. Superaron moi ben a presión e en defensa non sufriron.

Na segunda parte seguiuse co mesmo guión aínda que o Oviedo subiu a presión arriba pero o Lugo soubo saír ben, ata que no minuto 64, nunha xogada combinativa por dentro, Daniel puido marcar pola escuadra curta.

No resto do duelo, dispuxeron de fases de dominio das que saíron moi ben. Houbo unha ocasión clara de Aimar, un tiro escorado, pero nos últimos minutos o Oviedo embotellou ao Lugo atrás, pero non logrou penetrar a defensa albivermella. 

Gran resultado para o Lugo a nivel anímico de cara a seguir puntuando para saír da zona de perigo.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 1 - 0 OVIEDO

CD Lugo: Mateo O, Mateo D, Izan, Daniel, Diego, Adrián, Aimar, Antón, Mateo M, Xavier Cidre e Noah. Tamén xogaron Francisco, Javier, Xavier Román e Noel.
Real Oviedo A: Mateo, Marcos, Adrián L, Adrián F, José Luis, Pelayo, Pedro, Óscar, Jaime, Martín e Pablo. Tamén xogaron Alejandro, Vicente, Illán, Adrián del Oso e Uil.
Gol: Daniel no minuto 64.
Árbitro: Jorge Méndez López.

 

Resultados xornada 20

Deportivo 1 0 Coruxo
Gijón A 0 0 Santander
Covadonga A 1 2 Celta
Bansander 1 2 Compostela
Perinés 2 1 Veriña A
Arousa 2 2 Val Miñor
Lugo 1 0 Oviedo A
Choco 6 1 Revilla
Próxima xornada
Revilla - - Deportivo
Coruxo - - Gijón A
Santander - - Covadonga A
Celta - - Bansander
Compostela - - Perinés
Veriña A - - Arousa
Val Miñor - - Lugo
Oviedo A - - Choco

 

 
 

Liga Nacional Xuvenil

O Lugo chega a este descanso cunha vitoria na man e a un punto de deixar os postos de descenso. O equipo, que mellorou no seu xogo pero que lle falta acerto de cara a porta, está a sufrir moito esta tempada pero aínda ten tempo para saír do pozo de conservar a categoría para o próximo ano.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Conxo - - Victoria
Lugo B - - Montañeros
Porriño - - Alondras
Pontevedra - - Ferrol
Pabellón Ourense - - Lérez
Valladares - - Deportivo B
Boiro - - Celta B
Ural - - Bergantiños
UD Ourense - - Coruxo B