O Lugo estivo a piques de ser o primeiro en gañar en Santander, pero faltou acerto e empatou

A Liga Nacional xuvenil, como o resto de competicións, non tiveron xornada esta fin de semana debido ao descanso de Semana Santa
DHX-Lugo-Oviedo-FER (4)
photo_camera Imaxe de arquivo

División de Honra Xuvenil

Debido ao descanso da pasada fin de semana, a xornada da División de Honra trasladouse ao Xoves Santo. O CD Lugo tivo que desprazarse ao campo dun dos principais ósos da competición e hoxe líder, o Rácing de Santander, onde sacou un punto ao manter o marcador inmutable de principio a fin.
O equipo albivermello logrou así un punto que lle permite seguir fóra dos postos de descenso, pero en zona de perigo.

O equipo local tivo máis balón  e no tramo inicial ao Lugo custoulle situarse no campo e sufriu, pero pouco a pouco foi posicionándose e o conto mudou, xa que non tiñan tantas ocasións os rivais. Si tiveron algunhas claras os de Lugo, como unha de Cidre na primeira parte que para o porteiro. Polo rival a máis clara foi un man a man con Jorge no último minuto. 

A segunda parte seguiu coa mesma dinámica pero no último tramo abriuse un pouco máis o partido e aí veu unha oportunidade de Aimar, outra previa de Fran desde a frontal e un desmarque de Antón ao espazo. Por parte do Santander houbo unha acción moi clara que volveu salvar Jorge.

A piques estiveron de ser o primeiro equipo en gañar no campo do líder, pero faltou acerto.

Consulta a clasificación aquí

SANTANDER 0 - 0 LUGO

Real Rácing Club de Santander: Óscar, Jorge, Álvaro, Aitor, Daniel C, Rodrigo, Diego, Mario, Andrés, Asier e Hugo. Tamén xogaron Alejandro, Daniel L e Cristian.
CD Lugo: Jorge, Alejandro, Mateo D, Izan, Daniel, Francisco, Noel, Carlos, Javier, Antón e Xavier Cidre. Tamén xogaron Aimar, Mateo M, Iker, Diego e Xavier Román.
Árbitro: Guillermo Martínez González.

 

Resultados xornada 25

Revilla 1 5 Covadonga A
Gijón A 2 0 Bansander
Deportivo 4 0 Perinés
Coruxo 2 4 Arousa
Santander 0 0 Lugo
Celta 6 1 Choco
Compostela 1 2 Oviedo A
Veriña A 2 1 Val Miñor

Próxima xornada

Bansander - - Covadonga A
Perinés - - Gijón A
Arousa - - Deportivo
Lugo - - Coruxo
Choco - - Santander
Oviedo A - - Celta
Val Miñor - - Compostela
Veriña A - - Revilla
 
 

Liga Nacional Xuvenil

A Liga Nacional xuvenil, como o resto de competicións, non tiveron xornada esta fin de semana debido ao descanso de Semana Santa. Retomarán a Liga a primeira fin de semana de abril para disputar a última parte, xa que só faltan sete sesións.

Próxima xornada 
Pontevedra - - Porriño
Pabellón Ourense - - Lugo B
Valladares - - Conxo
Boiro - - Victoria
Ural - - Montañeros
UD Ourense - - Alondras
Bergantiños - - Ferrol
Celta B - - Lérez
Deportivo B - - Coruxo B