O Lugo segue puntuando cun empate ante o Val Miñor, aínda que tivo preto a vitoria no desconto

O equipo B sae do descenso logo de vencer comodamente ao Montañeros nun duelo no que foi claramente superior e no que lle anularon un gol preto do final

División de Honra Xuvenil

O Lugo sacou de renda esta fin de semana un punto ante o Val Miñor Nigrán na súa visita a domicilio á localidade pontevedresa.

Boas sensacións para os albivermellos, que tiveron moi preto a vitoria nos intres finais.

O enfrontamento estivo moi igualado desde o inicio, con momentos bos para os dous equipos. A primeira ocasión foi para o rival, que no minuto 1 enviou unha bóla envelenada ao largueiro. Para o Lugo as opcións estiveron nun tiro desde a frontal da área que acaba en córner e un remate de cabeza que escapa por riba.

O primeiro gol foi para o equipo local, un balón que quedou morto na área e que o Lugo dubidou para sacalo e acabou ao fondo da rede. O equipo albivermello pelexou e antes do descanso sacaron de debaixo dos paus algunha máis.

Poren puxéronse arriba na segunda parte e ofreceron dúas xogadas de perigo antes de que chegara o gol do empate, obra de Francisco, que definiu por abaixo.

A partir do gol do empate houbo quince minutos de descontrol, cos dous equipos metendo xente arriba, un correrrúas sen que ningún dos dous puidese acabar as xogadas.

Nos últimos dez minutos a defensa local cortou unha contra clarísima dos de Dani Galán na que faltou o último pase e que podería ter sido a vitoria para o Lugo.

A esta gran ocasión sumáronse dous córners máis no tempo engadido, pero a bóla non quixo entrar e o Lugo tivo que conformarse cun empate, que supón un punto que lle vén moi ben nas súas aspiracións para saír da parte baixa da táboa, xa que aínda está moi preto da zona de descenso. A próxima fin de semana recibirá ao Veriña A, ante o que caeu a domicilio no partido de ida.

Consulta a clasificación aquí

VAL MIÑOR 1 - 1 LUGO

ED Val Miñor Nigrán: Roi, Rodrigo, Mateo, Rubén, David P, Adrián, Enrique, Iker, Daniel, David F e Anxo. Tamén xogaron Agustín, Marcos e Raúl.
CD Lugo: Mateo O, Alejandro, Mateo D, Izan, Daniel, Francisco, Adrián, Aimar, Antón, Mateo M e Xavier Cidre. Tamén xogaron Javier, Diego, Xavier Román e Iker.
Goles: Daniel polos locais e Francisco polos visitantes.
Árbitro: Sergio Arredondas Fernández.

 

Resultados xornada 21

Revilla 0 4 Deportivo
Coruxo 0 2 Gijón A
Santander 3 0 Covadonga A
Celta 3 0 Bansander
Compostela 1 0 Perinés
Veriña A 3 1 Arousa
Val Miñor 1 1 Lugo
Oviedo A 1 0 Choco

Próxima xornada

Gijón A - - Deportivo
Covadonga A - - Coruxo
Bansander - - Santander
Perinés - - Celta
Arousa - - Compostela
Lugo - - Veriña A
Choco - - Val Miñor
Oviedo A - - Revilla
 
 
 

Liga Nacional Xuvenil

Segunda vitoria consecutiva para o Lugo B, que sae da zona de descenso para ter un pouco de respiro nesta complicada tempada na que a vitoria foi esquiva.

Os lugueses fixéronse donos do partido desde o primeiro momento e malia que o rival comezou facendo dano pola dereita, o gol de Márkel e outras dúas ocasións moi claras puxeron o partido de cara para os locais, que competiron moi ben. Ese gol inicial foi un roubo de Martín en presión que envía para que Márkel golpee dende fóra da área pola esquerda.

Na segunda parte chegaron os outros dous tantos moi seguidos, momento no que o partido xa quedou sentenciado. Consistiron nunha falta indirecta, que nunha cesión tira Diego e mete, no primeiro caso, e o outro, un balón parado que saca Diego e remata Aarón na área.

O rival marcou para maquillar o resultado contra o final e incluso o Lugo B tivo máis opcións con outro gol que foi anulado pero o partido rematou cunha vitoria que é un sopro de aire fresco na procura  da permanencia.

Consulta a clasificación aquí

LUGO B 3 - 1 MONTAÑEROS

CD Lugo B: Xabier R, Aarón, Eneko, Diego, Markel, Lucas, Gonzalo, Xabier Valiña, Martín, Sergio e Mateo D. Tamén xogaron Adrián, Raúl, Andrés, Mateo C e Fiovert.
Atl. Coruña Montañeros: Enrique, Daniel Blanco, Óscar, Víctor, Brais, Daniel S, Alejandro, Achore, Hugo, Álex e Diego. Tamén xogaron Nicolás, Iván, Adrián, Daniel Buide e Marcos.
Goles: Márkel, Diego e Aarón polos locais e Óscar polos visitantes.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

 

Resultados xornada 22

Conxo 1 0 Victoria
Lugo B 3 1 Montañeros
Porriño 2 1 Alondras
Pontevedra 0 0 Ferrol
Pabellón Ourense 1 2 Lérez
Valladares 0 4 Deportivo B
Boiro 0 2 Celta B
Ural 3 1 Bergantiños
UD Ourense 4 1 Coruxo B

Próxima xornada

Coruxo B - - Conxo
Victoria - - Lugo B
Montañeros - - Porriño
Alondras - - Pontevedra
Ferrol - - Pabellón Ourense
Lérez - - Valladares
Deportivo B - - Boiro
Celta B - - Ural
Bergantiños - - UD Ourense