O Monforte e o Chantada infantís clasifícanse para xogar en outubro os cuartos da Copa

O Calasancio foi superado a domicilio polo Maceda mentres que os monfortinos pasaron de fase co Santa Teresiña na quenda de penaltis

LPI-MONFORTE-EQUIPO

A categoría provincial infantil deu o primeiro paso nesta tempada disputando os oitavos da Copa Deputación para deixar ao Chantada e ao Monforte en cuartos de final, tras clasificarse este último na quenda de penaltis ante o Santa Teresiña.

O Chantada foi contundente ante o Ourense CF B e levouse a vitoria por 3-1 no Sangoñedo. Malia o resultado, foi o equipo rival o primeiro en marcar, no ecuador da primeira metade. A segunda foi a vez dos chantadinos, que recuperaron o tempo perdido nada máis volver de vestiarios con dous goles en catro minutos. No 52' xa tiñan percorrida a vantaxe e o resultado co que chegarían ao final.

O Monforte xogará por tanto os cuartos de final da Copa, que terán lugar o 12 de outubro. Difícil partido para os do Cabe, que comezaron encaixando un gol no tramo inicial do partido e xa estaban con dous en contra antes do descanso. Sharon foi a encargada de darlle a volta á situación para poñer o empate a 2 no marcador. 

O equipo foi á queda de penaltis para levarse a vitoria por 1 acerto do local e 2 do visitante.

Pola súa banda, o Calasancio caeu de forma contundente ante o Maceda por 4-0. O equipo do Cabe aguantou o primeiro tempo co marcador a cero pero no 32 recibiu o primeiro en contra. O resto entrarían na portería de Matías cada 10 minutos.

En Segunda, tocou xogar a fase previa, onde o Monforte B estaba posicionado para xogar co Barbadás B a domicilio. A falta de nenos provocou a anulación do duelo.

MACEDA 4 - 0 CALASANCIO

CEDC Maceda: Xián, Manuel, Pablo, Jacobo, Teo, Gabriel, Miguel, Breogán, Manuel, Rodrigo e Mario. Tamén xogaron Xurxo, Raúl, Mateo, Lucas e Eric.
CP Calasancio: Mario (32'), Miguel (48') e Jacobo (61 e 70'). 
Árbitro: Manuel González Castro.

SANTA TERESIÑA 2 - 2 MONFORTE

CDC Santa Teresiña: Rubén, Thiago, Lucas, Diego, David G, David O, Pablo, Nuno, Xoel, Adrián e Froylán. Tamén xogaron Manuel, Daniel, Pablo, Luis e Adrián.
CF Monforte: Asier, Carlos, Alexandre, Aldara, Hugo, Uxío, Sharon, Izhar, Diego, Erik L e Lucas. Tamén xogaron Santiago, Héctor, Erik F e Brais.
Goles: 1-0 (2'): David G. 2-0 (25'): Nuno. 2-1 e 2-2 (32' e 54'): Sharon. 
Penaltis: 1-2

CHANTADA  -  OURENSE

ED Chantada: Xabier, Martín, Óscar, Adrián G, Mateo, Gael, Mario L, Mario D, Pablo, Yago e Adrián V. Tamén xogaron Gabriel, Piero, Isaac, André e Francisco.
Ourense CF B: Edwin, Mamadou, Theo, Rubén, Daniel, Miguel, Edgar, Hugo, Ismael, David e Añel. Tamén xogaron Sebastián, Cristian, Xacobe, Mateo e Asier.
Goles: 0-1 (16'): Hugo. 1-1 (38'): Gael. 2-1 (42'): Adrián G. 3-1 (52'): Martín.
Árbitro: Pablo Lamelas Belmonte.
 
COPA DEPUTACIÓN INFANTIL PRIMEIRA

Oitavos                                           

Maceda 4-0 Calasancio
Bosco 1-1 Celanova
Santa Teresiña 2-2 Monforte
UD Ourense B 1-6 Xinzo
Chantada 3-1 Ourense CF B
Allariz 1-5 Ribadavia
Pabellón ED Ourense 2-2 A Purísima
Arenteiro 5-4 Rúa

                   Cuartos (12/10)                                                                           

Maceda - Celanova 
Monforte - Xinzo
Chantada - Ribadavia
Pabellón ED Ourense - Arenteiro