O Antas deu un golpe sobre a mesa gañando ao Milagrosa

O Burela caeu derrotado polo Residencia B, que aguanta a distancia co Becerreá para manterse no grupo de ascenso

Primeira Galicia Lugo

A Primeira xuvenil lucense xa está preto do final da liga regular. A tan só dúas xornadas o Antas deu un golpe sobre a mesa superando aos líderes, o Milagrosa. Os seoaneses adiantáronse, pero antes do descanso os albivermellos empataron. Na segunda metade un gol de Alejandro García pouco despois do 80' deulle a vitoria ao cadro do Castro Seoane. Se o Milagrosa perde a vindeira fin de semana, terían opcións de quitarlles o primeiro posto.

 O Residencia B conseguiu plantarlle cara ao Burela na Cheda e impúxose por 4-3. Aínda que os verdes se adiantaron primeiro cun gol na primeira metade e dous despois do descanso, o conxunto local conseguiu recortar distancias e Óscar cun dobrete remontou no tempo de desconto.

O Palas leva catro vitorias consecutivas, aguantando o cuarto posto. A desta xornada foi contra A Piringalla, despois de adiantarse nos dez primeiros minutos con dous goles. Aínda que os locais recortaron distancias en dúas ocasións, o Palas sempre estivo por diante e acabou vencendo 2-3.

Despois de dúas quendas sen ver a vitoria o Becerreá impúxose esta semana ao Ribadeo. Un partido cómodo que finalizaron cun marcador de 4-1. Con isto, están a só dous puntos do Residencia B

O Polvorín sumou os tres puntos no anexo da Magdalena. O Vilalbés B empezou o mellor o partido, pechando a primeira metade por diante no marcador. Porén, os amarelos apertaron na segunda e remontaron o partido con goles de Lewis e Diego.

Consulta a clasificación aquí

 BECERREÁ 4 - 1 RIBADEO

SD Becerrea: Mito, Mario, Héctor, Adrián, Unai, Antón, Claudiu M, Keyner D, Javier, Andrés e David. Tamén xogaron Alejo, Diego, Martín e Enrique.
SD Ribadeo: Aarón, Hugo, Pablo, Juan A, Alexandro A, Martín, Juan, Álvaro, Diego e José M. Tamén xogaron Ayoub, Izan, Álvaro B, Marco e André.
Goles: David (2) e Javier (2, un de penalti) para o Becerreá. Alexandro, de penalti, para o Ribadeo.
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado.

A PIRINGALLA 2 - 3 PALAS 

ADC A Piringalla: Andrés, Jorge, Asis, Ian, Hugo, Marcos, Álex, Ruben, Manoel, Facundo X e Rubén. Tamén xogaron Anxo, Adrián, Pablo e Jesús.
Palas CD: Brais, David, Diego, Manuel, Noel, Javier, Álvaro, Rodrigo, David M, Antón e Manuel N. Tamén xogaron José L, Víctor, Hugo e Alex.
Goles: Hugo e Manoel para A Piringalla. Rodrigo, David M e Manuel N para o Palas.
Árbitro: Wasiu Olawepo Aransiola.

RESIDENCIA B 4 - 3 BURELA

SD Residencia B: Hugo, Oscar, Antón, Antón M, Jonas G, Lucas, Nicolás, Óscar B, Pablo, Xurxo e Manuel. Tamén xogaron Javier, Mauro, Hugo G e Miguel.
Burela SD: Ismael, Jonathan, Ibrahima D, Iván, Pablo, Pablo B, Jorge, Nor E, Borja, Félix e Yago. Tamén xogaron Pablo M, Iván F, Iago, Saúl e David J.
Goles: Javier, Miguel e Óscar B (2) para o Residencia B. Iván e Ibahima (2, un de penalti) para o Burela.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.

VILALBÉS B 2 - 3 EF POLVORÍN

Rácing C Vilalbés B: Xabier, Samuel, Diego, Eduardo, Ruben, Diego L, Antonio, Carlos, Hugo, Adrián e Miguel. Tamén xogaron Hugo G e Anxo.
EF Polvorín: Adán R, Miguel, Diego, Luca, Saúl, Anxo, David, Diego S, Lewis Y, Adam e Carlos. Tamén xogaron Mario, Antón, Mateo, Adrián e Rodrigo.
Goles: Adrián e Carlos para o Vilalbés B. David, Lewis Y e Diego S para o EF Polvorín.
Árbitro: Óscar Leal Montesinos.

ANTAS 2 - 1 MILAGROSA

SD Antas: Lucas, Germán, David, Michael A, Andrés, Hugo, Roi, Manuel, Alexandre, Alejandro e Jorge. Tamén xogaron Manuel L, Fernando D, Ignacio e Efren.
SCD Milagrosa: Anxo, Francisco, Manuel, David, Javier, Ignacio, Ezequiel, Duarte, Mateo, Hugo e Alejandro. Tamén xogaron Samuel, Hadrián, Martín, Teo e Bruno.
Goles: Jorge e Alejandro para o Antas. Alejandro para o Milagrosa.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

Resultados xornada 20

Becerreá 4 1 Ribadeo
A Piringalla 2 3 Palas
Residencia B 4 3 Burela
Vilalbés B 2 3 Polvorín
Antas 2 1 Milagrosa
  D Pontenova

Próxima xornada

Becerreá - - A Piringalla
Palas - - Residencia B
Burela - - Vilalbés B
EF Polvorín - - Antas
Milagrosa - - Pontenova
  D Ribadeo

 

Segunda Galicia Lugo

Torneo Delegación Grupo 1 

En canto ao Torneo Delegación da Segunda xuvenil, o grupo 1 celebrou a terceira xornada. O Guitiriz conseguiu a segunda vitoria consecutiva e lidera a clasificación. O equipo foi quen de impoñerse a domicilio contra o Milagrosa B, con dobrete de Sergio incluido.

O outro triunfo da fin de semana foi para o Lourenzá, segundo clasificado. O cadro do Santa Cruz superou ao Meira cun amplo marcador de 6-0.

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA B 0 - 3 GUITIRIZ

SCD Milagrosa B: Hugo, Daniel, Leo, Ismael, Pablo, Caxide, Bruno, Ian, Javier, Diego e Álvaro. Tamén xogaron Iago, Duarte, Efren, Alejandro e Pablo F.
Guitiriz SD: Breixo, Daniel, Daniel M, Asier, Brais, Juan, Aitor, Anxo, Roi, Sergio e Mario. Tamén xogaron Estevo, Xabier e Hugo.
Goles: Sergio (2) e Brais para o Guitiriz.
Árbitro: Iván Vilela Soilan.

LOURENZÁ 6 - 0 MEIRA 

ED Lourenzá: Andrés, Diego, Xián, Yago, Bruno, Álvaro, Diego E, Julián, Antón, Jorge e Lucas. Tamén xogaron Pablo, Sergio e Nicolás.
Meira CF: Antonio, Ricardo, Adrián, Antón, Yeray, David, Ramón, Kevin, David P, Víctor e Pablo. Tamén xogaron Samuel, José, Adrián P e Younes.
Goles: Bruno (2), Álvaro, Diego E (2) e Lucas para o Lourenzá.
Árbitro: Javier Alonso Sanjurjo.

 

Resultados xornada 3

Milagrosa B 0 3 Guitiriz
Lourenzá 6 0 Meira

Próxima xornada

Milagrosa B - - Lourenzá
Guitiriz - - Meira

 

Torneo Delegación Grupo 2

O grupo 2 só celebrou un partido, pois o Río Ouro e o Viveiro B adiaron o seu choque. O duelo entre o Iberia e o Castro rematou en táboas. O conxunto local adiantouse no minuto 16 cun gol de Lucas, pero despois da media hora de partido o Castro conseguiu remontar con goles de Álvaro e Isaac. Na segunda metade Nicolás conseguiu o empate para o Iberia.

Consulta a clasificación aquí

IBERIA 2 - 2 CASTRO

Iberia CF: Samuel, Nicolás, Jorge, Daniel, Dylan, Rubén, Iván, Gabriel, Javier, Jorge L e Lucas. Tamén xogaron Anxo, Jesús, Álex e Ángel.
CD Castro: Álex, Hugo, Lucas, Raúl, Xabier, Aimar, David, Juan D, Isaac, Álvaro e Xabier N. Tamén xogaron José, Aitor e Iván.
Goles: Lucas e Nicolás para o Iberia. Álvaro e Isaac para o Castro.
Árbitro: Julián Iglesias Rodríguez.

 

Resultados xornada 2

Río Ouro A Viveiro B
Iberia 2 2 Castro
  D Cospeito

Próxima xornada

Cospeito - - Río Ouro
Viveiro B - - Iberia
  D Cospeito

 

Torneo Delegación Grupo 3 

No Grupo 3 estreouse o Palas B con vitoria. O equipo celeste enfrontouse ao Sagrado Corazón na casa e impúxose por 2-1 grazas a un gol de Daniel que rompeu o 1-1. 

O outro duelo da xornada rematou con repartición de puntos. Enfrontáronse o Taboada e a Sarriana B no anexo da Medela e, despois dunha primeira metade sen goles, adiantouse o equipo branco. En pouco tempo remontou o Taboada, mais nos últimos minutos Luis puxo o 2-2 definitivo.

Consulta a clasificación aquí

TABOADA 2 - 2 SARRIANA B

Taboada CF: Iker, David, David B, Iván, Enrique, Iago, Francisco, Esteban, Matías E, Nicolás e Ángel. Tamén xogaron Martín.
Sarriana SD B: Richar A, Gonzalo, Juan, Unai, Youssef, Manuel, Raúl, Samuel, Luis, Brais e Francisco. Tamén xogaron Wangyiran, Zaid e Mohammed.
Goles:  Francisco e Ángel para o Taboada. Samuel e Luis para a Sarriana B.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.

PALAS B 2 - 1 SAGRADO CORAZÓN

Palas CD B: Manuel, Antón, Iago, Hugo, David, Félix, Anxo, Raúl, Hugo M, Juan e Mohamed R. Tamén xogaron Álex, Daniel, Bilal, Xoan e Álex G.
ADC Sagrado Corazón: Daniel, Brais, Ismael, Iago, Aaron, Anthony D, Iker, Carlos, Zakaria, Lucas e Dawit. Tamén xogaron Diego e Sergio.
Goles: Félix, de penalti, e Daniel para o Palas B. Aaron, de penalti para o Sagrado.
Árbitro: Adrián Estraviz Cerdeira.

 

Resultados xornada 2

Taboada 2 2 Sarriana B
Palas B 2 1 Sagrado Corazón
  D A Piringalla B

Próxima xornada

A Piringalla - - Taboada
Sarriana B - - Palas B
  D Sagrado Corazón

 

Torneo Delegación Grupo 4

En canto ao grupo 4, o Corgo leva tres vitorias consecutivas. O sábado enfrontouse ao Ferroviaria na casa e quedou cos puntos. Os visitantes adiantáronse na primeira metade, pero Pablo remontou para os do Corgo cun dobrete.

 A Comercial estreouse no triunfo superando ao Polvorín por 4-1. Nicolás abriu o marcador con dous goles na primeira metade e, xa na segunda, chegaron dous máis para os vermellos. O Polvorín meteu o gol da honra no 87'.

Consulta a clasificación aquí

COMERCIAL 4 - 1 POLVORIN 

SG Comercial: David, Mohamed, Aarón, Nicolás, Aarón G, Joel, Manuel, Manuel M, Adrián, José e Juan S. Tamén xogaron Akram, Emilio, Oscar e Mateo.
Polvorín FC: Miguel, Brahian L, Luis F, Martín, Mateo, Mauro, Abdelilah, Younes, Roi, Tulio e Rolfy S. Tamén xogaron Pablo, Joel, Pablo F, Rubén e Samuel.
Goles: Nicolás (2), Mohamed e Manuel para a Comercial. Rolfy S para o Polvorín.
Árbitro: Yawa Bernadette Gbetsogbe.

 CORGO 2 - 1 FERROVIARIA

CD Corgo: Rubén, Magín, Juan, Sergio, Adrián, Ethan, Pablo, Xoel, Pablo C, Carlos e Adrián D. Tamén xogaron Hugo, Álex e Manuel.
AD Ferroviaria: Manuel A, Juan D, Bryan, Juan J, David, Javier, Xoel, Brian, Unai, Izan e Daniel. Tamén xogaron Santiago, Jorge, Bieito e Miguel.
Goles: Pablo C (2) para o Corgo. Izan para o Ferroviaria.
Árbitro: Diego Seco Barreira.

 

Resultados xornada 3

Comercial 4 1 Polvorín FC
Corgo 2 1 Ferroviaria

Próxima xornada 

Comercial - - Corgo
Polvorín - - Ferroviaria