O Milagrosa e o Viveiro B loitarán por levarse a Copa Deputación

No caso do Torneo Delegación, foron o Guitiriz e o Corgo os que conseguiron chegar á final

Copa Deputación Xuvenil

A Copa Deputación será para o Milagrosa ou para o Viveiro B, os dous equipos que chegaron á final tras impoñerse nas semis.

O duelo entre o Viveiro B e o Becerreá comezou con dous goles dos locais en dúas ocasións moi claras. O cadro vermello comezou a xogar en largo e nun deses balóns aproveitaron un erro local para poñerse 2-1. Tras isto, o Viveiro seguiu achegándose á portería rival e repúxose marcando dous tantos mais para rematar o partido 4-1.

O Milagrosa xogou contra o Palas a domicilio e eliminouno cun 1-5 no marcador. Os albivermellos adiantáronse cun penalti no minuto 8 e o 0-1 mantívose ata o descanso. Logo da pausa logrou empatar o equipo local, noutro tiro penal. A reacción do Milagrosa non tardou en chegar e Alejandro puxo por diante ao seu equipo con dous tantos. Tras o 1-3 o Milagrosa sentenciou con outro de Christian e Pablo puxo o quinto preto do final.

Consulta a clasificación aquí

PALAS 1 - 5 MILAGROSA

Palas CD: Brais, David, José L, Diego, Manuel, Noel, Javier, Álvaro, Rodrigo, David M e Alex. Tamén xogaron: Jorge, Juan D, Antón, Manuel N e Antón S.
SCD Milagrosa: Anxo, Francisco, Manuel, David, Leo, Christian, Javier, Ezequiel, Hugo, Alejandro e Bruno. Tamén xogaron: Hadrián, Javier P, Duarte, Pablo e Teo.
Goles: Álvaro, de penalti, para o Palas. Leo, de penalti, Alejandro (2), Christian e Pablo para o Milagrosa.
Árbitro: Josue Villabrille Forja.

VIVEIRO B 4 - 1 BECERREÁ

Viveiro CF B: Eric, Justin R, Nicolás, Óscar, Alejandro, Manuel, Iago, Xoel, Axel, Unai e Mauro. Tamén xogaron: Mateo, Brais, Sasha, Pablo e Alejandro C.
SD Becerreá: Mito, Unai, Claudiu M, Adrián, Antón, Mario, Hugo, Javier, Andrés, Diego e Keyner D. Tamén xogaron: Alejo, Enrique, David e Alejandro.
Goles: Axel, Xoel, de penalti, Mauro e Unai para o Viveiro B. Andrés para o Becerreá.
Árbitro: Raúl López Martínez.

 

Resultados semifinais

Palas 1 5 Milagrosa
Viveiro B 4 1 Becerreá

 

Segunda Galicia Lugo

Torneo Delegación

No Torneo Delegación tamén quedou decidida a final, onde se enfrontarán o Guitiriz e o Corgo para levarse o título. O cadro do Suso Cruz enfrontouse ao Iberia e acabou vencendo por 2-0. Despois dun inicio competido Juan abriu a lata para os locais e practicamente na seguinte xogada chegou Roi para poñer o segundo tanto. Logo da pausa o Guitiriz intentou defender o resultado, o Iberia quixo achegarse, pero non puido mover o marcador.

O Corgo enfrontouse ao Palas B coma visitante e acabou gañando a eliminatoria cun taboleiro de 3-6. Os de camiseta branca e negra adiantáronse no marcador, mais os locais conseguiron empatar o partido trala pausa. O Corgo volveu insistir e volveu recibir a reacción do Palas B. Porén, nos intres finais do partido tres goles de Juan Paradela puxeron na final ao Corgo. 

Consulta a clasificación aquí

GUITIRIZ 2 - 0 IBERIA

Guitiriz SD: Breixo, Daniel, Daniel M, Asier, Brais, Juan, Aitor, Anxo, Roi, Sergio e Mario. Tamén xogaron: Estevo, Miguel, Adrián e Hugo.
Iberia CF: Samuel, Nicolás, Adrián, Jorge, Daniel, Dylan, Raúl, Iván, Javier, Jorge L e Lucas. Tamén xogaron: Rubén, Anxo, Gabriel e Álex.
Goles: Juan e Roi para o Guitiriz.
Árbitro: Fernando Fernández López.

PALAS B 3 - 6 CORGO

Palas CD B: Manuel, Iago, Antón, Juan, Hugo, Daniel, Bilal, David, Anxo, Raúl e Hugo M. Tamén xogaron: Alex, David M, Félix, Alex C e Mohamed R.
CD Corgo: Xoel, Magín, Juan, Hugo, Adrián, Ethan, Pablo, Rubén, Pablo C, Marcos e Carlos. Tamén xogaron: Sergio, Alex, Adrián D e Pablo G.
Goles: Álex, Iago e Hugo M para o Palas B. Marcos (2), Ethan e Juan (3) para o Corgo.
Árbitro: Yawa Bernadette Gbetsogbe.

 

Resultados semifinais

Guitiriz 2 0 Iberia
Palas B 3 6 Corgo