A Copa Deputación segue o seu curso nas diferentes categorías lucenses, a infantil, que comezou máis tarde que o resto, xa ten decididos os candidatos para os cuartos de final. Os primeiros en clasificarse foron o Lourenzá e A Piringalla, pois disputaron a súa eliminatoria o venres. Os mariñaos celebraron derbi contra o Foz e gañáronlles pola mínima. No caso da Piringalla, o resultado foi ben distinto pois golearon ao Gimnástica (6-0).
A mañá do sábado abriu a xornada o duelo entre o San Roque e o Corgo e foron os locais quen conseguiron pasar de ronda. Subiron tres goles ao marcador e, aínda que o corgo recortou distancias nos derradeiros intres do encontro, remataron conseguindo a vitoria (3-2). O Polvorín, tras conseguir a praza na Galega, segue vivo nesta competición ao superar ao Ceosport por 1-0. Pola contra, no caso dos seus compañeiros do Polvorín B, estes foron eliminados polo Casás, que se levou o encontro cun marcador de 5-2. O Residencia B impúxose na Cheda ao Ribadeo cun gol de Mario na segunda metade que fixo o desempate (2-1).
Pola tarde, o Viveiro B acabou levándose o encontro contra o Palas nos penaltis. Lucas adiantou ao cadro local no minuto 13, pero en pouco tempo os visitantes empataron o encontro. Na segunda parte volveron poñerse por diante os celestes, pero un gol de Alex no minuto 79 deixou o partido co 2-2. Na quenda de penaltis o Viveiro foi máis efectivo e conseguiu clasificarse marcando cinco fronte aos tres do Palas. Tamén na Mariña, o Porto Burela clasificouse vencendo ao Antas. Na primeira parte o duelo quedou case sentenciado a favor dos locais (3-1), pero tralo descanso o Antas achegouse. Ao final, o Porto impuxo a súa lei e triunfou cun 6-2.
VIVEIRO B 2 - 2 PALAS
Palas CD: David, David F, Daniel, David O, Martín, Samuel, Alex, Rodrigo, Antón, Cristian e Marcos. Suplentes: Alex G, Israel, Adrián, Emmanuel e Elkis M.
Goles: 1-0 (13'): Lucas. 1-1 (21'): Alex. 2-1 (77'): Marco. 2-2 (79'): Alex.
Penaltis: 5-3
Árbitro: Naim Penabad Hermida.
PORTO BURELA 6 - 2 ANTAS
SD Antas: Martín, Matías, Miguel, Aaron, Martín Q, Alejandro, Mateo, Lucas, Martín A, Melanie e Dana. Suplentes: Adán, Cristian e Alex.
Goles: 1-0 (15'): Samuel. 2-0 (17'): Noel. 3-0 (20'): Brais. 3-1 (30'): Martín A. 3-2 (50'): Martín A. 4-2 (52'): Abdelmonsif. 5-2 (64'): Noel. 6-2 (72'): Brais L.
Árbitro: Ismael Oumar Penabad.
POLVORÍN 1 - 0 CEOSPORT
Ceosport Lucense: Íker, Alejandro, Marco, Pablo, Luca, Uxio, Pedro, Izan, Pablo B, Álex e Hugo. Suplentes: Jesús A, Juan, Marco C e Adrián.
Goles: 1-0 (75'): Alejandro, en propia.
Árbitro: Soufiane Belhelba.
FOZ 0 - 1 LOURENZÁ
ED Lourenzá: Rubén M, Borja, Nahuel, Fabián, Alex, Anxo, Iago, Lucas, Michael L, Alex S e Manoel. Suplentes: Gael, Hugo, Mateo, Pablo e Bruno.
Goles: 0-1 (45'): Michael L.
Árbitro: Aarón Sánchez Lópes.
SAN ROQUE 3 - 2 CORGO
CD Corgo: Iago, Héctor, Marcos, Mario, Luis, Brais, Hadrian, Xavi, Adrián, Juan e Yanis V. Suplentes: Hugo, Álvaro, Hugo O e Daniel.
Goles: 1-0 (8'): Pablo. 2-0 (12'): Manuel. 3-0 (69'): Jheremy. 3-1 (80'): Juan. 3-2 (80'): Adrián.
Árbitro: Diego Seco Barreira.
CASÁS 5 - 2 POLVORÍN B
EF Polvorín B: Brais, Guillermo, Ahmed M, Sergio, Samuel, Antón, Brais R, Alejandro, Eloy, Daniel e Arthur. Suplentes: Carlos, Alejandro F, David e Hugo.
Goles: 1-0 (6'): Israel. 2-0 (25'): Lois. 2-1 (35'): Arthur. 3-1 (65'): Samuel. 3-2 (66'): Samuel. 4-2 (68'): Samuel. 5-2 (80'): Samuel.
Árbitro: Pablo López Fernández.
A PIRINGALLA 6 - 0 GIMNÁSTICA
Asociación Gimnástica Lucense: Álvaro, Gabriel, Alejandro, Héctor, Adrián, Fabián, Hugo D, Enrique, Lucas N, Lucas e Martín. Suplentes: Lucas A, Xián, Sergio, Brais e Nico.
Goles: 1-0 (16'): Héctor, en propia. 2-0 (36'): Maikol D. 3-0 (57'): Héctor. 4-0 (63'): Maikol D. 5-0 (69'): Mario. 6-0 (77'): Maikol D.
Árbitro: Joel Rois Rodriguez.
RESIDENCIA B 2 - 1 RIBADEO
SD Ribadeo: Alan, Fabrizio T, Burno, Iván, Nacho, Raúl, Isayas, Iago, Rafael, Xandre e Hugo. Suplentes: Jorge, Antonio, Alex, Eloy e David.
Goles: 1-0 (22'): Mario. 1-1 (37'): Jorge. 2-1 (60'): Mario.
Árbitro: Marco A. Fernández Vázquez.
INFANTIL - COPA DEPUTACIÓN DE LUGO |
---|
Viveiro | 2-2 | Palas |
Polvorín | 1-0 | Ceosport |
Foz | 0-1 | Lourenzá |
San Roque | 3-2 | Corgo |
Porto Burela | 6-2 | Antas |
Casás | 5-2 | Polvorín |
A Piringalla | 6-0 | Gimnástica |
Residencia B | 2-1 | Ribadeo |