O Residencia fíxose co ascenso á Galega

Esta fin de semana tamén se celebrou a final do Torneo Delegación cunha goleada do Burela sobre o Foz

Promoción Ascenso Liga Galega 

O Residencia alzouse no derradeiro partido do play off contra o Milagrosa e conseguiu o ascenso á Galega. O cadro branquiazul lideraba a clasificación, pero o Milagrosa encontrábase a só tres puntos e podería mudar o seu destino. Porén, o duelo celebrado no Luis Gorgoso na mañá do Día das Letras Galegas foi de dominio visitante.

O Residencia adiantouse sobre o minuto 20 e puxo o 0-2 na segunda metade. José Ángel meteu ao Milagrosa no partido a falta de poucos minutos para o final co 1-2. Aínda así, durou pouco a reacción xa que o Residencia sentenciou a vitoria co 1-3.

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA 1 - 3 RESIDENCIA

SCD Milagrosa: Marc, Brais, Manuel, Ángel D, Pablo, Gabriel, Lucas, Pablo A, José Á, Aaron e Alex. Tamén xogaron: Iker, Carlos, Samuel, Jacobo e Mateo.
SD Residencia: Gabriel, Fernando, Andres, Iago, Ignacio, Hernán, Iago L, Miguel, Marco A, Tiago e Bruno. Tamén xogaron: Hugo, Candela, Jose, Mario e Martín.
Goles: Bruno (2) e Tiago para o Residencia. José A para o Milagrosa.
Árbitro: Álvaro Valín Gonzalez.
 


Resultados xornada 6

Milagrosa 1 3 Residencia
  D Ribadeo

 

 

Torneo Delegación

Final

O Burela rematou levantando a copa do Torneo Delegación. Os verdes enfrontáronse na final contra o Foz no Martínez Otero e fixéronse merecedores do título.

O conxunto visitante xa conseguiu poñerse por diante na primeira xogada e pechou a primeira metade cun 0-3 que lle puxo as cousas moi costa arriba aos locais. Logo do comezo da segunda parte chegou o 0-4 co que Abdelmonsif conseguiu o dobrete. Detrás deste, chegaron dous tantos máis e cun 0-7 o Burela corouse campión.

Consulta a clasificación aquí

FOZ 0 - 7 BURELA

CD Foz: Marcos, Guillermo, Mateo, Iago, Iker, José, Álvaro, Ángel, Germán, Eloy e Roi. Tamén xogaron: Gael, Iker F, Unai, Carlos e Marcos M.
Burela SD: Manuel, Manuel B, Efrén, Abdelmonsif, Izan, Álvaro, Brais, Hugo, Raúl, Amir e Patrick. Tamén xogaron: Alejandro, Unai, Iker e Camilo.
Goles: Brais, Abdelmonsif (2), Álvaro (2), Unai e Efrén para o Burela.
Árbitro: Raúl López Martínez.

 

Final

Foz 0 7 Burela

 

Copa Deputación

Cuartos

Esta ponte tamén se pecharon os cuartos da Copa Deputación. A pasada fin de semana xa se clasificaran o Residencia e o Castro, posto que adiantaran os seus duelos, contra o Viveiro C e o Ceosport, respectivamente.

Na mañá do venres A Piringalla conseguiu o pase ás semifinais gañando na Cheda ao Palas. Despois de adiantarse á media hora de partido, o equipo local sentenciou a eliminatoria cun segundo gol de Adrián.

Tamén conseguiu na casa a praza o Ribadeo. O cadro do Pepe Barrera foi moi superior ao seu rival, o Casas, que goles e foi eliminado cun 7-2 sobre o taboleiro.

Consulta a clasificación aquí

RIBADEO 7 - 2 CASÁS

SD Ribadeo: Xoel, Ian, Adán, Diego, Nicolás, Iago, Bruno, Álvaro, Víctor, Matías e Aitor. Tamén xogaron: Álex, Samuel, Pablo, Lucas e Anas.
Club Polideportivo Casás: David, Adrián, Hugo, Javier, Enzo, Erik, Samuel, Israel, Enrique A, Alejandro e Álex. Tamén xogaron: Daniel e Adam.
Goles: Víctor (3), Iago, Nicolás, Pablo e Ian para o Ribadeo. Enzo e Enrique A para o Casás.
Árbitro: Virginio Polo Diaz.

A PIRINGALLA 2 - 0 PALAS

ADC A Piringalla: Alejandro, Lucas, Samuel, Adrián, Iker, Juan, Raúl, Juan M, Mauro, Adrián A e Alejandro L. Tamén xogaron: Adrián L, Hugo, Alex, Pepe e Mohamed.
Palas CD: David, Rodrigo, Elkis M, Cristian, Samuel, Israel, Hugo, Marcos, Martín, Álex e Lucas. Tamén xogaron: Adrián, Joao P, Eduardo, Daniel e Manuel.
Goles: Adrián L (2) para A Piringalla.
Árbitro: Daniel Rodríguez Martínez.

 

Resultados cuartos

Residencia 4 1 Viveiro C
Ribadeo 7 2 Casás
Ceosport 0 2 Castro
A Piringalla 2 0 Palas