O Lugo B e o Foz quedaron á mesma distancia despois do seu encontro

Ambos os dous equipos empataron no grupo norte, onde o Ribadeo e o Casás asinaron as vitorias máis avultadas da xornada

Grupo Norte

No grupo Norte esta xornada enfrontáronse o Lugo B e o Foz. Os da Mariña tiñan a oportunidade de recortar distancias ante os albivermellos, que ocupan o segundo posto da clasificación, que da acceso ao play-off da nova categoría. Porén, o duelo rematou en táboas (5-5) e manteñen a distancia na lista.

O Ribadeo, líder con 39 puntos, fixo un dos dous partidos con máis goles da xornada, ao impoñerse ao Gimnástica 0-10. Mesma diferenza que conseguiu o Casás na casa no seu encontro coa Ferroviaria.

O Ceosport Lucense, quinto, conseguiu pechar a xeira de derrotas tras levarse os tres puntos no partido contra o Polvorín B. Duelo que se resolveu cun 1-4 sobre o marcador. O enfrontamento entre o Porto Burela e o Viveiro C caeu do lado dos visitantes despois de que un gol de Lucas deixara o partido 2-3.

Consulta a clasificación aquí

 POLVORIN B 1 - 4 CEOSPORT

EF Polvorín B: Darío, Sergio, Brais, Guillermo C, David, Aitor, Diego, Marcos, Airas, Raúl e David G. Suplentes: Adrián, Hugo, Saad, Mateo e Martiño.
Ceosport Lucense: Erik, Alex, Alejandro, Adrián, Andrés, Mauro, Iker, Álvaro, Unay, Andrés e Samuel X. Suplentes: Mario, Jorge, Adrián e Hugo.
Goles: Mateo para o Polvorín B. Andrés (2), Alejandro e Mario para o Ceosport.
Árbitro: David Arias López.

FOZ 5 - 5 LUGO B

CD Foz: Marcos, Guillermo, Mateo, Iago, Iker, José, Álvaro, Nicolás, Ángel, Roi e Marcos M. Suplentes: Gael, Iker F, Unai e Guillermo R.
CD Lugo SAD B: Álvaro, Pablo, David, Yeray, Antón, Andrés, Alan, Yoel, Lucas, Iago e Ossian. Suplentes: Alejandro, Germán, Hugo, Mauro e Brais.
Goles: Nicolás (4) e Guillermo para o Foz. Iago, Hugo (3) e Antón para o Lugo B.
Árbitro: Diego Lozano Martínez.

PORTO BURELA 2 - 3 VIVEIRO C

SD Porto Burela: Dani, Daniela, Xabier, Marcos, Nicolás, Joaquín, Juan B, Nedilton, Lucas, Alejandro e Alesander. Suplentes: Aleixo, Mustapha, Alejandro D, Miguel e Yeray.
SD Viveiro C: Víctor, Jonathan, Martín, Lucas, Nicolás, Jacobo, Anxo, Miguel, Óscar, Adrián e Óscar D. Suplentes: Álvaro, Hugo, Raúl, Daniel e Pedro.
Goles: Alesander  (2) para o Porto Burela. Adrián, Jonathan, de penalti, e Lucas para o Viveiro C.
Árbitro: Julián Iglesias Rodríguez.

CASÁS 10 - 0 FERROVIARIA

Club Polideportivo Casás: David, Adrián, Hugo, Álvaro, Javier, Erik, Samuel, David N, Israel, Enrique A e Alejandro. Suplentes: Daniel, Iker e Alex.
AD Ferroviaria: Raúl, Kevin, Andre, Hugo, Brayan, Álvaro, Julio, Manuel, David, Gabriel e Saúl. Suplentes: Iago, Gonzalo, Sergio, Pietro e Manuel R.
Goles: Israel (5), Javier, Alex, Álvaro (2) e Samuel para o Casás. 
Árbitro: Yago Vázquez Expósito.

GIMNÁSTICA 0 - 10 RIBADEO

Asociación Gimnástica Lucense: Leo, Brais, Martín, Adrián, Nico, Héctor, Lucas N, Lucas, Leo S, Lucas L e Enrique. Suplentes: Bilal, Gabriel, Sergio e Pablo.
SD Ribadeo: Xoel, Ian, Diego, Lucas, Nicolás, Iago, Bruno, Víctor, Álex, Samuel e Matías. Suplentes: Lucas B, Adan, Pablo, Aitor e Anas.
Goles: Víctor (4), Lucas, Nicolás (2), Matías, Iago e Álex.
Árbitro: Anxo Neira Díaz.

 

Resultados xornada 14

Polvorín B 1 4 Ceosport 
Foz 5 5 Lugo B
Porto Burela 2 3 Viveiro C
Casás 10 0 Ferroviaria
Gimnástica 0 10 Ribadeo

Próxima xornada 

Ribadeo - - Polvorín B 
Ceosport - - Foz
Lugo B - - Porto Burela
Viveiro C - - Casás
Ferroviaria - - Gimnástica

 

Grupo Centro-Norte

No grupo Centro-Norte tamén houbo enfrontamento no podio. O Residencia, líder da lista, recibiu ao Burela na Cheda e gañoulle por 2-1 grazas a dous goles que marcaron nos primeiros seis minutos Miguel e Mario. Álvaro recortou distancias antes do descanso, pero na segunda ningún foi quen de volver acertar. A Piringalla, segundo clasificado, levouse a cuarta vitoria consecutiva tras superar ao Sagrado Corazón a domicilio. Aínda que os locais se adiantaron na primeira metade, un dobrete de Uxío na segunda deulle os tres puntos aos visitantes.

O Atlético Abuín segue no cuarto posto despois de impoñerse ao Milagrosa B. Aínda que o Milagrosa B conseguiu poñerse 1-1, os de Abuín fóronse ao descanso cun marcador de 1-3 e controlaron a segunda metade para rematar gañando 2-5. O duelo entre o Castro e o Viveiro B rematou sen goles no anexo do Arturo Pereiro. Cousa que non aconteceu no Ribadeo B-Vilalbés B, onde os colistas conseguiron a súa primeira do curso gañando aos chairegos 2-1.

Consulta a clasificación aquí

 MILAGROSA B 2 - 5 ABUÍN

SCD Milagrosa B: Brais, Rubén, Hayelom, Kevin, Nicolas, Pablo, Izan, Adrián, Hugo, Samuel e Manuel. Suplentes: Gabriel, Iván, Hugo G e Alejandro.
Atletico Abuin: Julio, Álvaro, Andrés, Anxo, Francisco J, Hugo, Lois, Lucas, Xoel, Rodrigo e Fabian. Suplentes: Juan C, Alfredo, Lucas D, Xalo e Daniel.
Goles: Kevin (2) para o Milagrosa B. Xoel (2) Hugo e Andrés (2) para o Abuín
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.

RIBADEO B 2 - 1 VILALBÉS B

SD Ribadeo B: Miguel V, Borja, René, Hugo, Antonio, Mateo, Joseba, Alex F, Raúl, Darío e Juan. Suplentes: Saúl, Javi, Noe, Alesandro J e Santos J.
Rácing C Vilalbés B: Lucas, Aitor, Nicolás, Héctor, Efrén, Anas, Xosé, Saúl, David, Ismail e Vicente. Suplentes: Daniel R, Lucas G, Hugo, Adrián e Diego.
Goles: Joseba e René para o Ribadeo. David para o Vilalbés B.
Árbitro: Alberto Rivera Gómez.

CASTRO 0 - 0 VIVEIRO B

CD Castro: Roi, Alejandro, Jorge, Daniel, Said, Pablo, David, Adam, Sergio, Diego e Mateo. Suplentes: José M, Sandra, Adrián, Iker e Simón.
SD Viveiro B: Diego, Lucas, Daniel I, Xavier, Mateo, Santiago, Izan, Xoel, Sergio, Ángel M e Ariel. Suplentes: Julian, Mario, David, Hugo e Adrián.
Árbitro: Noa Cupeiro Castro.

SAGRADO CORAZÓN 1 - 2 A PIRINGALLA

ADC Sagrado Corazón: Alejandro, Alexia, Atila, Alonso V, Ricardo, Diego, Bruno, Gabriel, Yerai, Luis e Aaron. Suplentes: Francisco, Juan S, Marcos, Lucas e Brais.
ADC A Piringalla: Alejandro, Samuel, Hugo, Adrián, Iker, Juan, Raúl, Lucas, Juan M, Mauro e Adrián A. Suplentes: Adrián L, Alex, Uxío, Pepe e Alejandro L.
Goles: Ricardo para o Sagrado Corazón. Uxío (2) para A Piringalla.
Árbitro: David Rodríguez López.

 RESIDENCIA 2 - 1 BURELA

SD Residencia: Gabriel, Fernando, Hugo, Andrés, Candela, Ignacio, Mario, Martín, Miguel, Marco A e Bruno. Suplentes: Hernán, Iago, Pablo, Tiago e Sergio.
Burela SD: Manuel, Manuel B, Daniel, Efrén, Abdelmonsif, David, Izan, Álvaro, Brais, Raúl e Patrick. Suplentes: Unai, Hugo e Amir.
Goles: Miguel e Mario para o Residencia. Álvaro para o Burela.
Árbitro: Marco Fernández Vázquez.

 

Resultados xornada 13

Milagrosa B 2 5 Atl Abuín
Ribadeo B 2 1 Vilalbés B
Castro 0 0 Viveiro B
Sagrado Corazón 1 2 A Piringalla
Residencia 2 1 Burela

Próxima xornada 

Burela - - Milagrosa B
Atl Abuín - - Ribadeo B
Villabés B - - Castro
Viveiro B - - Sagrado Corazón
A Piringalla - - Residencia

 

Grupo Centro-Sur

No grupo Centro-Sur a Sarriana, segundo na lista, viuse sorprendido polo Ceosport B. O equipo da Ribela comezou perdendo e aínda que reccortou distancias os visitantes volveron poñerse por diante no 51. Cando todo parecía que os tres puntos sería para o Ceosport, un penalti no tempo de desconto fixo que ao final acabaran en táboas (2-2).

Non lle pasou o mesmo ao Milagrosa, líder da clasificación, que gañou con goleada ao Residencia B coma visitante (0-9). O outro baño tocoulle á Piringalla B, que sufriu un 12-4 contra o Corgo. O Monterroso non se quedou atrás nesto das goleadas e impúxose por 7-1 ao Antas.

O duelo entre o Gimnástica B e o Becerreá foi máis parello. A primeira metade pechouse cun 2-2 no marcador. Os vermellos lograron volver adiantarse na segunda, pero un penalti puxo o 3-3. No minuto 78 apareceu Iván para darlle a vitoria ao Becerreá, que se mantén terceiro.

Consulta a clasificación aquí

GIMNÁSTICA B 3 - 4 BECERREÁ

Asociación Gimnástica Lucense B: Mohamed R, Marcelo, Sergio, Andre, Alma, Xian, Nicolás, Said A, Mateo, Rubén e Adrián. Suplentes: Álvaro, Diego, Iago e Martín.
SD Becerreá: Teo, Oussama, Hugo, Hugo R, Hugo Q, Hugo A, Iván, Iago, Manuel, Sergio e Daniel. Suplentes: Xoel, Iván L, Samuel, Alejandro e Yoel.
Goles: Rubén, Xián (2, un de penalti) para o Gimnástia B. Rubén, Oussama, Sergio e Iván para o Becerreá.
Árbitro: Nizar Aatioum Chakroun.

CORGO 12 - 4 A PIRINGALLA B

CD Corgo: Iago, Héctor, Hugo, Mario, Brais, Hadrián, Xavi, Carlos N, Hugo T, Yanis V e Álvaro. Suplentes: Deibyd S, Nicolás, Brais S, Hugo R e Nicolás F.
ADC A Piringalla B: Daniel, Youssef, Bruno, Javier, Sergio, Aitor, Annas, Paula, Bilal, Álvaro e Oussama. Suplentes: Xabier, Adrián, Ilyas, Youssef M e Daniel A.
Goles: Héctor (2, un penalti), Yanis V (5), Carlos N, Brais (2), Nicolás e Hugo R para o Corgol. Bilal, Ilyas, Oussama e Sergio, de penalti, para A Piringalla B.
Árbitro: Diego Seco Barreira.

MONTERROSO 7 - 1 ANTAS

SD Monterroso: Diego, Brais, Adrián E, Aitor, Letizia, Martín, Daniel, Jesús, Lucas, Saúl e David. Suplentes: Hugo, Diego O, Carlos, Manuel e Jaime.
SD Antas: Alejandro, Jesús, Miguel, Ivan, Martín, Matías, Anxo, Diego, Aitor, Diego E e Iker A. Suplentes: Eneko, Martiño, Adán e David.
Goles: Diego (2), Aitor (2), Adrián E (2) e Manuel para o Monterroso. Jesús para o Antas.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

SARRIANA 2 - 2 CEOSPORT B

SD Sarriana: Joel, Siro, Mateo, Antón, Daniel, Enzo, Diego, Iker, Javier, Saúl e Víctor S. Suplentes: Pablo, Javier G, Xavier, Luis e Nico.
Ceosport Lucense B: Iker, Alex, Javier, Iker M, Neftalí, Marco, Adrián, Raúl, Adrián, Aleix e Iker G. Suplentes: Erick, Jorge, Mauro, Hugo e Daniel.
Goles: Antón e Iker, de penalti, para a Sarriana. Aleix e Hugo para o Ceosport B.
Árbitro: Fernando Fernández López.

RESIDENCIA B 0 - 9 MILAGROSA

SD Residencia B: Marcos, Adrián, Brais, Iago, Heitor, Mauro, Lucas, Manuel, Mateo, Xian e Unai. Suplentes: Adrián, Karla, Daniel, Xaime e Samuel.
SCD Milagrosa: Iker, Manuel, Pablo, Carlos, Gabriel, Samuel, Pablo M, Anas, Mateo, Diego e Álex. Suplentes: Ángel D, Lucas, Pablo A, José Á e Aarón.
Goles: Manuel, Álex, Aarón, Pablo, Mateo (2), Ángel D (2) e Lucas para o Milagrosa.
Árbitro: Luca Corredoira Vázquez.

 

Resultados xornada 17

Gimnástica B 3 7 Becerreá
Corgo 12 4 A Piringalla B
Monterroso 7 1 Antas
Sarriana 2 2 Ceosport B
Residencia B 0 9 Milagrosa
  D Palas

Próxima xornada

Becerreá - - Palas
A Piringalla B - - Gimnástica B
Antas - - Corgo
Ceosport B - - Monterroso
Milagrosa - - Sarriana
  D Residencia B